Gustavo Cabral

futbolista arxentino

Gustavo Daniel Cabral, nado en Isidro Casanova, La Matanza, o 14 de outubro de 1985, é un futbolista arxentino. Xoga na demarcación de defensa central. Actualmente xoga no Club de Fútbol Pachuca.

Gustavo Cabral
Información persoal
Nome Gustavo Daniel Cabral
Nacemento 14 de outubro de 1985 (38 anos)
Lugar de nacemento Isidro Casanova
Altura 1.83 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Pachuca
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2007 Racing Club 112 (3)
2008–2010 River Plate 55 (3)
2010–2011 Estudiantes Tecos 30 (1)
2011–2013 Arsenal Sarandí 0 (0)
2011–2012Levante UD (cedido) 16 (1)
2012–2013Celta (cedido) 9 (0)
2013–2019 Celta de Vigo 164 (5)
2019– Pachuca 0 (0)
Na rede
FIFA: 233321 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de maio de 2019.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou co Racing Club o 12 de decembro de 2003, e ao cabo de pouco tempo afianzouse no primeiro equipo, chegando a xogar máis de 100 encontros.

En xaneiro de 2008 ficha por River Plate, onde se proclamou campión do Torneo Clausura ese mesmo ano e co que disputou encontros da Copa Libertadores e a Copa Suramericana

En 2010 fíxose cos seus servizos o Arsenal Sarandí a custo cero, porén non chegou a debutar co equipo xa que se sucederon varias cesións, primeiro ao Club Deportivo Estudiantes Tecos e despois á Primeira División Española ao Levante UD na tempada 2011/12 e ao Celta de Vigo en 2012 por dúas tempadas.[1]

Coa selección arxentina editar

En 2005 formou parte da Selección de fútbol da Arxentina Sub-20 que gañou o Mundial de Fútbol Xuvenil e foi convocado coa Absoluta para un amigábel contra Chile aínda que non chegou a debutar.

Notas editar

Véxase tamén editar