Guillermo Suárez Mason

militar arxentino


Guillermo Suárez Mason, nado en Buenos Aires o 2 de xaneiro de 1924 e finado en Villa Devoto o 21 de xuño de 2005, foi un militar arxentino, un dos principais represores durante a ditadura entre 1976 e 1983. Foi xefe do I Corpo de Exército entre 1976 e 1980; coñecido como o carniceiro do Olimpo, en referencia a un dos máis grandes centros de detención e morte, do cal foi o seu principal responsable.

Infotaula de personaGuillermo Suárez Mason

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 2005 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónColégio Militar da Nação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor em Wikidata - 1984 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Arxentino Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porasasinato
Crime de lesa humanidade Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 11218094 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Suárez Mason graduouse na Academia Militar no ano 1944, na mesma promoción que Jorge Rafael Videla e Roberto Viola. Formou parte do infrutuoso golpe dirixido por Benjamín Menéndez en 1951 contra Juan Domingo Perón, e exiliouse no Uruguai durante os anos seguintes, ata que a chamada Revolución Libertadora derrocou a este en 1955.

Foi agregado militar da emabajada arxentina en Ecuador durante o goberno de Juan Carlos Onganía. En 1972 foi ascendido a xeneral, e encargado de tarefas de intelixencia militar; desempeñou un papel destacado no Operativo Independencia comezado durante o goberno de María Estela Martínez de Perón contra a disidencia política de esquerda; en declaracións de 1996 á revista Noticias afirmaría que "na guerra non existen os excesos; a guerra é un xogo no que o máis duro gana, e tiñamos que gañar".

Comandou o I Corpo do Exército Arxentino durante a ditadura; baixo a súa xurisdición operaron os centros de tortura de Automotores Orletti, o Pozo de Banfield, A Cacha e O Olimpo, e era o mando directo de Ramón Camps, o xefe da Policía Bonaerense. Baixo o control de Suárez Mason operaba tamén o Batallón 601 de Intelixencia do Exército, destinado a operacións de secuestro extorsivo; o Batallón contaba cun Grupo de Tarefas Extraterritoriales, que colaborou no golpe de estado de 1981 en Bolivia, e proporcióno adestramento aos contras nicaraguanos nunha base da CIA en Florida.

En 1980 foi trasladado ao Estado Maior do Exército, desde onde promoveu a guerra contra Chile pola disputa da canle do Beagle. Tras a derrota na guerra de Malvinas, Suárez Mason foi nomeado presidente de Yacimientos Petrolíferos Fiscales; as finanzas da puxante compañía estatal sufriron un duro revés baixo o seu mando, incrementando vertiginosamente o seu pasivo. Investigacións posteriores acusaríano de adulterar o combustible entregado a través da empresa Sol Petróleo S.A. para financiar operativos de intelixencia e apoiar aos contras en Centroamérica, no marco da Operación Cóndor. Operou tamén para a loxa masónica Propaganda Due, de Licio Gelli; o seu nome atopouse nos documentos deste, xunto co de José López Rega e outros militares, membros como el da Alianza Anticomunista Internacional.

Á caída do réxime militar fuxiu da Arxentina, e estableceuse en San Francisco, California en 1984. O pedido de extradición do goberno arxentino non foi satisfeito ata 1988, e foi condenado a indemnizacións millonarias, pero antes do fin do xuízo penal na súa contra o indulto concedido polo entón presidente Carlos Menem garantiulle a liberdade.

Acusado de roubar fillos dos desaparecidos nacidos en cativerio, foi novamente extraditado desde California a mediados dos anos 1990, por cargos de delitos contra a humanidade, solicitado polo entón fiscal Luís Moreno Ocampo. Volveu ser arrestado, e en atención á súa idade concedéuselle o arresto domiciliario. Violou os termos deste celebrando o seu octoxésimo aniversario no estadio do Argentinos Juniors, en cuxas divisións inferiores xogara como porteiro, polo que foi encarcerado no penal de Villa Devoto. Morreu o 21 de xuño de 2005 aos 81 anos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar