Guillerme IV de Tolosa

aristócrata francés

Guillerme IV de Tolosa, finado en 1094, foi conde de Tolosa desde 1060 ata 1094. Fillo máis vello de Ponce, conde de Tolosa, e de Almodis da Marca.

Infotaula de personaGuillerme IV de Tolosa
Nome orixinal(fr) Guilhem IV de Tolosa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1045 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Condado de Tolosa, Reino de Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1094 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata , feudatario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Toulouse (en) Traducir (1060–1094) Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Toulouse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEmma of Mortain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosFilipa, Condessa de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPons, Count of Toulouse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Almodis de la Marche (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRaimundo IV de Toulouse (pt) Traducir, Hugo VI de Lusignan (pt) Traducir, Berenguer Ramon II, Count of Barcelona (en) Traducir, Ramón Berenguer II e Sança de Barcelona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Toulouse-32

Traxectoria editar

Sucedeu ao seu pai en 1060 e herdou a maior parte dos seus bens; o seu irmán Ramón herdou só os condados de Saint-Gilles (e quizais Nîmes, se non é que se refire ao mesmo Saint Gilles, que formaba parte do antigo condado de Nîmes). Parece tamén que Guillerme e Ramón compartiron o título de Conde de Tolosa, segundo unha carta de 1088, entre outros atributos deste título. En 1065, logo da morte da súa curmá Berta, condesa de Rodez, Ramón apoderouse do seu condado e dos dereitos e feudos do marquesado de Gotia e do condado de Narbona ou ducado de Septimania[1] reclamando os seus dereitos sen que Guillerme actuase contra o seu irmán.

A diferenza do seu pai e irmán, Guillerme era un home ambicioso que se centrou na súa gran afección polas armas[2].

A primeira esposa de Guillerme foi Matilde, e a súa segunda esposa (en 1080) Emma de Mortain, filla de Roberto de Conteville, conde de Mortain e de Matilde de Montgomery. Esta segunda unión deu lugar ao nacemento de dous fillos:

Guillerme morreu probablemente en 1094 durante unha peregrinación a Terra Santa[3]. A vontade do seu pai era que se Guillerme morrese sen fillos varóns, todas as súas posesións serían cedidas ao seu segundo fillo máis novo, Ramón, que sucedeu a Guillerme como Ramón IV. Non obstante, dúas décadas despois, Guillerme de Aquitania había reclamar o condado de Tolosa, que tentou conquistar durante anos.

Notas editar

  1. Títulos, porén, só nominal ou feudal sen soberania sobre territorios, polo tanto as cidades e terras estaban gobernadas por vizcondes.
  2. (Déjean 1979, p. 25).
  3. (Déjean 1979, p. 26).

Véxase tamén editar

Biografía editar

  • Jean-Luc Déjean, Les comtes de Toulouse (1050-1250), Fayard, 1979 (réimpr. 1988) (ISBN 2-213-02188-0), p. 23-26.