Guerra ruso-xaponesa

A guerra ruso-xaponesa foi un conflito militar entre o Imperio Ruso e o xaponés que se estendeu desde o 10 de febreiro de 1904 ata o 5 de setembro de 1905 por mor das ambicións dos dous estados sobre Manchuria e Corea e que rematou coa vitoria xaponesa e a derrota rusa, sendo causante da Revolución Rusa de 1905. As operacións bélicas desenvolvéronse sobre todo no sur de Manchuria, en especial na zona da Península de Liaodong e Mukden e nos mares que arrodean Corea, Xapón e o mar Amarelo.

Soldados rusos observan os mortos xaponeses.

No plano militar, o conflito prefigurou as guerras do século XX pola súa duración (un ano e medio), pola cantidade de tropas que participaron (máis de 2 millóns de homes) e polas perdas (156.000 mortos, 280.000 feridos e 77.000 prisioneiros) así como tamén polo emprego de técnicas modernas.

No plano político, o enfrontamento ten a súa orixe na oposición directa entre os dous imperialismos, o xaponés e o ruso, este último co obxectivo estratéxico de obter un acceso permanente ao océano Pacífico, pois o recentemente establecido porto de Vladivostok tan só era operativo no verán. Mentres que Port Arthur podía ser operativo todo o ano, as negociacións entre rusos e xaponeses entre a primeira guerra sino-xaponesa e 1903 non levaran a acordo ningún por considerar os xaponeses que esa zona quedaba dentro da súa rexión de influencia.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.