Guerra civil etíope

Dáse o nome de guerra civil etíope ao período comprendido entre o derrocamento de Haile Selassie en 1974 e a caída do réxime comunista de Mengistu en 1991. Caracterízase por unha sucesión de diferentes conflitos armados, entre diversas guerrillas ou movementos secesionistas e o Estado etíope, que rematou por derrocar o goberno, poñendo fin á República Democrática Popular de Etiopía.

Tanques en Addis Adeba en 1991