Guanarteme (de wan, "home", e Artemi, "fillo de soberano") era o termo que recibían os reis aborixes na illa de Gran Canaria antes da conquista castelá. Posto que a illa estaba dividida en diversos territorios máis ou menos autónomos, existían varios guanartemes. No momento da conquista había dous: o Guanartemato de Telde e o Guanartemato de Gáldar.

Localización dos Guanartematos con respecto ós municipios actuais (Verde escuro-Guanartemato de Gáldar)

Os guanartemes axudábanse dun consello de nobres para tomar as súas decisións, ademais de contar co sacerdote ou faycán, quen en ocasións podía ter máis relevancia social e política que o propio guanarteme. Tamén se menciona a existencia dun consello de carácter militar: o sabor, onde se reunían os guayres ou capitáns.

A palabra Guanarteme, significa literalmente "Fillo de Arteme", que se refire a Tagohorcer Semidán (coñecido como Arteme ou Artemi Semidán) rexente de Gran Canaria 4 ou 5 xeracións antes da invasión castelá, que foi gobernante do Reino de Canaria tras ser unificados os 10 cantóns que existían na Illa no tempo dos seus pais: Gumidafe e Atindamana

Na illa de Tenerife, estes monarcas recibían o nome de Menceyes.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar