O Grupo Planeta é un grupo multimedia español con sede en Barcelona que opera nos sectores editorial, audiovisual e de comunicación de España, Francia, Portugal e América. Ten a súa orixe na Editorial Planeta, fundada en 1949 en Barcelona, e que segue sendo o buque insignia do grupo. O Grupo Planeta aglutina a máis de 100 empresas de sete áreas de negocio diferentes, das que destacan as 50 editoriais que converten a Planeta no primeiro grupo editorial en lingua española e o sexto do mundo. Ademais da área editorial, o grupo actúa nas áreas de coleccionables, formación, venda directa, ensino a distancia, audiovisual e medios de comunicación.

Grupo Planeta
Logo
TipoGrupo corporativo e empresa familiar
Data de fundación1949
Fundador(es)José Manuel Lara Hernández
Nº de empregados4.500 (2017) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariaEditis, Editorial Planeta e Casa del Libro
SedeMadrid
EnMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.planeta.es/
editar datos en Wikidata ]

Nos últimos anos o grupo penetrou con forza no mundo da comunicación, destacando a súa participación dominante en Atresmedia Corporación (con medios como Antena 3 ou La Sexta e a cadea de radio Onda Cero) e en prensa co xornal de tirada nacional La Razón.

As empresas do grupo suman preto de 5.000 empregados directos. O grupo facturou, no ano 2011, 1772 millóns de euros. Ata o seu falecemento en xaneiro de 2015, o presidente do Grupo Planeta era José Manuel Lara Bosch, fillo do fundador de Editorial Planeta, José Manuel Lara Hernández.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar