Grupo Atlántica

grupo de artistas galegos

O grupo Atlántica foi unha agrupación artística galega, creada en 1980 co propósito de reactivar as artes plásticas en Galiza. O grupo tivo unha curta vida no panorama artístico, realizaron cinco exposicións comisariadas polo colectivo entre 1980 (a primeira delas foi en Baiona) e 1983.

En 1981 recibiu o Premios da Crítica Galicia na categoría de Iniciativas culturais.

Membros editar

O grupo estaba composto pola pintora Menchu Lamas (quizais a máis coñecida e mellor valorada pola crítica), os pintores Antón Lamazares Silva, Ánxel Huete, Antón Patiño, Monroy e o escultor Ignacio Basallo.

Tamén estiveron vinculados o pintor Manuel Moldes, Din Matamoro e Berta Álvarez Cáccamo.

Características editar

Atlántica tiña por obxectivo modernizar a plástica galega sen deixar de entroncala nuns sinais de identidade propios próximos a propostas políticas progresistas e galeguistas. Enmarcando a proposta dentro doutras de tipo internacionalista, os membros de Atlántica son en certo modo herdeiros dos seus coetáneos da transvangarda italiana. Recupéranse símbolos e signos de carácter mitolóxico, relacionados co mundo precristián, céltico e o contorno do océano Atlántico, do que toman a denominación. No caso da escultura prodúcese unha revalorizacion da pedra e a madeira como materiais escultóricos identitarios.

Estilisticamente o grupo comparte poucas sinais comúns, exceptuando quizais influencias do expresionismo abstracto americano ou a action painting.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Catálogo: Imaxes nos oitenta. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela, 1984.
  • CALVO SERRALLER, F.: Del futuro al pasado, vanguardia y tradición el arte español contemporáneo. Madrid, 1988.
  • CASTRO, A.: Expresión Atlántica. Follas Novas. Santiago de Compostela, 1985.
  • CASTRO, A.: A cultura e a creatividade galegas cara ó ano 2000. Ed. Escola e Sociedade. A Coruña, 1995.

Outros artigos editar