Griselda Pollock

historiadora da arte británica

Griselda Pollock, nada en Bloemfontein o 11 de marzo de 1949,[1] é unha teórica das artes visuais, analista cultural e historiadora da arte británica especialista en estudos feministas poscoloniais.[2] Dedicou parte da súa obra ó estudo da relación entre a muller e a arte. É coñecida pola súa innovación teórica e metodolóxica, combinada con lecturas de arte histórica e contemporánea, cine e teoría cultural. Dende 1977, Pollock foi unha das estudosas máis influentes da arte moderna, de vangarda, arte posmoderna e arte contemporánea. Tamén exerceu grande influencia na teoría feminista, a historia da arte feminista e os estudos de xénero.[3]

Infotaula de personaGriselda Pollock
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Bloemfontein, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Courtauld (pt) Traducir - Doutor en filosofía (–1980)
Instituto Courtauld (pt) Traducir - mestría en artes (–1972)
Universidade de Oxford - grao en Artes (–1970) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria da arte e Estudos de xénero Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , crítico de arte , profesora universitaria , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFaculty of Environment (en) Traducir (1990–)
Universidade de Leeds (1977–)
Universidade de Manchester (1974–1977)
Universidade de Reading (1972–1974) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoPamela Ann Elizabeth Crawford (en) Traducir, Louise Ann Parsons (en) Traducir, Joanne Margaret Heath (en) Traducir, Hilary Robinson (pt) Traducir e Paula Georgina Farrance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webfine-art.leeds.ac.uk… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 265969

Traxectoria editar

Naceu en Suráfrica e trasladouse coa súa familia ó Canadá, onde pasou a súa adolescencia. Posteriormente trasladouse a Gran Bretaña onde estudou Historia Moderna na Universidade de Oxford (1967-1970) e Historia da arte Europea no Courtauld Institute of Art (1970-72). Recibiu o seu doutoramento en 1980 cun estudo sobre Vincent van Gogh e a pintura dos Países Baixos: unha lectura das súas nocións do moderno. Despois de ensinar nas Universidades de Reading e Manchester ingresou na Universidade de Leeds en 1977 como profesora de Historia da arte e Cine e foi nomeada Catedrática de Historias Sociais e Críticas da arte en 1990. En 2001 converteuse en Directora do Centro de Análise Cultural, Teoría e Historia na Universidade de Leeds, onde é Profesora de Historias Sociais e Críticas da arte.[4] En 2017, Griselda Pollock celebrou 40 anos de docencia na Escola de Belas Artes, Historia da arte e Estudos Culturais na Universidade de Leeds.

Notas editar

  1. Sleeman 2002, p. 453.
  2. Chilvers & Glaves-Smith 2009, p. 561.
  3. See Sue Malvern, "Griselda Pollock", in Chris Murray (ed.), Key Writers on Art: The Twentieth Century (Londres: Routledge, 2002) p. 199f.
  4. Griselda Pollock, Looking Back to the Future (Londres: Routledge, 2001) p. 363.