Grigoris Buniatyan

Grigoris Buniatyan (en armenio: Գրիգորիս Բունիաթյանը), nado en Ēǰmiaçin (Armenia) o 26 de agosto de 1946 e finado en Khárkiv (Ucraína) o 7 de marzo de 2015, foi un eclesiástico armenio-apostólico, arcebispo de Ucraína.

Grigoris Buniatyan
Arcebispo da Igrexa apostólica armenia
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1946 en Ēǰmiaçin, RSS de Armenia
Pasamento7 de marzo de 2015 en Khárkiv, Ucraína
Primado de Ucraína
2001 - 2015

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu o 26 de agosto de 1946 en Ēǰmiaçin.[1] Completou a súa educación primaria e secundaria na súa vila natal, e en 1960 ingresou no seminario de Ēǰmiaçin.[1] En 1965 foi ordenado diácono, e entre 1966 e 1967 continuou os seus estudos na Academia Teolóxica de Moscova.[1] Á súa volta a Armenia foi secretario da publicación oficial da Santa Sé de Ēǰmiaçin até 1968.[1]

A comezos de 1969 foi asignado á igrexa de San Gregorio o Iluminador de Òrǰonikije.[1] No mesmo ano foi ordenado sacerdote, e posteriormente serviu na comunidade armenia de Rostov do Don.[1] En 1971 marchou a Francia para continuar os seus estudos na Universidade Católica de Lión, servindo na igrexa de Santiago de Lión.[1] Entre 1973 e 1975 realizou o servizo militar no Exército Vermello. Continuou os seus estudos entre 1975 e 1979 na Universidade Católica de París, exercendo o seu ministerio na catedral de San Xoán Bautista.[1] Volveu a Armenia en 1979 e foi nomeado decano do seminario de Ēǰmiaçin durante o curso 1979-1980.[1]

Episcopado editar

En 1981 trasladouse á Arxentina para exercer de párroco da catedral armenia de Buenos Aires, e en 1982 foi elixido primado da diocese da Arxentina.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans de Vazgen I en 1983.[1]

En 1990 foi nomeado primado da diocese de Širak.[1] En 1992 inaugurou a Academia Teolóxica de Širak en Gyumri, e foi elevado ao rango de arcebispo.[1] Entre 1998 e 1999 foi administrador da Igrexa en Moldavia.[1]

Entre 1999 e 2001 foi vigairo xeral da diocese de Armavir.[1] En 2001 foi nomeado primado da diocese de Ucraína.[1]

Finou no cargo o 7 de marzo de 2015, nunha visita a Khárkiv.[1][2]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 "Archbishop Grigoris Buniatyan, head of Armenian Church Diocese of Ukraine died". Religious Information Service of Ukraine (risu.org.ua) (en inglés). 7 de marzo de 2015. Consultado o 29/10/2018. 
  2. "ՎԱԽՃԱՆՎԵԼ Է ՈՒԿՐԱԻՆԱՅԻ ՀԱՅՈՑ ԹԵՄԻ ԱՌԱՋՆՈՐԴ Տ. ԳՐԻԳՈՐԻՍ ԱՐՔԵՊԻՍԿՈՊՈՍ ԲՈՒՆԻԱԹՅԱՆԸ". Hrparak.am (en armenio). 8 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04/07/2018. Consultado o 30/10/2018.