Gregorio Pedro XV Aghachanean

Gregorio Pedro XV Aghachanean[1] (en armenio: Գրիգոր Պետրոս ԺԵ. Աղաճանեան, Grigor Petros ŽE. Aġač̣anean), nado o 15 de setembro de 1895 en Akhaltsikhe (Imperio Ruso) e finado o 16 de maio de 1971 en Roma, foi o 15º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 30 de novembro de 1937 até o 25 de agosto de 1962.

Infotaula de personaGregorio Pedro XV Aghachanean

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hyw) Ղազարոս Աղաճանեան Editar o valor em Wikidata
18 de setembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Akhaltsikhe Editar o valor em Wikidata
Morte16 de maio de 1971 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Cardinal-Bishop of Albano (en) Traducir diocese de Albano
22 de outubro de 1970 – 16 de maio de 1971
← Giuseppe PizzardoLuigi Traglia →
Cardeal
18 de febreiro de 1946 – 25 de agosto de 1962
Bispo titular
11 de xullo de 1935 –
Diocese: Comana Armeniae (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa Católica Armenia Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Urbaniana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1935–), sacerdote católico (1917–), Eastern Catholic monk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Urbaniana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónSerge Der Abrahamian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa16 de maio Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1963conclave de 1963
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo
28 de outubro de 1958conclave de 1958 Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 6020242 Find a Grave: 125942030 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Akhaltsikhe, na gobernación de Tiflis do Imperio Ruso (hoxe Xeorxia), o 15 de setembro de 1895.[2][3] Estudou no seminario de Tiflis e posteriormente na Pontificia Universidade Urbaniana, e o 23 de decembro de 1917 foi ordenado sacerdote en Roma.[2]

O 11 de xullo de 1935 foi nomeado bispo titular de Comana Armeniae, e recibiu a ordenación episcopal o 21 de xullo de mans do bispo auxiliar armenio de Roma Sargis Ter Abrahamean.[4]

O 30 de novembro de 1937 foi elixido patriarca de Cilicia. O papa Pío XII creouno cardeal o 18 de febreiro de 1946, co título de cardeal-presbítero de San Bartolomeo all’Isola.

O 18 de xuño de 1958 foi nomeado proprefecto da Congregación para a Propagación da Fe, e dous anos despois prefecto. O 25 de xuño de 1962 renunciou como patriarca de Cilicia, e seguiu a traballar en Roma. Retirouse como prefecto da congregación o 19 de outubro de 1970, e días despois foi nomeado cardeal-bispo de Albano.

Finou en Roma o 16 de maio de 1971.

Premios e distincións editar

Foi nomeado doutor honoris causa en Leis polo Boston College en 1952,[5] pola Universidade de San Tomé de Manila en 1958, polas universidades Católica de América e de Notre Dame en 1960, e pola Universidade Nacional de Irlanda en 1961. Foi tamén nomeado Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana en 1963.

Notas editar

  1. O seu apelido aparece tamén como Agagianian, Aghagianian, Agadżanian e Aghajanian .
  2. 2,0 2,1 Lentz, Harris M. (2002). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland & Company. p. 7. ISBN 9780786410941. 
  3. Outras fontes dan o 18 de setembro.
  4. "The Eastern Churches Quarterly". The Eastern Churches Quarterly (en inglés) (Ramsgate (Inglaterra): St. Augustine's Abbey) 6: 348. 1969. OCLC 1567277. 
  5. "Boston College Fact Book 1996 - 1997: Honorary Degrees Awarded by Boston College 1952-1995". Boston College (bc.edu) (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26/12/2017. Consultado o 04/05/2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Avedis Pedro XIV Arpiarean
 Patriarca de Cilicia 
1937 - 1962
Sucesor:
Ignacio Pedro XVI Patanean
Predecesor:
Samuel Alphonsus Stritch
 Prefecto da Congregación para a Propagación da Fe 
1958 - 1970
Sucesor:
Agnelo Rossi