Gregory Efthimios Louganis (|luːˈgeɪnᵻs), nado en El Cajón (California) o 29 de xaneiro de 1960, é un ex-saltador estadounidense. Gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, outras dúas en Seúl e unha de prata en Montreal,[1] ademais de cinco campionatos do mundo.[2] Foi chamado "o máis grande saltador estadounidense"[3] e "probablemente o máis grande saltador da historia".[4]

Greg Louganis
Nacemento29 de xaneiro de 1960
Lugar de nacementoSan Diego
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade da Califórnia em Irvine, Universidade de Miami, Santa Ana High School e Valhalla High School
Ocupaciónsaltador de trampolín, autobiógrafo, saltador e adestrador
PremiosInternational Swimming Hall of Fame
Na rede
http://www.louganis.com
IMDB: nm0005163 TCM: 116573
Olympic.org: gregory-louganis WikiTree: Louganis-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Louganis é un activista polos dereitos dos homosexuais[5] e traballa frecuentemente con Human Rights Campaign para defender as liberdades civís da comunidade LGTB e as persoas diagnosticadas con VIH/SIDA.[6]

Traxectoria editar

Inicios editar

A súa familia biolóxica era de Samoa e de Suecia, mais criouse en California cos seus pais adoptivos, unha parella de ascendencia grega.[7] Comezou a recibir clases de danza, acrobacias e ximnasia aos 18 meses, tras intentar unirse á súa irmá mentres a vía nas clases. Aos tres anos practicaba diariamente, competía e facía exhibicións públicas.[8] Nos seguintes anos, competiu regularmente e actuou en diferentes lugares, incluíndo a base naval local. De neno diagnosticáronlle asma e alerxias, así que o impulsaron a continuar coa danza e a ximnasia para mellorar a súa condición. Tamén comezou a saltar do trampolín, e con nove anos comezou con clases de salto despois de que a familia construíse unha piscina.[9]

Carreira editar

Aos dezaseis anos participou nos Xogos Olímpicos de 1976, onde gañou a medalla de prata tralo italiano Klaus Dibiasi. Dous anos despois, con Dibiasi retirado, gañou o seu primeiro título mundial no campionato celebrado en Berlín Occidental.

En 1978, aceptou saltar para a Universidade de Miami onde estudou teatro, mais en 1981 pasou á Universidade de California, Irvine, onde se graduou como Bachelor of Arts.[10]

Louganis gañou dúas medallas nos Xogos Panamericanos de 1979 celebrados en Porto Rico. Aquí gañou ao seu gran rival, o mexicano Carlos Girón na que foi a gran xesta captada no filme oficial dos Xogos.

Louganis era favorito para gañar o ouro nos Xogos Olímpicos de 1980, mais o boicot dos Estados Unidos, ditado polo presidente Jimmy Carter en protesta pola invasión soviética de Afganistán, impediuno participar. Posteriormente gañou dous títulos mundiais en Guayaquil, onde se converteu no primeiro saltador nun encontro internacional en lograr a puntuación perfecta de 10 de todos os xuíces[9] e dúas medallas de ouro olímpicas nos Ánxeles. Repetiu o feito nos mundiais de Madrid (1986) e nos Xogos Olímpicos de Seúl. Non obstante, nesta edición dos xogos sufriu un accidente ao saltar da plataforma de tres metros que lle provocou unha hemorraxia ao bater a cabeza co trampolín.[8]

En 1993 ingresou no International Swimming Hall of Fame, Salón da Fama Internacional dos deportes acuáticos.[2] Está considerado o mellor saltador olímpico de todos os tempos.

Vida posterior editar

En 1994, Louganis anunciou que era homosexual e ao ano seguinte publicouse a súa biografía, escrita con Eric Marcus e titulada Breaking the Surface. Louganis revelou que sufriu abusos por parte da súa parella e preparador R. James "Jim" Babbitt e que era VIH positivo e contraera o virus de Babbitt.[11] A nova causou controversia pola lembranza do golpe que lle provocou perda de sangue en Seúl. Con todo, aquel feito non era motivo de risco de infección para os demais saltadores, xa que o sangue estaba disolto en moitos litros de auga con cloro e ademais a pel é unha barreira efectiva contra o VIH.[12] Tralo anuncio de ser portador do VIH, perdeu a maioría dos patrocinadores, coa excepción de Speedo.

En 1997 realizouse un telefilme baseado na súa biografía, Breaking the Surface: The Greg Louganis Story, dirixido por Steven H. Stern e protagonizado polo actor Mario Lopez. En 1999, publicouse o seu segundo libro, For the Life of Your Dog: A Complete Guide to Having a Dog From Adoption and Birth Through Sickness and Health, coescrito con Betty Sicora Siino.[13]

Notas editar

  1. Gregory Louganis Medals. olympic.org
  2. 2,0 2,1 Profiles - Greg Louganis Arquivado 06 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. about.com
  3. Daniel, Heath (14 de xullo de 2014). "Greg Louganis Tells How He Went From Heartthrob To Activist With Candid New Film". Queerty. 
  4. O'Neill, Tracy (4 de agosto de 2015). "Greg Louganis: Far From Falling". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 07 de agosto de 2018. 
  5. Greg Louganis Tells How He Went From Heartthrob To Activist With Candid New Film Heath Daniels. Queerty. 14 de xullo de 2014. Consultado o 23 de novembro de 23, 2016
  6. "Ability Magazine: Greg Louganis Interview" (2010)". Consultado o 3-4-2012. 
  7. "Sun Sentinel". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 07 de agosto de 2018. 
  8. 8,0 8,1 Ain, Morty (23 de xuño de 2016). "'I didn't think I'd see 30,' says Greg Louganis". ESPN The Magazine (Body Issue 2016.) (ESPN). Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  9. 9,0 9,1 Burnton, Simon (28 de marzo de 2012). "50 stunning Olympic moments No20: Greg Louganis's perfect dive 1988" (en inglés). The Guardian. 
  10. "Greg Louganis Plunges Into Light Opera: Olympic Diver Plays Prince in 'Cinderella'" authored by LIBBY SLATE 2 de agosto de 1989
  11. "Public Glory, Secret Agony". Newsweek. 5 de marzo de 1995. 
  12. "The Risk Pool: The Dangers Are Off The Field", authored by Sharon Begley, Newsweek, 5 de marzo de 1995
  13. For the Life of Your Dog. A Complete Guide to Having a Dog From Adoption and Birth Through Sickness and Health Simon & Schuster, Inc. Consultado o 11 de febreiro de 2017

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar