Gran Premio do Xapón de 2014

O Gran Premio do Xapón de 2014, foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2014. Celebrouse o 5 de outubro de 2014 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón[1], foi a 15ª rolda da tempada 2014 e o 41º Gran Premio do Xapón.

Gran Premio do Xapón de 2014
Detalles da carreira
Carreira 15 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto de Suzuka.
Trazado do circuíto de Suzuka.
Data 5 de outubro de 2014
Nome oficial Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 de 2014
Localización Circuíto de Suzuka, Suzuka, Prefectura de Mie, Xapón
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´807 km
Distancia 44 voltas, 255´508 km
ClimaChoiva
Pole position
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:32.506
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:51.600 na volta 39
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault

A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade na volta 44.[2] Jules Bianchi tivo un grave accidente e trasladárono a un hospital local próximo.[3]

Antecedentes editar

Efectos do Tifón Phanfone editar

O Tifón Phanfone, que se clasifica como unha tormenta de categoría catro, está previsto que toque terra na costa oriental do Xapón o domingo do Gran Premio, acompañado de fortes choivas e ventos de ata 240 km/h. Aínda que se espera que o curso prognosticado da tormenta non chegue a Suzuka, espérase que o extremo norte da tormenta empape o circuíto con choiva intensa.[4]

Informe editar

Clasificación editar

Carreira editar

As fortes choivas fixeron que a carreira comezara detrás do coche de seguridade, pero a pista estaba demasiado mollada para correr. Case 20 minutos máis tarde, a choiva diminuíra e a carreira reiniciouse, unha vez máis detrás do coche de seguridade. Fernando Alonso retirouse da carreira cando o seu auto apagouse logo da reanudación.

O coche de seguridade retirouse na volta 9. Todos os pilotos cambiaron a pneumáticos intermedios nas voltas seguintes. Jenson Button beneficiouse enormemente das paradas en boxes, subindo á terceira posición. Lewis Hamilton, logo de comezar a carreira por detrás do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, logrou alcanzalo no liderado da carreira na primeira curva da volta 29, con Rosberg loitando co desgaste dos pneumáticos.

Red Bull elixira unha posta a punto máis adecuado para condicións de mollado nesta carreira, sacrificando o rendemento na clasificación.[5] Esta aposta funcionou na carreira, con Sebastian Vettel terminando terceiro e Daniel Ricciardo cuarto, desde a novena e sexta posición, respectivamente.

A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade, os resultados finais da carreira foron os da volta 44.[2] Jules Bianchi trompeou e o seu Marussia chocou cun guindastre que estaba quitando o Sauber de Adrian Sutil, que se estrelara na volta anterior. Saíu o coche de seguridade e a carreira foi posteriormente cancelada con bandeira vermella. Bianchi quedou inconsciente despois do accidente. Foi trasladado en ambulancia ó hospital da Universidade de Mie.[6][7][8] Segundo o seu pai, Bianchi está nunha operación para reducir as graves contusións na cabeza.[9] Posteriormente a FIA emitiu un comunicado dicindo que Bianchi sufriu un "traumatismo craneoencefálico grave" no accidente, e permanecía en coidados intensivos logo da cirurxía.[10]

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6   Nico Rosberg Mercedes 1:33.671 1:32.950 1:32.506 1
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:33.611 1:32.982 1:32.703 2
3 77   Valtteri Bottas Williams 1:34.301 1:33.443 1:33.128 3
4 19   Felipe Massa Williams 1:34.483 1:33.551 1:33.527 4
5 14   Fernando Alonso Ferrari 1:34.497 1:33.675 1:33.740 5
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:35.593 1:34.466 1:34.075 6
7 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:34.930 1:34.229 1:34.242 7
8 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:35.150 1:34.648 1:34.317 8
9 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:35.517 1:34.784 1:34.432 9
10 7   Kimi Raikkonen Ferrari 1:34.984 1:34.771 1:34.548 10
11 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:35.155 1:34.984 21[11]
12 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:35.439 1:35.089 11
13 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:35.210 1:35.092 12
14 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:35.000 1:35.099 13
15 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:35.736 1:35.364 14
16 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:35.308 1:35.681 15
17 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:35.917 22[12]
18 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 1:35.984 16
19 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:36.813 17
20 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:36.943 18
21 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:37.015 19
22 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 1:37.481 20
107% tempo: 1:40.163
Fonte:[13]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 44 1:51:43.021 2 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 44 +9.1 1 18
3 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 44 +29.1 9 15
4 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 44 +38.8 6 12
5 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 44 +1:07.5 8 10
6 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 44 +1:53.7 3 8
7 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 44 +1:55.1 4 6
8 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 44 +1:55.9 13 4
9 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 44 +2:07.6 20 2
10 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 43 +1 volta 11 1
11 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 43 +1 volta 12
12 7   Kimi Räikkönen Ferrari 43 +1 volta 10
13 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 43 +1 volta 15
14 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 43 +1 volta 7
15 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 43 +1 volta 16
16 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 43 +1 volta 22
17 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 43 +1 volta 17
18 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 43 +1 volta 21
19 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 43 +1 volta 19
20 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 41 Accidente 18
21 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 40 Accidente 14
Ret 14   Fernando Alonso Ferrari 2 Electrónica 5
Fonte:[14]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas editar

  1. "World Motor Sport Council". FIA.com. FIA. 4 December 2013. Consultado o 5 December 2013. 
  2. 2,0 2,1 "2014 Japanese Grand Prix Race Results". Consultado o 5 October 2014. 
  3. "Bianchi taken to hospital after Suzuka crash". Consultado o 5 October 2014. 
  4. "Formula 1 - Typhoon threatens Formula One's Japanese Grand Prix". uk.eurosport.yahoo.com. Reuters. 2 October 2014. Consultado o 3 October 2014. 
  5. "Red Bull drivers take the wet weather gamble at Suzuka". Paul Hensby. 4 October 2014. Consultado o 5 October 2014. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 05 de outubro de 2014. 
  7. https://uk.eurosport.yahoo.com/news/formula-1-hamilton-wins-japan-red-flag-crash-070651394--f1.html
  8. Jules Bianchi taken to hospital unconscious following crash Arquivado 05 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Smith, Luke. NBC Sports Network, 5 October 2014
  9. "Bianchi operato per grave ematoma (update)". Autosprint. 5 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 05 de outubro de 2014.  (en italiano)
  10. F1 driver Jules Bianchi injured after crash in Japan – latest updates, The Guardian, 5 October 2014
  11. Jean-Eric Vergne recibiu unha penalización de dez posicións por exceder os cinco motores para a tempada
  12. Pastor Maldonado recibiu unha penalización de dez posicións por exceder os cinco motores para a tempada
  13. "Japanese Grand Prix 2014 Qualifying Results". formula1.com. 4 October 2014. Consultado o 4 October 2014. 
  14. "2014 Japanese Grand Prix results". formula1.com. 5 October 2014. Consultado o 5 October 2014. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Singapur de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio de Rusia de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 2013
Gran Premio do Xapón Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 2015