Gran Premio do Reino Unido de 2017

O Gran Premio do Reino Unido de 2017 (coñecido oficialmente como o 2017 Formula 1 Rolex British Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 16 de xullo de 2017, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido. A carreira foi a décima rolda da tempada 2017 de Fórmula 1, a septuaxésima segunda (72ª) edición do Gran Premio do Reino Unido, e a quincuaxésimo terceira (53ª) vez que a carreira disputouse no Circuíto de Silverstone.

Gran Premio de Reino Unido de 2017
Detalles da carreira
Carreira 10 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Silverstone.
Trazado do circuíto de Silverstone.
Data 16 de xullo de 2017
Nome oficial 2017 Formula 1 Rolex British Grand Prix[1]
Localización Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´891 km
Distancia 51 voltas, 300´441 km
ClimaNubrado, 21 °C e 28 °C no asfalto, humidade relativa do 72%. Vento 3´3 m/s.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1'26"600
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:30.621 na volta 48
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari

Informe editar

Antecedentes editar

A primeira sesión de adestramentos libres viu o debut público do dispositivo "escudo" de protección do cockpit, unha estrutura reforzada de choque de perspex montada no monocasco. O escudo está deseñado para proporcionar unha protección adicional do piloto ao desviar os restos da cabeza do piloto sen comprometer a capacidade dos comisarios para acceder á cabina en caso dun accidente. As probas iniciais serán levadas a cabo por Ferrari para avaliar o deseño do escudo antes da introdución planeada na tempada 2018.[2]

Cualificación editar

Q1

O adestramento comezou con choiva e a pista bastante mollada. Os coches saíron á pista calzados con pneumáticos intermedios, e os RBR pronto se destacaron. Ricciardo fixo o mellor tempo, asumindo a punta con 1:42.966, pero, inmediatamente o australiano parou na pista con problemas no coche. Trala aparición da bandeira vermella o adestramento ficou paralizado, e volveu con pouco máis de 10 minutos para o final. Coa choiva diminuíndo, Verstappen confirmou o bo desempeño do equipo austríaco e lideraba a sesión até que Alonso resolveu dar un show particular para o público inglés. Con pouco tempo para o termo do adestramento, o español foi aos boxes, trocou os pneumáticos intermedios polos superbrandos, e anotou o mellor tempo da sesión con 1:37.598 para delirio total das bancadas.

Eliminados: Lance Stroll (Williams), Kevin Magnussen (Haas), Pascal Wehrlein (Sauber), Marcus Ericsson (Sauber) e Daniel Ricciardo (Red Bull).

Q2

Coa pista secando, os pilotos optaron por iniciar o Q2 con pneumáticos superbrandos. No principio da sesión, Hülkenberg deu o ton, liderando cun tempo de 1:31.085. Os pneumáticos foron quecendo e a batalla entre Mercedes e Ferrari se intensificou, con Hamilton sacándolle o liderado á escuadra italiana. Se na Q1 Alonso conseguiu sacar un coello da chisteira, no Q2 o español sucumbiu ao pouco potente coche de McLaren e terminou no 13º posto, co seu compañeiro de equipo Vandoorne pasando para o Q3 en sétimo lugar. Masa tampouco foi ben, e fechou a sesión na 15ª posición.

Eliminados: Jolyon Palmer (Renault), Daniil Kvyat (Toro Rosso), Fernando Alonso (McLaren), Carlos Sainz (Toro Rosso) e Felipe Massa (Williams).

Q3

Na disputa pola pole position, Hamilton tratou de tomar as rendas do adestramento, pronto logrou o liderado con 1:27.231. Lewis estaba imbatible, facendo o mellor tempo en todos os sectores da pista, anotando a 67ª pole position da súa carreira con 1:26.600. Os dous Ferrari acabaron consecutivos con Räikkönen segundo e Vettel terceiro. O Pole no adestramento do GP da Austria, Bottas foi só o cuarto, con Verstappen quinto.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Nº. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Final
Q1 Q2 Q3
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1'39"069 1'27"893 1'26"600 1
2 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1'40"455 1'28"992 1'27"147 2
3 5   Sebastian Vettel Ferrari 1'39"962 1'28"978 1'27"356 3
4 77   Valtteri Bottas Mercedes 1'39"698 1'28"732 1'27"376 9[3]
5 33   Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1'38"912 1'29"431 1'28"130 4
6 27   Nico Hülkenberg Renault 1'39"201 1'29"340 1'28"856 5
7 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1'42"009 1'29"824 1'28"902 6
8 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1'39"738 1'29"701 1'29"074 7
9 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1'40"011 1'30"105 1'29"418 8
10 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1'42"042 1'29"966 1'29"549 10
11 30   Jolyon Palmer Renault 1'41"404 1'30"193 11
12 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 1'41"726 1'30"355 12
13 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1'37"598 1'30"600 20[4]
14 55   Carlos Sainz Toro Rosso 1'41"114 1'31"368 13
15 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1'41"874 1'31"482 14
16 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1'42"573 15
17 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1'42"577 16
18 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1'42"593 17
19 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1'42"633 18
20 3   Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1'42"966 19[5]
Tempo límite 107%: 1:44.429
Fonte:[6]

A letra en grosa indica o mellor tempo na Q1, Q2 e Q3.

Grella de saída
Grella por tempos
Grella de saída final

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 51 1:21:27.430 1 25
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 51 +14.063 9 18
3 7   Kimi Räikkönen Ferrari 51 +36.570 2 15
4 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 51 +52.125 4 12
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 51 +1:05.955 19 10
6 27   Nico Hülkenberg Renault 51 +1:08.109 5 8
7 5   Sebastian Vettel Ferrari 51 +1:33.989 3 6
8 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 50 +1 volta 7 4
9 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 50 +1 volta 6 2
10 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 50 +1 volta 14 1
11 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 50 +1 volta 8
12 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 50 +1 volta 16
13 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 50 +1 volta 10
14 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 50 +1 volta 18
15 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 50 +1 volta 12
16 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 50 +1 volta 15
17 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 50 +1 volta 17
Ret 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 32 Unidade de potencia 20
Ret 55   Carlos Sainz Toro Rosso 0 Colisión 13
NTS 30   Jolyon Palmer Renault 0 Hidráulica [7]
Fonte:[8]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Great Britain". Formula1.com. Formula One Administration. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  2. Noble, Jonathan (8 de xullo de 2017). "FIA reveals first image of shield device and British GP test plans". autosport.com (Motorsport Network). Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  3. Valtteri Bottas tivo unha penalización de 5 posicións na grella de saída por substituír o cambio.
  4. Fernando Alonso tivo unha penalización de 30 posicións na grella de saída por substituír varios compoñentes da súa unidade de potencia.
  5. Daniel Ricciardo tivo unha penalización de 5 posicións na grella de saída por substituír o cambio.
  6. "Formula 1 British Grand Prix 2017 — Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 15 de xllo de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  7. Jolyon Palmer Non se alineou na grella logo dunha fuga hidráulica na volta de formación.
  8. "2017 Formula 1 Rolex British Grand Prix — Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 16 de xullo de 2017. Consultado o 16 de xullo de 2017. 

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 2016
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 2018