Gran Premio do Reino Unido de 2013

O Gran Premio de Inglaterra de 2013 foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 30 de xuño de 2013, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido.

Gran Premio de Reino Unido de 2013
Detalles da carreira
Carreira 8 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013.
Trazado do circuíto de Silverstone.
Trazado do circuíto de Silverstone.
Data 30 de xuño de 2013
Localización Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´901 km
Distancia 52 voltas, 306´747 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:29,607
Volta rápida
Piloto Australia Mark Webber Red Bull-Renault
Tempo 1:33.401 na volta 52
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Australia Mark Webber Red Bull-Renault
Terceiro España Fernando Alonso Ferrari

Lewis Hamilton logrou a pole position por diante do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, co líder do campionato, Sebastian Vettel terceiro. Rosberg gañou a carreira por diante de Mark Webber e Fernando Alonso. Hamilton, xunto con Felipe Massa, Jean-Éric Vergne e Sergio Pérez sufriron rebentóns do pneumático traseiro esquerdo, mentres que Esteban Gutiérrez foi vítima dun rebentón do pneumático dianteiro esquerdo. Vettel sufriu unha avaría no cambio cando lideraba a carreira.

Antecedentes editar

O piloto australiano Mark Webber anunciou a súa retirada cando remate a tempada 2013, antes de que dese comezo o Gran Premio, así mesmo únese ao novo programa deportivo da empresa Porsche, que inclúe o asalto ás 24 Horas de Le Mans, Mark Webber describiu como unha "honra" irse a Porsche. Kimi Räikkönen é o favorito para substituílo en Red Bull.

Clasificación editar

As tres fases de clasificación tiveron lugar o 30 de xuño.

Q1 editar

O Williams de Valtteri Bottas, o Sauber de Esteban Gutiérrez, o Caterham de Charles Pic, o Marussia de Jules Bianchi , o Caterham de Giedo van der Garde e o Marussia de Max Chilton foron todos eliminado na Q1.

Q2 editar

O McLaren de Jenson Button, o Ferrari de Felipe Massa, o Toro Rosso de Jean-Eric Vergne, o McLaren de Sergio Pérez Mendoza, o Sauber de Nico Hülkenberg e o William de Pastor Maldonado foron eliminados na Q2.

Q3 editar

Lewis Hamilton logrou a pole cun tempo de 1:29.607 seguido do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg e o Red Bull de Sebastian Vettel seguido de Webber, Di Resta, Ricciardo, Sutil, Grosjean, Raikkonen e Alonso completando os dez primeiros. Máis tarde Di Resta foi sancionado porque o seu coche tiña 1´5 kg. menos que o peso mínimo legal, foi sancionado a saír no último posto da grella.

Carreira editar

O Mercedes de Lewis Hamilton liderou desde o principio con Vettel detrás del, despois de que Rosberg saíra lento da liña de saída. Webber de Red Bull tivo unha mala saída e danou o seu alerón dianteiro despois de contactar co Lotus de Romain Grosjean na curva 1. Na volta 8, Hamilton sufriu un rebentón do pneumático traseiro esquerdo na recta Wellington. Massa tivo unha falla similar ao igual que posteriormente o coche de Vergne que sacou o coche de seguridade na volta 16. Vergne, finalmente retirouse da carreira con danos no piso.

Vettel liderou a carreira ata a volta 42, cando sufriu un fallo no cambio e detívose preto da liña de meta. Isto sacou un segundo coche de seguridade. Rosberg, Webber e Alonso fixeron paradas nos boxes para poñer pneumáticos novos, o Lotus de Kimi Raikkonen non parou.

A carreira reiniciouse na volta 46 con Rosberg diante. Webber e Alonso foron capaces de adiantar a Raikkonen na loita polo podio. Hamilton logrou terminar cuarto logo de recuperarse da rotura do pneumático. Massa fixo loitou para terminar sexto. Pérez de McLaren sufriu un rebentón no reinicio e viuse obrigado a retirarse con danos do coche. Grosjean tamén se retirou antes do final da carreira.

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 10   Lewis Hamilton Mercedes 1:30.995 1:31.224 1:29.607 1
2 9   Nico Rosberg Mercedes 1:31.355 1:31.028 1:30.059 2
3 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:31.559 1:30.990 1:30.211 3
4 2   Mark Webber Red Bull-Renault 1:31.605 1:31.002 1:30.220 4
EX 14   Paul di Resta Force India-Mercedes 1:32.062 1:31.291 1:30.736 22[1]
5 19   Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:32.097 1:31.182 1:30.757 5
6 15   Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:32.002 1:31.097 1:30.908 6
7 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 1:31.466 1:31.530 1:30.955 7
8 7   Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:31.400 1:31.592 1:30.962 8
9 3   Fernando Alonso Ferrari 1:32.266 1:31.387 1:30.979 9
10 5   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:31.979 1:31.649 10
11 4   Felipe Massa Ferrari 1:32.241 1:31.779 11
12 18   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:32.105 1:31.785 12
13 6   Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:31.953 1:32.082 13
14 11   Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:32.168 1:32.211 14
15 16   Pastor Maldonado Williams-Renault 1:32.512 1:32.359 15
16 17   Valtteri Bottas Williams-Renault 1:32.664 16
17 12   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:32.666 17
18 20   Charles Pic Caterham-Renault 1:33.866 18
19 22   Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:34.108 19
20 21   Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:35.481 21[2]
21 23   Max Chilton Marussia-Cosworth 1:35.858 20
107% tempo: 1:37.364
Fonte:[3]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 9   Nico Rosberg Mercedes 52 1:32:59.456 2 25
2 2   Mark Webber Red Bull-Renault 52 +0.765 4 18
3 3   Fernando Alonso Ferrari 52 +7.124 9 15
4 10   Lewis Hamilton Mercedes 52 +7.756 1 12
5 7   Kimi Räikkönen Lotus-Renault 52 +11.257 8 10
6 4   Felipe Massa Ferrari 52 +14.573 11 8
7 15   Adrian Sutil Force India-Mercedes 52 +16.335 6 6
8 19   Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 52 +16.543 5 4
9 14   Paul di Resta Force India-Mercedes 52 +17.943 22 2
10 11   Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 52 +19.709 14 1
11 16   Pastor Maldonado Williams-Renault 52 +21.135 15
12 17   Valtteri Bottas Williams-Renault 52 +25.094 16
13 5   Jenson Button McLaren-Mercedes 52 +25.900 10
14 12   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 52 +26.200 17
15 20   Charles Pic Caterham-Renault 52 +31.600 18
16 22   Jules Bianchi Marussia-Cosworth 52 +36.000 19
17 23   Max Chilton Marussia-Cosworth 52 +67.600 20
18 21   Giedo van der Garde Caterham-Renault 52 +67.700 21
19 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 51 +1 volta 7
20 6   Sergio Pérez McLaren-Mercedes 46 +6 voltas/roda 13
Ret 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 41 caixa de cambios 3
Ret 18   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 35 Picada 12
Fonte:[4]

Posicións logo da carreira editar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. Paul di Resta foi excluído porque o seu coche non chegaba ao peso mínimo.Posteriormente foi trasladado á ultimo lugar da grella. "British GP: Paul Di Resta disqualified from qualifying". BBC Sport (Andrew Benson). Consultado o 29 June 2013. 
  2. Giedo van der Garde foi sancionado con 5 posicións por provocar o incidente con Nico Hülkenberg na carreira anterior
  3. "Formula 1 Santander British Grand Prix 2013 - Provisional Results". Formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 29 June 2013. 
  4. "2013 FORMULA 1 Santander British Gran Prix Provisional Results". Formula 1. Consultado o 30 June 2013. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2013
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2013
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 2013
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 2012
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 2014