Gran Premio do Canadá de 1999


O Gran Premio do Canadá de 1999[2] (oficialmente o 1999 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 13 de xuño de 1999 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Quebec, Canadá. A carreira de 69 voltas foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1999. A carreira destacou polas catro colisións ocorridas na curva 13 e pola cantidade de veces que saíu o coche de seguridade. A curva 13, a chicana final, tivo catro choques distintos nos que un piloto abriuse ou trompeo contra o muro. Tres dos pilotos que chocaron alí, gañaran previamente o Campionato de Pilotos, o que levou a que o muro fose coñecido como "Wall of Champions" (o muro dos campións). O coche de seguridade foi despregado catro veces durante a carreira, un récord na época e foi a primeira carreira de F1 en rematar tras o coche de seguridade tras o grande accidente de Heinz-Harald Frentzen a catro voltas dofinal.[3]

Gran Premio de Canadá de 1999
Detalles da carreira
Carreira 6 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Data 13 de xuño de 1999
Nome oficial XXXVII Grand Prix Air Canada
Localización Circuíto Gilles Villeneuve
Montreal, Quebec, Canadá
Percorrido Circuíto urbano
4´421 km
Distancia 69 voltas, 305´049 km
ClimaCálido con temperaturas próximas aos 31 °C, vento ata 5´1 km/h[1] Pista 41º - 43 °C.
Pole position
Piloto Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Tempo 1:19.298
Volta rápida
Piloto Eddie Irvine Ferrari
Tempo 1:20.382 na volta 62
Podio
Primeiro Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Segundo Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife
Terceiro Eddie Irvine Ferrari

Informe editar

Carreira editar

 
A carreira gañouna Mika Häkkinen para McLaren

.

Os pilotos dianteiros saíron da liña de saída de forma limpa, e Michael Schumacher mantivo o primeiro posto logo de comezar na pole por primeira vez en 1999. Jarno Trulli, que partía do noveno posto, saíu do circuíto intentando pasar Heinz-Harald Frentzen polo interior na primeira volta. Trulli trompeou na primeira curva, leándose por diante a Jean Alesi e Rubens Barrichello. Trulli e Alesi retiráronse e se despregou o coche de seguridade. Alexander Wurz tamén se retirou con problemas de transmisión.[4]

 
Eddie Irvine logrou a súa única volta rápida nesta carreira.

Ricardo Zonta retirouse na volta 3 despois de trompear no muro da curva 13. Parou xusto ao carón da pista, perdendo a súa roda traseira dereita, o que obrigou a saír ao coche de seguridade de novo. Zonta foi o primeiro dos catro pilotos que golpeou o "Muro dos Campións" nesta carreira. Na volta 15, Damon Hill converteuse no segundo piloto en golpear o muro da curva 13. Hill puido sacar o coche da pista nun lugar seguro e o coche de seguridade non saíu. Michael Schumacher bateu no muro na volta 30, deixando o liderado a Mika Häkkinen. O cuarto e último piloto en chocar contra o muro foi Jacques Villeneuve na volta 35, saíndo o coche de seguridade por terceira vez. Hill, Schumacher e Villeneuve eran tres dos catro pilotos campións do mundo de Fórmula 1 que competían na carreira.[5]

Na volta 41 reiniciar despois do accidente de Villeneuve, David Coulthard intentou pasar polo exterior a Eddie Irvine na primeira curva, e logopolo interior da segunda curva. Tocáronse e ambos trompearon. Ambos foron capaces de seguir, aínda que Coulthard tivo que poñer un morro novo. O cuarto e último coche de seguridade de carreira saíu na volta 66 despois de que Heinz-Harald Frentzen, que marchaba en segundo lugar, sufrira un fallo nos freos e tivera un grande accidente. Saíu ileso. O coche de seguridade retirouse ao final da última volta e Mika Häkkinen gañou a carreira.[4] Eddie Irvine logrou a súa primeira volta rápida[6] e rematou terceiro detrás de Giancarlo Fisichella.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Volta Diferenza
1 3   Michael Schumacher Ferrari 1:19.298
2 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:19.327 +0.029
3 4   Eddie Irvine Ferrari 1:19.440 +0.142
4 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:19.729 +0.431
5 16   Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:19.930 +0.632
6 8   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:20.158 +0.860
7 9   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:20.378 +1.080
8 11   Jean Alesi Sauber-Petronas 1:20.459 +1.161
9 19   Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:20.557 +1.259
10 17   Johnny Herbert Stewart-Ford 1:20.829 +1.531
11 10   Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:21.000 +1.702
12 5   Alessandro Zanardi Williams-Supertec 1:21.076 +1.778
13 6   Ralf Schumacher Williams-Supertec 1:21.081 +1.783
14 7   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:21.094 +1.796
15 18   Olivier Panis Prost-Peugeot 1:21.252 +1.954
16 22   Jacques Villeneuve BAR-Supertec 1:21.302 +2.004
17 23   Ricardo Zonta BAR-Supertec 1:21.467 +2.169
18 12   Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:21.571 +2.273
19 15   Toranosuke Takagi Arrows 1:21.693 +2.395
20 14   Pedro de la Rosa Arrows 1:22.613 +3.315
21 20   Luca Badoer Minardi-Ford 1:22.808 +3.510
22 21   Marc Gené Minardi-Ford 1:23.387 +4.089
Fonte:[7]

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 69 1:41:35.727 2 10
2 9   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 69 +0.782 7 6
3 4   Eddie Irvine Ferrari 69 +1.797 3 4
4 6   Ralf Schumacher Williams-Supertec 69 +2.392 13 3
5 17   Johnny Herbert Stewart-Ford 69 +2.805 10 2
6 12   Pedro Diniz Sauber-Petronas 69 +3.711 18 1
7 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 69 +5.004 4
8 21   Marc Gené Minardi-Ford 68 +1 volta 22
9 18   Olivier Panis Prost-Peugeot 68 +1 volta 15
10 20   Luca Badoer Minardi-Ford 67 +2 voltas 21
11 8   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 65 Freos/accidente 6
Ret 5   Alessandro Zanardi Williams-Supertec 50 Freos 12
Ret 15   Toranosuke Takagi Arrows 41 Transmisión 19
Ret 22   Jacques Villeneuve BAR-Supertec 34 Accidente 16
Ret 3   Michael Schumacher Ferrari 29 Accidente 1
Ret 14   Pedro de la Rosa Arrows 22 Transmisión 20
Ret 7   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 14 Accidente 14
Ret 16   Rubens Barrichello Stewart-Ford 14 Dirección/accidente 5
Ret 23   Ricardo Zonta BAR-Supertec 2 Trompo 17
Ret 11   Jean Alesi Sauber-Petronas 0 Colisión 8
Ret 19   Jarno Trulli Prost-Peugeot 0 Colisión 9
Ret 10   Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 0 Transmisión 11
Fontes:[2][8]

Notas editar

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1999
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1999
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1998
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2000

Notas editar

  1. "1999 Canadian GP: Weather". The Old Farmers' Almanac. Consultado o 26 de xuño de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "1999 Canadian Grand Prix". The Official Formula 1 Website. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015. 
  3. "Formula One Safety Car". F1 Technical. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "Grand Prix of Canada Review". Autosport. 13 de xuño de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  5. "Murray's Memories: F1 Canadian GP 1999: 'The Wall of Champions'". BBC Sport. 5 de xuño de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  6. "1999 Canadian GP: Overview". ChicaneF1.com. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  7. "1999 Canadian GP". chicanef1.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2022. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  8. "1999 Canadian GP". chicanef1.com. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar