Gran Premio do Canadá de 1990


O Gran Premio do Canadá de 1990 (oficialmente o 1989 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 10 de xuño de 1990 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a quinta rolda da tempada 1990. Foi o 28º Gran Premio Canadense e o 12º no Circuíto Gilles Villeneuve. A carreira disputouse sobre máis de 70 voltas do circuíto de 4.390 km para unha distancia de carreira de 307 quilómetros.

Gran Premio de Canadá de 1990
Detalles da carreira
Carreira 5 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1990.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve.
Data 10 de xuño de 1990
Nome oficial XXVIII Grand Prix Molson du Canada
Localización Circuíto Gilles Villeneuve
Montreal, Quebec, Canadá
Percorrido Circuíto urbano
4´390 km
Distancia 70 voltas, 307´300 km
ClimaCálido, nubrado, pista húmida logo secou
Pole position
Piloto Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:20.399
Volta rápida
Piloto Austria Gerhard Berger McLaren-Honda
Tempo 1:22.077 na volta 70
Podio
Primeiro Ayrton Senna McLaren-Honda
Segundo Nelson Piquet Benetton-Ford
Terceiro Nigel Mansell Ferrari

A carreira foi gañada por segunda vez polo piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un McLaren MP4/5B. foi a terceira vitoria de Senna na tempada logo de gañar a primeira carreira da tempada en Estados Unidos e o Gran Premio de Mónaco só dúas semanas antes. Senna gañou por dez segundos sobre o seu compatriota Nelson Piquet, quen pilotaba un Benetton B190. Tres segundos máis atrás no terceiro posto quedou o piloto británico Nigel Mansell pilotando un Ferrari 641.

O triunfo permitiulle a Senna lograr unha vantaxe de doce puntos no campionato de pilotos sobre o seu compañeiro de equipo de McLaren, Gerhard Berger. O seu rival competitivo máis próximo, o piloto de Ferrari Alain Prost, tiña menos da metade dos puntos de Senna.

Informe da carreira editar

Nunha carreira cunha fila dianteira de McLaren, o equipo parecía forte. Senna mantivo a vantaxe na primeira curva con Berger en segundo lugar, pero considerouse que o austríaco saíra antes de tempo. Logo dunhas poucas voltas de carreira anunciouse que Berger tería unha penalización dun minuto engadido ao seu tempo de carreira. Como consecuencia, logo dunha rolda de pitstops para poñer pneumáticos novos, Senna permitiu ao seu compañeiro de equipo pasalo na forquita para que o austríaco puidese poñerse a gañar tempo en relación cos seus outros competidores.

As condicións meteorolóxicas eran de mollado, o que facía a pista lixeiramente esvaradiza. Isto causou moitos trompos. Thierry Boutsen, gañador do Gran Premio de 1989, trompeou a mediados de carreira ao intentar pasar a Prost mentres se achegaba a unha curva, e levouse por diante o Ligier de Nicola Larini.

Nannini trompeou e bateu contra unha parede de pneumáticos fóra da pista. Pouco despois na volta 26, Jean Alesi perdeu o control cando trataba de adiantar a outro coche, trompeou e bateu contra a mesma barreira de pneumáticos, terminando encima do abandonado Benetton B190 de Nannini. O Benetton quedou esnaquizado cando o golpeou o Tyrrell, deixando aos mecánicos do equipo cun gran traballo de reconstrución antes da seguinte carreira en México.

Ao final, Berger cruzou a liña en primeiro lugar, pero tiña unha penalización dun minuto por saltarse a saída, que se engadiu ao seu tempo de carreira, deixándoo en cuarto lugar na clasificación final. Logo da penalización de Berger, Senna levouse a vitoria, mentres que Piquet terminou segundo logo dunha gran batalla cos dous Ferraris. Foi o primeiro podio do piloto de Benetton desde o Gran Premio de Australia de 1988. Prost foi pasado polo seu compañeiro Mansell que terminou terceiro.

Clasificación editar

Pre-cualificación editar

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 33   Roberto Moreno EuroBrun-Judd 1:28.268
2 14   Olivier Grouillard Osella-Ford 1:28.589 +0.321
3 30   Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 1:29.372 +1.104
4 29   Éric Bernard Lola-Lamborghini 1:29.844 +1.576
5 17   Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:29.855 +1.587
6 18   Yannick Dalmas AGS-Ford 1:30.460 +2.192
7 31   Bertrand Gachot Coloni-Subaru 1:44.185 +15.917
8 34   Claudio Langes EuroBrun-Judd 1:47.118 +18.850
9 39   Bruno Giacomelli Life 1:50.253 +21.985

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 27   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:20.399 1:30.514
2 28   Gerhard Berger McLaren-Honda 1:20.465 1:33.240 +0.066
3 1   Alain Prost Ferrari 1:20.826 1:31.514 +0.427
4 19   Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:21.302 1:30.575 +0.903
5 20   Nelson Piquet Benetton-Ford 1:21.568 1:27.124 +1.169
6 5   Thierry Boutsen Williams-Renault 1:21.599 +1.200
7 2   Nigel Mansell Ferrari 1:21.641 1:27.647 +1.242
8 4   Jean Alesi Tyrrell-Ford 1:21.748 +1.349
9 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:22.018 44:52.525 +1.619
10 8   Stefano Modena Brabham-Judd 1:22.660 1:29.062 +2.261
11 11   Derek Warwick Lotus-Lamborghini 1:22.673 +2.274
12 12   Martin Donnelly Lotus-Lamborghini 1:22.703 1:35.198 +2.304
13 3   Satoru Nakajima Tyrrell-Ford 1:23.605 +3.205
14 9   Michele Alboreto Arrows-Ford 1:23.744 +3.345
15 14   Olivier Grouillard Osella-Ford 1:23.779 1:30.872 +3.380
16 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:23.795 1:40.047 +3.396
17 26   Philippe Alliot Ligier-Ford 1:23.899 1:31.797 +3.500
18 30   Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 1:23.915 1:32.777 +3.516
19 21   Emanuele Pirro Dallara-Ford 1:24.269 1:38.775 +3.870
20 25   Nicola Larini Ligier-Ford 1:24.285 1:30.091 +3.886
21 35   Gregor Foitek Onyx-Ford 1:24.397 1:42.487 +3.998
22 36   JJ Lehto Onyx-Ford 1:24.425 1:40.607 +4.026
23 29   Éric Bernard Lola-Lamborghini 1:24.451 1:32.750 +4.052
24 16   Ivan Capelli Leyton House-Judd 1:24.554 7:00.728 +4.155
25 22   Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:24.621 1:36.629 +4.222
26 10   Alex Caffi Arrows-Ford 1:25.113 1:39.209 +4.714
27 33   Roberto Moreno EuroBrun-Judd 1:25.172 1:31.097 +4.773
28 15   Maurício Gugelmin Leyton House-Judd 1:25.712 1:45.435 +5.313
29 24   Paolo Barilla Minardi-Ford 1:25.951 1:51.583 +5.552
30 7   David Brabham Brabham-Judd 1:26.771 1:36.453 +6.372

Carreira editar

Pos Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 27   Ayrton Senna McLaren-Honda 70 1:42:56.400 1 9
2 20   Nelson Piquet Benetton-Ford 70 +10.497 5 6
3 2   Nigel Mansell Ferrari 70 +13.385 7 4
4 28   Gerhard Berger McLaren-Honda 70 +14.854 2 3
5 1   Alain Prost Ferrari 70 +15.820 3 2
6 11   Derek Warwick Lotus-Lamborghini 68 +2 voltas 11 1
7 8   Stefano Modena Brabham-Judd 68 +2 voltas 10
8 10   Alex Caffi Arrows-Ford 68 +2 voltas 26
9 29   Éric Bernard Lola-Lamborghini 67 +3 voltas 23
10 16   Ivan Capelli Leyton House-Judd 67 +3 voltas 24
11 3   Satoru Nakajima Tyrrell-Ford 67 +3 voltas 13
12 30   Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 66 +4 voltas 18
13 14   Olivier Grouillard Osella-Ford 65 +5 voltas 15
Ret 12   Martin Donnelly Lotus-Lamborghini 57 Motor 12
Ret 35   Gregor Foitek Onyx-Ford 53 Motor 21
Ret 22   Andrea de Cesaris Dallara-Ford 50 Caixa de cambios 25
Ret 36   JJ Lehto Onyx-Ford 46 Motor 22
Ret 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 44 Freos 9
Ret 26   Philippe Alliot Ligier-Ford 34 Motor 17
Ret 4   Jean Alesi Tyrrell-Ford 26 Trompo 8
Ret 19   Alessandro Nannini Benetton-Ford 21 Trompo 4
Ret 5   Thierry Boutsen Williams-Renault 19 Colisión 6
Ret 25   Nicola Larini Ligier-Ford 18 Colisión 20
Ret 21   Emanuele Pirro Dallara-Ford 11 Colisión 19
Ret 9   Michele Alboreto Arrows-Ford 11 Colisión 14
Ret 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 0 Trompo 16
NSC 33   Roberto Moreno EuroBrun-Judd
NSc 15   Maurício Gugelmin Leyton House-Judd
NSC 24   Paolo Barilla Minardi-Ford
NSC 7   David Brabham Brabham-Judd
NSCP 17   Gabriele Tarquini AGS-Ford
NSCP 18   Yannick Dalmas AGS-Ford
NSCP 31   Bertrand Gachot Coloni-Subaru
NSCP 34   Claudio Langes EuroBrun-Judd
NSCP 39   Bruno Giacomelli Life
Fonte:[1]

Líderes por volta editar

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "1990 Canadian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1990
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1990
Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 1990
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1989
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1991