Gran Premio de Italia de 1992

O Gran Premio de Italia de 1992 (oficialmente Pioneer 63° Gran Premio d'Italia[1]) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 13 de setembro de 1992 en Monza. Foi a décimo terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1992.

Italia Gran Premio de Italia de 1992
Detalles da carreira
Carreira 13 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.
Trazado do circuíto de Monza
Trazado do circuíto de Monza
Data 13 de setembro 1992
Nome oficial LXIII Coca-Cola Gran Premio d'Italia
Localización Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´800 km
Distancia 53 voltas, 307´400 km
ClimaAsollado, cálido
Pole position
Piloto Nigel Mansell Williams-Renault
Tempo 1:22.221
Volta rápida
Piloto Nigel Mansell Williams-Renault
Tempo 1:26.119 na volta 39
Podio
Primeiro Ayrton Senna McLaren-Honda
Segundo Martin Brundle Benetton-Ford
Terceiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford

A carreira de 53 voltas gañouna por Ayrton Senna, pilotando un McLaren - Honda, despois de que comezase desde a segunda posición. Foi a terceira vitoria da tempada de Senna. Martin Brundle terminou segundo nun Benetton - Ford, co seu compañeiro Michael Schumacher en terceiro lugar.

Informe editar

Cualificación editar

Nigel Mansell obtivo a súa undécima pole position da tempada no seu Williams - Renault, con Ayrton Senna xunto a el na primeira fila no seu McLaren - Honda. Na terra natal de Ferrari, Jean Alesi quedou terceiro, por diante de Riccardo Patrese no segundo Williams. Gerhard Berger foi quinto no segundo McLaren, con Michael Schumacher sexto no Benetton. O top ten foi completado por Ivan Capelli no segundo Ferrari, Thierry Boutsen no Ligier, Martin Brundle no segundo Benetton e Bertrand Gachot no Larrousse.

Carreira editar

Berger tivo un problema e viuse obrigado a comezar a carreira desde o pit lane no auto de reposto.

Ao principio, Mansell tomou a vantaxe por diante de Senna, quen logrou manterse por diante de Alesi e Patrese e Capelli. Schumacher tivo un mal comezo seleccionando unha marcha equivocada e logo golpeou un Ligier desde atrás na primeira chicana. Tivo que entrar en boxes ao final da primeira volta. Patrese logrou adiantar a Alesi ao comezo da 2ª volta. As voltas iniciais viron a Berger e Schumacher recuperando moitas posicións desde a parte traseira da pista e adiantando a varios autos máis lentos.

Na fronte Mansell abriu unha brecha con Senna incapaz de igualar o seu ritmo. As posicións eran Mansell, Senna con Patrese botándose sobre el e logo os dous Ferraris de Alesi e Capelli. Martin Brundle logrou adiantar a Capelli e situouse na quinta posición. A volta 12 resultou desastrosa para o equipo Ferrari cos dous coches retirados, Alesi, que estaba no 4° lugar, debido a un problema mecánico e Capelli trompeando na Parabolica. Na volta 14 Patrese superou a Senna e colocouse segundo. Mentres tanto, Berger entrou en boxes a poñer pneumáticos novos e volveu baixar na clasificación da carreira. Na volta 17, Mansell estaba primeiro, a 10 segundos de Patrese, e logo a Senna a 2 segundos do segundo Williams. O cuarto lugar era de Brundle, a 28 segundos de Mansell e Boutsen e Herbert a máis de 40 segundos de Mansell. Na volta 18, Herbert retirouse do 6º posto cun problema no motor.

Na volta 20, Patrese apareceu repentinamente na cabeza mentres Mansell deixaba que o seu compañeiro tomase a dianteira. A orde era, Patrese seguido de cerca por Mansell e Senna en terceiro lugar. Schumacher superou a Boutsen e situouse no quinto lugar. As posicións na volta 27 eran: 1º Patrese, 2º Mansell, 3º Senna, 4º Brundle, 5º Schumacher e 6º Boutsen. Cando o trío líder dobrou aos autos máis lentos de Berger e Comas, Mansell continuou moi preto de Patrese e Senna fixo todo o posible para non perder o contacto cos dous Williams, de feito, achegouse a Mansell momentaneamente cando o Williams tivo que evitar a Comas en Roggia. Na volta 41, Mansell reduciu a velocidade nas curvas Ascari e chegou aos boxes cunha falla na caixa de cambios debido á perda de presión hidráulica e tivo que retirarse. A clasificación na volta 44 era: Patrese, Senna a 6 segundos, Brundle a 28 segundos, Schumacher a máis de 50 segundos, a continuación Berger e De Cesaris áa unha volta. Patrese liderou comodamente ata que a 6 voltas do final sufriu un problema hidráulico, o que lle obrigou a frear e conceder o liderado a Ayrton Senna. Nas últimas voltas da carreira, Senna permitiu que o seu compañeiro de equipo Berger se desdobrara. Patrese renqueou ata o final da carreira e terminou quinto.

Senna gañou a carreira no que resultou ser a súa última vitoria cun auto impulsado por Honda. Os outros lugares no podio foron para os dous Benettons de Brundle e Schumacher.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 5   Nigel Mansell Williams-Renault 1:22.586 1:22.221
2 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:22.822 1:24.122 +0.601
3 27   Jean Alesi Ferrari 1:22:976 1:23.333 +0.755
4 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:23.022 1:23.673 +0.801
5 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 1:23.997 1:23.112 +0.891
6 19   Michael Schumacher Benetton-Ford 1:24.143 1:23.629 +1.408
7 28   Ivan Capelli Ferrari 1:24.877 1:24.321 +2.100
8 25   Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:25.173 1:24.413 +2.192
9 20   Martin Brundle Benetton-Ford 1:24.551 1:25.253 +2.330
10 29   Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:25.173 1:24.654 +2.433
11 11   Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:25.106 1:24.807 +2.586
12 24   Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:25.575 1:24.912 +2.691
13 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 1:26.162 1:25.140 +2.919
14 21   JJ Lehto Dallara-Ferrari 1:25.951 1:25.145 +2.924
15 26   Érik Comas Ligier-Renault 1:25.178 1:25.270 +2.957
16 9   Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:25.234 1:26.237 +3.013
17 16   Karl Wendlinger March-Ilmor 1:26.667 1:25.343 +3.122
18 3   Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:25.354 1:26.008 +3.133
19 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:25.775 1:25.374 +3.153
20 15   Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:26.307 1:25.420 +3.199
21 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:25.502 1:25.425 +3.204
22 22   Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:25.528 1:25.563 +3.342
23 30   Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:27.018 1:26.174 +3.953
24 17   Emanuele Naspetti March-Ilmor 1:26.279 1:26.288 +4.058
25 14   Eric van de Poele Fondmetal-Ford 1:27.019 1:26.407 +4.186
26 33   Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:26.463 1:27.531 +4.242
27 23   Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 1:27.228 1:26.510 +4.289
28 32   Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:27.331 1:28.112 +5.110

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirda Grella Puntos
1 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 53 1:18:15.349 2 10
2 20   Martin Brundle Benetton-Ford 53 + 17.050 9 6
3 19   Michael Schumacher Benetton-Ford 53 + 24.373 6 4
4 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 53 + 1:25.490 5 3
5 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 53 + 1:33.158 4 2
6 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 52 + 1 volta 21 1
7 9   Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 52 + 1 volta 16
8 22   Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 52 + 1 volta 22
9 30   Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 50 Transmisión 23
10 16   Karl Wendlinger March-Ilmor 50 + 3 voltas 17
11 21   JJ Lehto Dallara-Ferrari 47 Motor 14
Ret 33   Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 46 Transmisión 26
Ret 5   Nigel Mansell Williams-Renault 41 Eléctrico 1
Ret 25   Thierry Boutsen Ligier-Renault 41 Acelerador 8
Ret 26   Érik Comas Ligier-Renault 35 Trompo 15
Ret 15   Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 30 Caixa de cambios 20
Ret 3   Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 26 Motor 18
Ret 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 18 Motor 13
Ret 17   Emanuele Naspetti March-Ilmor 17 Motor 24
Ret 27   Jean Alesi Ferrari 12 Sistema combustible 3
Ret 28   Ivan Capelli Ferrari 12 Eléctrico 7
Ret 24   Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 12 Motor 12
Ret 29   Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 11 Motor 10
Ret 11   Mika Häkkinen Lotus-Ford 5 Motor 11
Ret 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 2 Suspensión 19
Ret 14   Eric van de Poele Fondmetal-Ford 0 Embrague 25
NSC 23   Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini
NSC 32   Stefano Modena Jordan-Yamaha
Fonte:[2]

Notas editar

  • Foi a última carreira da tempada que contou con máis de 26 autos. Polo tanto, esta foi a última vez na tempada que houbo autos non cualificados/NSC.
  • Ao equipo de Andrea Moda negóuselle a entrada ao Gran Premio e foron expulsados do Campionato por desacreditar ao deporte.
  • O equipo Fondmetal retirouse do deporte logo desta carreira.
  • Nigel Mansell anunciou a súa retirada da Fórmula 1 na mañá da carreira, xa que os rumores decian que Williams xa asinara a Alain Prost para a próxima tempada e tamén coñeceuse o intento de asinar a Ayrton Senna. Enfurecido e ferido por isto, decidiu anunciar a súa retirada malia que minutos antes da conferencia de prensa dixéronlle que podería ser o compañeiro de Prost. Prost e Mansell tiveran unha difícil asociación en Ferrari na tempada 1990.

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en negra indica Campión do Mundo.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Motor Racing Programme Covers: 1992". The Programme Covers Project. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  2. "1992 Italian Grand Prix". formula1.com. Consultado o 8 de novembro de 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1992
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1991
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1993

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar