Gran Premio de Italia de 1984

O Gran Premio de Italia de 1984 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 9 de setembro de 1984. A carreira, que se disputou sobre 51 voltas, foi a décimo cuarta proba da tempada de 1984. A carreira foi o 54º Gran Premio de Italia.

Italia Gran Premio de Italia de 1984
Detalles da carreira
Carreira 14 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984.
Trazado do circuíto de Monza
Trazado do circuíto de Monza
Data 9 de setembro 1984
Nome oficial LIV Gran Premio d'Italia
Localización Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´800 km
Distancia 51 voltas, 295´800 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Nelson Piquet Brabham-BMW
Tempo 1:26.584
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda McLaren-TAG
Tempo 1:31.912 na volta 42
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda McLaren-TAG
Segundo Italia Michele Alboreto Ferrari
Terceiro Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo

Niki Lauda gañou no seu McLaren - TAG, aumentando a súa vantaxe no campionato sobre o seu compañeiro de equipo Alain Prost (cuxo motor TAG rebentou na volta 3) a 10´5 puntos. Michele Alboreto e Riccardo Patrese deu a multitude partidaria do italiano algo que celebrar ao lograr en casa cos seus Ferrari e Alfa Romeo o segundo e terceiro lugar respectivamente.

O sueco Stefan Johansson terminou cuarto no seu Toleman - Hart, mentres que os austríacos Jo Gartner (Osella - Alfa Romeo) e Gerhard Berger (ATS - BMW) terminaron quinto e sexto, respectivamente, aínda que como os seus equipos só presentaran un coche para a tempada e ambos participaban en segundos coches na carreira, nin Gartner ou Berger anotaron puntos no campionato.

O terceiro posto de Patrese foi o último podio na Fórmula Un de Alfa Romeo, xa sexa como construtor ou como fornecedor de motores. O Gran Premio de Italia de 1984 foi a única carreira na historia de Fórmula Un en ter tres pilotos austríacos acabando nas seis primeiras posicións.

Antes da carreira, o piloto de Lotus Elio de Angelis era o único piloto capaz de disputar matematicamente o campionato de pilotos a Lauda ou Prost. As súas posibilidades de converterse no primeiro campión do mundo italiano desde Alberto Ascari en 1953 evaporáronse cando a caixa de cambios do seu Lotus - Renault rompeuse na volta 14 quedándoo, como Prost, retirado da carreira.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8   Niki Lauda McLaren-TAG 51 1:20:29.065 4 9
2 27   Michele Alboreto Ferrari 51 + 24.249 11 6
3 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 50 + 1 volta 9 4
4 19   Stefan Johansson Toleman-Hart 49 + 2 voltas 17 3
5 30   Jo Gartner Osella-Alfa Romeo 49 + 2 voltas 24 0[1]
6 31   Gerhard Berger ATS-BMW 49 + 2 voltas 20 0[1]
7 24   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 48 Sen combustible 22
8 21   Huub Rothengatter Spirit-Hart 48 + 3 voltas 25
9 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 45 Sen combustible 10
10 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 45 + 6 voltas 19
Ret 15   Patrick Tambay Renault 43 Acelerador 8
Ret 2   Teo Fabi Brabham-BMW 43 Motor 5
Ret 17   Marc Surer Arrows-BMW 43 Motor 15
Ret 16   Derek Warwick Renault 31 Presión aceite 12
Ret 10   Jonathan Palmer RAM-Hart 20 Presión aceite 26
Ret 1   Nelson Piquet Brabham-BMW 15 Motor 1
Ret 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 14 Caixa de cambios 3
Ret 12   Nigel Mansell Lotus-Renault 13 Trompo 7
Ret 5   Jacques Laffite Williams-Honda 10 Turbo 13
Ret 6   Keke Rosberg Williams-Honda 8 Turbo 6
Ret 26   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 7 Motor 16
Ret 25   François Hesnault Ligier-Renault 7 Trompo 18
Ret 9   Philippe Alliot RAM-Hart 6 Eléctrico 23
Ret 28   René Arnoux Ferrari 5 Cixa de cambios 14
Ret 7   Alain Prost McLaren-TAG 3 Motor 2
NTS 14   Manfred Winkelhock ATS-BMW 0 Non arrincou 21
NSC 20   Pierluigi Martini Toleman-Hart

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1984
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1984
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1983
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1985

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Nin Gartner nin Berger podían lograr puntos no campionato, xa que pilotaban o "segundo coche" dos seus equipos e como o equipo só presentara un coche para todo o campionato, o segundo coche non podía puntuar.

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar