Gran Premio de Italia

O Gran Premio de Italia é un dos máis antigos eventos no calendario da Fórmula 1. O Gran Premio de Italia foi tamén unha das carreiras da primeira edición do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, e celebrouse cada ano desde entón. A única outra carreira do campionato que se celebrou tódolos anos é o Gran Premio do Reino Unido, e as únicas outras carreiras de F1 inaugurais que aínda están no calendario son o Gran Premio de Mónaco e o Gran Premio de Bélxica. Todos os grandes premios de Italia de Fórmula Un desde 1950 celebráronse en Monza (agás en 1980, cando se celebrou en Imola). O Gran Premio de Italia contaba para a Eurocopa 1935-38. Foi designado como Gran Premio de Europa sete veces entre 1923 e 1967, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de grand prix en Europa.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Italia
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444Coordenadas: 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude5,793 km Editar o valor em Wikidata
PaísItalia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1921 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialmonzanet.it… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Orixes editar

O automobilismo sempre foi moi popular en Italia, o primeiro Gran Premio de automobilismo italiano tivo lugar o 4 de setembro de 1921 nun circuíto de 17´3 km preto de Brescia. Con todo, a carreira está máis estreitamente asociada coa pista de Monza, un centro de carreiras nos arredores da norteña cidade de Milán, que foi construído en 1922 a tempo para a carreira dese ano, e foi a sede da maioría das carreiras a través dos anos.

O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas proximidades de Monza, en Italia, ao norte de Milán. O circuíto é recoñecido por acolle-lo Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe de trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. O récord actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto se bateu a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372´6 km/h, durante os adestramentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.

O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5.793 km usado para os Grandes Premios, a pista Júnior que se estende ao longo de 2.405 km, e un circuíto peraltado de velocidade de 4´25 km (Tamén coñecido como o Anel da Velocidade). Entre as principais curvas do autódromo poden salientarse a Curva di Lesmo, a Curva Parabólica e a Variante Ascari.

A pista orixinal foi construída entre os meses de maio e xullo de 1922 por 3500 obreiros, coa financiamento do Milan Automobile Club, que creou a Società Incremento Automobilismo e Sport (SISA) para poder desenvolve-lo autódromo. Inicialmente, utilizouse un terreo de 3´4 km² cunha pista de 10 km de extensión, que se compoñía por unha sección de circunvalación de 4´5 km e outra de 5´5 km transitando rutas. A pista foi inaugurada oficialmente o 3 de setembro de 1922, e 7 días despois foi sede do segundo Gran Premio de Italia.

En 1928, o Gran Premio viuse embazado polo accidente máis grave do deporte automotor italiano, perdéndose a vida do piloto Emilio Materassi e 27 espectadores. Debido a isto, os seguintes Grandes Premios víronse confinados a sección do óvalo de velocidade ata 1932. Novamente ocorreron tres mortes en 1933, tralo cal o trazado foi modificado co agregado de dúas chicanes e a desaparición das rectas máis longas.

Entre os anos 1938 e [1939] realizáronse grandes refaccións, incluíndo a construción de novas tribunas e entradas, o reasfaltado da pista e a creación de dúas novas curvas. O trazado resultante, cunha extensión de 6´3 km, foi utilizado ata 1954.

Debido a guerra, as carreiras foron suspendidas ata 1948 e gran parte da pista viuse deteriorada pola falta de mantemento. Realizouse unha renovación durante dous meses, o cal permitiu que se disputase un Gran Premio o 17 de outubro. En 1955 modernizouse o trazado na súa totalidade, quedando o circuíto cun percorrido de 5´75 km e unha sección de 4´25 km de alta velocidade con curvas peraltadas.

Os Grandes Premios de 1955, 1956, 1960 e 1961 realizáronse en Monza, pero a traxedia volvería facerse presente neste último caso, coa morte nun accidente de Wolfgang von Trips e 11 espectadores. Isto fixo que se agregasen novas barreiras de seguridade, e que a zona de reaprovisionamiento de combustible se distanciase da pista aínda máis. As áreas de escape incorporaronse nas curvas en 1965 tras un accidente na carreira dos 1000 km, pero o trazado da pista non se volvería a modificar ata o ano seguinte, co agregado de chicáns na zona de curvas peraltadas.

Desde 1966, o circuíto acolleu carreiras de automóbiles e tamén de motocicletas, pero en ambos casos as altas velocidades que se alcanzaban levaron ao agregado de novas chicáns cara a 1972. As motocicletas, non obstante, continuaron utilizando o circuíto rápido, ata que 5 mortes en dúas carreiras da tempada de 1973 forzaron a ausencia de dita proba ata 1981. As chicáns de 1972 resultaron ser moi ineficaces na redución de velocidades, ata o punto de que unha delas foi redeseñada en 1974, a outra en 1976, e unha terceira foi engadida nese mesmo ano, levando a extensión do trazado a 5´8 km.

As novas tecnoloxías permitiron acadar novamente altas velocidades, polo cal a pista debeu ser modificada substancialmente en 1979, co agregado de pianitos, zonas de escape e barreiras de cubertas. A infraestrutura foi mellorada en xeral, e realizáronse traballos adicionais sobre a seguridade do circuíto, todo o cal permitiu a volta do campionato mundial do motociclismo en 1981. Durante os 80, redeseñaronse os paddocks, boxes e tribunas.

Nos 90 os tres curvóns principais foron "apretados" para reducir velocidades, o cal levou a extensión do trazado a 5,77 km. No ano 1997, as tribunas modificáronse para levar a súa capacidade a 51000 espectadores.

Existe unha gran incerteza sobre o feito de que Monza continúe como sede da carreira a partir de 2016. O Autódromo Enzo e Dino Ferrari, coñecido coloquialmente como Imola asinou un acordo con Bernie Ecclestone para albergar o Gran Premio a partir de 2017. Con todo, o acordo debe ser ratificado pola federación italiana de automobilismo para que o evento teña lugar.[1] O circuíto de Imola aloxou previamente o Gran Premio de Italia en 1980 e a Gran Premio de San Marino de 1981 a 2006.[2]

Un total de doce pilotos italianos gañaron o Gran Premio de Italia, dez antes da segunda guerra mundial e tres cando formaba parte do campionato mundial de Fórmula Un. Alberto Ascari gañou a carreira tres veces (unha vez antes da Fórmula Un e dúas veces durante o campionato de Fórmula Un). Elio de Angelis e Riccardo Patrese gañaron o Gran Premio de San Marino en 1985 e 1990, que non se celebraron no pequeno país, senón en Imola preto de Boloña en Italia. Michael Schumacher gañouno 5 veces e Nelson Piquet gañou 4 veces. Ferrari gañou o seu Gran Premio de casa 19 veces.

Patrocinadores editar

  • 1988–1991: Coca-Cola Gran Premio d'Italia
  • 1992–1996: Pioneer Gran Premio d'Italia
  • 1997–2001: Gran Premio Campari d'Italia
  • 2002–2006: Gran Premio Vodafone d'Italia
  • 2007–2012: Gran Premio Santander d'Italia
  • 2016–presente: Gran Premio Heineken d'Italia[3]

Gañadores do Gran Premio de Italia editar

Gañadores múltiples (pilotos) editar

  • Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
  • Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Nº de vitorias Piloto Anos
5   Michael Schumacher 1996, 1998, 2000, 2003, 2006
  Lewis Hamilton 2012, 2014, 2015, 2017, 2018
4   Nelson Piquet 1980, 1983, 1986, 1987
3   Tazio Nuvolari 1931, 1932, 1938
  Alberto Ascari 1949, 1951, 1952
  Juan Manuel Fangio 1953, 1954, 1955
  Stirling Moss 1956, 1957, 1959
  Ronnie Peterson 1973, 1974, 1976
  Alain Prost 1981, 1985, 1989
  Rubens Barrichello 2002, 2004, 2009
  Sebastian Vettel 2008, 2011, 2013
2   Luigi Fagioli 1933, 1934
  Rudolf Caracciola 1934,  1937
  Phil Hill 1960, 1961
  John Surtees 1964, 1967
  Jackie Stewart 1965, 1969
  Clay Regazzoni 1970, 1975
  Niki Lauda 1978, 1984
  Ayrton Senna 1990, 1992
  Damon Hill 1993, 1994
  Juan Pablo Montoya 2001, 2005
  Fernando Alonso 2007, 2010
  Max Verstappen 2022, 2023

Gañadores múltiples (escudarías) editar

  • Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
  • Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Nº de vitorias Construtor Anos
20   Ferrari 1949, 1951, 1952, 1960, 1961, 1964, 1966, 1970, 1975, 1979, 1988, 1996, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2006, 2010, 2019
11   McLaren 1968, 1984, 1985, 1989, 1990, 1992, 1997, 2005, 2007, 2012, 2021
9   Mercedes 1934, 1937, 1954, 1955, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018
8   Alfa Romeo 1924, 1925, 1931, 1932, 1933, 1947, 1948, 1950
6   Williams 1986, 1987, 1991, 1993, 1994, 2001
5   Lotus 1963, 1972, 1973, 1974, 1977
4   Red Bull Racing 2011, 2013, 2022, 2023
3   Auto Union 1935, 1936, 1938
  Brabham 1978, 1980, 1983
  British Racing Motors 1962, 1965, 1971
2   Fiat 1922, 1923
  Bugatti 1926, 1928
  Maserati 1953, 1956
  Vanwall 1957, 1958
  Renault 1981, 1982

Ano por ano editar

 
Imola usado en 1980
 
Monza (con algunhas modificacións) de 1976 a 1999
 
Monza (coa modificación da Variante Ascari) de 1972 a 1975
 
Monza usado de 1957 a 1959 e de 1962 a 1971
 
Circuíto combinado de Monza, usado en 1955-1956 e 1960-1961
 
Monza usado de 1950 a 1954
 
Mapa cas localizacións dos Gran Premios de Italia.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
  • Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Ano Piloto Construtor Localización Resultados
2023   Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Monza Resultados
2022   Max Verstappen Red Bull-RBPT Resultados
2021   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes Resultados
2020   Pierre Gasly AlphaTauri-Honda Resultados
2019   Charles Leclerc Ferrari Resultados
2018   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2017   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2016   Nico Rosberg Mercedes Resultados
2015   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2014   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2013   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2012   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2011   Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2010   Fernando Alonso Ferrari Resultados
2009   Rubens Barrichello Brawn-Mercedes Resultados
2008   Sebastian Vettel Toro Rosso-Ferrari Resultados
2007   Fernando Alonso McLaren-Mercedes Resultados
2006   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2005   Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados
2004   Rubens Barrichello Ferrari Resultados
2003   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2002   Rubens Barrichello Ferrari Resultados
2001   Juan Pablo Montoya Williams-BMW Resultados
2000   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1999   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda Resultados
1998   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1997   David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados
1996   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1995   Johnny Herbert Benetton-Renault Resultados
1994   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1993   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1992   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1991   Nigel Mansell Williams-Renault Resultados
1990   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1989   Alain Prost McLaren-Honda Resultados
1988   Gerhard Berger Ferrari Resultados
1987   Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1986   Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1985   Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1984   Niki Lauda McLaren-TAG Resultados
1983   Nelson Piquet Brabham-BMW Resultados
1982   René Arnoux Renault Resultados
1981   Alain Prost Renault Resultados
1980   Nelson Piquet Brabham-Ford Imola Resultados
1979   Jody Scheckter Ferrari Monza Resultados
1978   Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo Resultados
1977   Mario Andretti Lotus-Ford Resultados
1976   Ronnie Peterson March-Ford Resultados
1975   Clay Regazzoni Ferrari Resultados
1974   Ronnie Peterson Lotus-Ford Resultados
1973   Ronnie Peterson Lotus-Ford Resultados
1972   Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Resultados
1971   Peter Gethin BRM Resultados
1970   Clay Regazzoni Ferrari Resultados
1969   Jackie Stewart Matra-Ford Resultados
1968   Denny Hulme McLaren-Ford Resultados
1967   John Surtees Honda Resultados
1966   Ludovico Scarfiotti Ferrari Resultados
1965   Jackie Stewart BRM Resultados
1964   John Surtees Ferrari Resultados
1963   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1962   Graham Hill BRM Resultados
1961   Phil Hill Ferrari Circuíto combinado de Monza Resultados
1960   Phil Hill Ferrari Resultados
1959   Stirling Moss Cooper-Climax Monza Road Circuit Resultados
1958   Tony Brooks Vanwall Resultados
1957   Stirling Moss Vanwall Resultados
1956   Stirling Moss Maserati Circuíto combinado de Monza Resultados
1955   Juan Manuel Fangio Mercedes Resultados
1954   Juan Manuel Fangio Mercedes Monza Resultados
1953   Juan Manuel Fangio Maserati Resultados
1952   Alberto Ascari Ferrari Resultados
1951   Alberto Ascari Ferrari Resultados
1950   Giuseppe Farina Alfa Romeo Resultados
1949   Alberto Ascari Ferrari Monza Resultados
1948   Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Valentino Park Resultados
1947   Carlo Felice Trossi Alfa Romeo Milán Resultados
1946
-
1939
Non celebráronse
1938   Tazio Nuvolari Auto Union Monza Florio Circuit Resultados
1937   Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Livorno Resultados
1936   Bernd Rosemeyer Auto Union Monza Florio Circuit Resultados
1935   Hans Stuck Auto Union Resultados
1934   Luigi Fagioli
  Rudolf Caracciola
Mercedes-Benz Monza Florio Circuit Resultados
1933   Luigi Fagioli Alfa Romeo Monza Full Circuit Resultados
1932   Tazio Nuvolari Alfa Romeo Monza Full Circuit Resultados
1931   Giuseppe Campari
  Tazio Nuvolari
Alfa Romeo Resultados
1930 Non celebrouse
1929 Non celebrouse
1928   Louis Chiron Bugatti Monza Full Circuit Resultados
1927   Robert Benoist Delage Resultados
1926   Louis Charavel Bugatti Resultados
1925   Gastone Brilli-Peri Alfa Romeo Resultados
1924   Antonio Ascari Alfa Romeo Resultados
1923   Carlo Salamano Fiat Resultados
1922   Pietro Bordino Fiat Resultados
1921   Jules Goux Ballot Brescia Resultados

Notas editar

  1. Parkes, Ian (19 de xullo de 2016). "Monza set to keep Italian GP despite Imola getting F1 race contract". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 20 de xullo de 2016. 
  2. "San Marino loses Grand Prix race". BBC Sport. 29 de agosto de 2006. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  3. "Heineken announces global partnership with Formula One Management". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 9 de xuño de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar