Gran Premio de Europa de 1999

O Gran Premio de Europa de 1999 (oficialmente o Gran Premio de Europa Warsteiner[1]) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 26 de setembro de 1999 no circuíto de Nürburgring en Nürburg, Alemaña. Foi a décimo cuarta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999. A carreira de 66 voltas gañouna Johnny Herbert, pilotando un Stewart - Ford, xunto con Jarno Trulli nun Prost - Peugeot e o compañeiro de equipo de Herbert Rubens Barrichello terceiro.

Unión Europea Gran Premio de Europa de 1999
Detalles da carreira
Carreira 14 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999.
Trazado do circuíto de Nürburgring
Trazado do circuíto de Nürburgring
Data 26 de setembro 1999
Nome oficial Warsteiner Gran Premio de Europa
Localización Nürburgring
Nürburg, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´556 km
Distancia 66 das 67 programadas voltas, 300´696 dos 305´252 programados km
ClimaChuvia/seco
Pole position
Piloto Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda
Tempo 1:19.910
Volta rápida
Piloto Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Tempo 1:21.282 na volta 64
Podio
Primeiro Johnny Herbert Stewart-Ford
Segundo Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot
Terceiro Rubens Barrichello Stewart-Ford

Foi considerada unha das carreiras máis impactantes e emocionantes da tempada de 1999. Entrando na carreira Mika Häkkinen, Eddie Irvine, Heinz-Harald Frentzen e David Coulthard tiñan opcións a gañar o Campionato do Mundo. Häkkinen e Irvine empataban a puntos, con Frentzen a 10 puntos detrás deles e Coulthard dous puntos máis atrás. Na rolda anterior no Gran Premio de Italia de 1999, Häkkinen fixera un erro non forzado mentres lideraba, Coulthard e Irvine acabaron só 5º e 6º e Frentzen logrou a súa segunda vitoria na tempada.

Na carreira, cun gran número de retirados viu a Marc Gené ocupar o sexto lugar co equipo de Minardi, os seus primeiros puntos desde o de Pedro Lamy no Gran Premio de Australia de 1995. Os coches Stewart foron primeiro e terceiro, con Jarno Trulli de Prost terminando segundo. Como consecuencia da carreira, Häkkinen alzouse ao liderado, dous puntos por diante de Irvine, con Frentzen a doce detrás. Na lista do Campionato do Mundo Construtores de Fórmula Un, McLaren ampliou o seu liderado a doce puntos sobre Ferrari.

Esta sería a última vez ata o Gran Premio de Australia de 2003 que ningún Ferrari acadou podio.

Informe editar

Antecedentes editar

Chegando á carreira, o piloto de McLaren, Mika Häkkinen, e o piloto da Scuderia Ferrari, Eddie Irvine, estaban empatados no liderado do Campionato Mundial de Pilotos con 60 puntos cada un. O piloto Heinz-Harald Frentzen de Jordan era terceiro con 50 puntos, seguido polo compañeiro de Häkkinen David Coulthard con 48. Na lista dos Campionato de Construtores, McLaren lideraba sobre Ferrari por seis puntos, 108 a 102, con Jordan terceiro con 57.

Práctica e cualificación editar

Dúas sesións de prácticas realizáronse antes da carreira do domingo, unha o venres de 11:00 a 14:00 hora local, e unha segunda o sábado pola mañá entre as 09:00 e as 11:00. A primeira sesión práctica tivo lugar en condicións secas. A temperatura ambiente era de 19 °C e a temperatura da pista era de 25 °C durante un período de duración dunha hora.[2]

A sesión de cualificación da tarde do sábado realizouse de 13:00 a 14:00 hora local. Cada piloto estaba limitado a doce voltas coa introdución da regra do 107% para excluír aos pilotos lentos de competir na carreira do domingo. A sesión celebrouse nunha pista mollada, resultado das choivas previas con chubascos illados unhas horas antes de clasificarse. A temperatura ambiente variaba entre 14º e 15 °C, mentres que a temperatura da pista variaba entre 15º e 18 °C.[3] Frentzen logrou a segunda pole position da súa carreira, no seu Jordan 199, cun tempo de 1 19.910. Aínda que estaba insatisfeito cos problemas anteriores que atoparon na configuración ideal durante a práctica, dixo que se sentía fantástico de estar na pole position, el cría que podería ter feito unha volta máis rápida, xa que levaba combustible para cinco voltas.[4] Frentzen compartíu a primeira fila con Coulthard que foi dúas décimas de segundo máis lento.

Carreira editar

No día da carreira a pista estaba seca, pero o inicio atrasouse cando Alessandro Zanardi e Marc Gené se aliñaron fóra da cuadrícula e necesitaron outra volta de formación. Cando se abortou a saída durante a secuencia de luces de inicio, os cinco mellores cualificados e outro coche realmente saltaron o comezo pero non foron sancionados debido ao aborto do inicio. Cando a carreira finalmente comezou, Frentzen liderou diante de Häkkinen, pero máis atrás houbo problemas na primeira curva. O Jordan de Hill sufriu un fallo eléctrico no medio do paquete o que fixo que Wurz trantando de esquivalo golpease o Sauber de Diniz, provocándolle unha volta de capitón. O Sauber rompeu a barra antienvorco pero aínda así Diniz saíu ileso. Despregouse o coche de seguridade Diniz era auxiliado, deixando a pista despois de seis voltas.

No reinicio, Frentzen continuaba líder, seguido de Häkkinen, Coulthard, Ralf Schumacher, Fisichella e Irvine. Na volta 17, Irvine pasou a Fisichella despois de meter presión ao italiano para que se abrise na curva 8. Só uns momentos despois a choiva comezou a caer e Ralf Schumacher aproveitou a pista mollada para pasar a Coulthard. ao fin da volta 20 Häkkinen entrou en boxes para montar pneumáticos de chuvia, o que resultou ser prematuro, xa que a choiva cesou rapidamente e a pista secou. Na seguinte volta Irvine entrou en boxes para cambiar pneumáticos de seco, pero a parada durou 28 segundos cos mecánicos da parte traseira dereita aparentemente confundidos durante o cambio de última hora na elección dos pneumáticos. O compañeiro de equipo Salo danara a súa á na volta anterior deixando os boxes de Ferrari sen preparación para Irvine. Na volta 24, Häkkinen, con pneumáticos de mollado, corría uns sete segundos máis lento que os líderes e foi superado por Irvine na liña de meta, caendo na décimo terceira posición. Pouco despois, cos seus pneumáticos claramente sobrequentados, Häkkinen volveu a entrar para cambiar a pneumáticos secos xusto diante de Fisichella, que en realidade era unha volta completa por diante do líder do campionato.

Ralf Schumacher entrou a boxes cando marchaba na segunda posición ao final da volta 27 na súa primeira parada programada deixando a Frentzen e Coulthard loitando á fronte seguidos por Fisichella doce segundos por detrás dos líderes no terceiro lugar. Ao final da volta 32, tanto Frentzen como Coulthard fixeron as súas primeiras paradas programadas, os mecánicos de Jordan e McLaren fixeron o cambio en 7 segundos, impecablemente e os dous volvían comodamente por diante de Schumacher. Neste punto da carreira tanto Irvine como Häkkinen estaban fóra dos puntos, o que significa que se a orde se mantivese igual, Frentzen, Irvine e Häkkinen estarían empatados a puntos no liderado a falta de dúas carreiras, con Coulthard seis puntos detrás deles.

O que seguiu foi unha serie de retiradas. O primeiro en caer foi Frentzen, que se detivo na primeira curva despois do seu pitstop co mesmo problema eléctrico que tivera o seu compañeiro de equipo. Coulthard herdou o liderado e mantívose afastado ata que regresou a chuvia. O escocés optou por permanecer fóra cos pneumáticos de seco mentres que a maioría entraba a cambiar pneumáticos, o que acabou sendo un custoso erro, cando se saíu da pista e abandonou a carreira na 38ª volta a medida que empeoraban as condicións. Nun puñado de voltas dous contendentes do campionato viron as súas esperanzas de gañar o título quedar polo camiño. Ralf (aínda con pneumáticos de seco) herdou o liderado que mantivo ata o seu pitstop seis voltas máis tarde. Isto permitiu a Fisichella (tamén con pneumáticos de seco) poñerse á cabeza con Ralf segundo, cando a choiva parou. Mentres tanto, Herbert escalara posicións silenciosamente logo de cambiar a pneumáticos de chuvia xusto no momento adecuado.

A angustia alcanzou novos niveis. Na volta 49, Fisichella trompeou cando era líder como Coulthard antes que el, devolvéndolle o liderado a Ralf. Pero entón Ralf tamén perdeu o liderado (e probable a primeira vitoria) cando picou o seu pneumático traseiro dereito, permitindo a Herbert acadar o liderado que xa non abandonaría. Máis atrás, os Minardis aproveitaron o imprevisíbel carácter da carreira con Badoer cuarto e Gené sétimo. Pero a tan só 13 voltas do final, a caixa de cambios de Badoer fallou, negando ao piloto de probas de Ferrari os seus primeiros puntos na Fórmula 1 e deixándoo chorando desconsoladamente. Gené ascendeu á sexta posición, que se converteu na quinta cando o coche de Jacques Villeneuve fallou, roubando ao equipo de BAR unha oportunidade de conseguir o seu primeiro punto. Detrás del, Irvine e Häkkinen loitaran novamente para entrar nos puntos, con Irvine na sexta posición por diante de Häkkinen. Despois de marchar tranquilo durante a maior parte da carreira, Häkkinen volveu meter presión e, finalmente, forzou a Irvine a cometer un erro e ocupou o sexto lugar. Na fronte, Barrichello intentou todo para pasar a Trulli e facer o segundo dobrete de Stewart, pero finalmente tivo que conformarse co 3º posto. Mentres tanto, Häkkinen colleu e pasou a Gené polo 5º posto para gañar 2 puntos inestimables, pero o español quedou sexto diante de Irvine para dar a Minardi o seu primeiro punto en catro tempadas.

Poscarreira editar

Foi a única carreira que gañou o equipo Stewart Grand Prix, ademais de ser a única vez que Stewart terminou con dous pilotos no podio. Foi tamén a última vitoria nun Gran Premio para Johnny Herbert e o último podio para Prost Grand Prix. Jackie Stewart considerou a carreira máis grande que calquera das súas propias carreiras. Esta foi a última vez que os dous Ferrari non conseguiron marcar ata o Gran Premio do Brasil de 2003.

A actuación de Marc Gené, ao terminar na sexta posición por diante do competidor do campionato Irvine, é considerada por moitos como o factor decisivo no Campionato de Pilotos, pois se adoita crer que se Irvine pasase a Gené polo sexto posto, tería o punto extra para gañar o título (con Schumacher deixando que Irvine o pasase durante a carreira do Xapón).

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Pilto Construtor volta diferenza
1 8   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:19.910
2 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:20.176 +0.266
3 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:20.376 +0.466
4 6   Ralf Schumacher Williams-Supertec 1:20.444 +0.534
5 18   Olivier Panis Prost-Peugeot 1:20.638 +0.728
6 9   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:20.781 +0.871
7 7   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:20.818 +0.908
8 22   Jacques Villeneuve BAR-Supertec 1:20.825 +0.915
9 4   Eddie Irvine Ferrari 1:20.842 +0.932
10 19   Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:20.965 +1.055
11 10   Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:21.144 +1.234
12 3   Mika Salo Ferrari 1:21.314 +1.404
13 12   Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:21.345 +1.435
14 17   Johnny Herbert Stewart-Ford 1:21.379 +1.469
15 16   Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:21.490 +1.580
16 11   Jean Alesi Sauber-Petronas 1:21.634 +1.724
17 23   Ricardo Zonta BAR-Supertec 1:22.267 +2.357
18 5   Alessandro Zanardi Williams-Supertec 1:22.284 +2.374
19 20   Luca Badoer Minardi-Ford 1:22.631 +2.721
20 21   Marc Gené Minardi-Ford 1:22.760 +2.850
21 15   Toranosuke Takagi Arrows 1:23.401 +3.491
22 14   Pedro de la Rosa Arrows 1:23.698 +3.788

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 17   Johnny Herbert Stewart-Ford 66 1:41:54.314 14 10
2 19   Jarno Trulli Prost-Peugeot 66 + 22.619 10 6
3 16   Rubens Barrichello Stewart-Ford 66 + 22.866 15 4
4 6   Ralf Schumacher Williams-Supertec 66 + 39.508 4 3
5 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 66 + 1:02.950 3 2
6 21   Marc Gené Minardi-Ford 66 + 1:05.154 20 1
7 4   Eddie Irvine Ferrari 66 + 1:06.683 9
8 23   Ricardo Zonta BAR-Supertec 65 + 1 volta 17
9 18   Olivier Panis Prost-Peugeot 65 + 1 volta 5
10 22   Jacques Villeneuve BAR-Supertec 61 embrague 8
Ret 20   Luca Badoer Minardi-Ford 53 Caixa de cambios 19
Ret 14   Pedro de la Rosa Arrows 52 Caixa de cambios 22
Ret 9   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 48 Trompo 6
Ret 3   Mika Salo Ferrari 44 Freos 12
Ret 15   Toranosuke Takagi Arrows 42 Accidente 21
Ret 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 37 Trompo 2
Ret 11   Jean Alesi Sauber-Petronas 35 Palier 16
Ret 8   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 32 Eléctrico 1
Ret 5   Alessandro Zanardi Williams-Supertec 10 Colisión 18
Ret 7   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 0 Eléctrico 7
Ret 10   Alexander Wurz Benetton-Playlife 0 Colisión 11
Ret 12   Pedro Diniz Sauber-Petronas 0 Colisión 13
fonte:[5]

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1999
Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 1999
Carreira anterior:
Gran Premio de Europa de 1997
Gran Premio de Europa Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 2000

Notas editar

  1. "Motor Racing Programme Covers: 1999". The Programme Covers Project. Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  2. "Johnny Herbert Website: Race News, European GP". The Johnny Herbert Website. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  3. "Frentzen on Pole". Gale Force F1. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2006. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  4. Lupini, Michele (25 de setembro de 1999). "Hometown Heinz Forces the Door Open". Atlas F1. 
  5. "1999 European Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar