Gran Premio de España de 2017

O Gran Premio de España de 2017 (oficialmente o Fórmula 1 Gran Premio de España Pirelli 2017) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 14 de maio de 2017 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 e o vixésimo sétimo en Cataluña.

España Gran Premio de España de 2017
Detalles da carreira
Carreira 5 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Cataluña.
Trazado do circuíto de Cataluña.
Data 14 de maio de 2017
Nome oficial Gran Premio de España Pirelli 2017
Localización Circuíto de Barcelona-Cataluña
Montmeló, España
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´655 km
Distancia 66 voltas, 307´104 km
ClimaSeco, asollado, 23 °C e 41 °C no asfalto, cunha humidade relativa do 43%. Vento 1,5 m/s.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:19.149
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:23.593 na volta 64
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull

Pneumáticos dispoñibles editar

Pneumáticos dispoñibles en Barcelona
Pneumáticos para pista seca Pneumáticos para chuvia
 
Brandos
 
Medios
 
Duros
 
Intermedios
 
Chuvia

Informe editar

Antecedentes editar

Cualificación editar

Q1

Sebastian Vettel acabara de cambiar o seu motor, entre o último adestramento libre e a clasificación, e aínda agradecía o rápido traballo cando seu enxeñeiro o mandou volver a boxes. Tras o susto e algunhas mudanzas nos comandos do coche, todo volveu a funcionar e o alemán anotou 1:20.939. A pesar de non ser un tempo de pole, foi suficiente para que o alemán pasara á Q2. Lewis Hamilton, no entanto, saíu a pista inmediatamente e logrou 1:20.511, terminando a Q1 no cume. Destaca o contraste entre os dous pilotos da STR. Mentres Sainz foi noveno, Kvyat terminou a Q1 en último lugar.

Eliminados: Marcus Ericsson (Sauber), Jolyon Palmer (Renault), Stoffel Vandoorne (McLaren), Lance Stroll (Williams) e Daniil Kvyat (Toro Rosso).

Q2

Bottas e Hamilton abandonaron os boxes cando ondeou a bandeira verde. Ao completar súas voltas rápidas, os pilotos ficaron separados por 0.090. Mais non pasou moito tempo antes de que Sebastian Vettel se metese entre o dúo, diante de Bottas por só 0.005. O que destacou na Q2 foi Fernando Alonso que, diante do seu público conseguiu pasar á Q3 por primeira vez o ano, facendo que os seareiros e o box de McLaren vibrasen de emoción. Grosjean unha vez máis non conseguiu trazar a última chicana e ficou fóra do Q3.

Eliminados: Kevin Magnussen (Haas), Carlos Sainz (Toro Rosso), Nico Hülkenberg (Renault), Romain Grosjean (Haas) e Pascal Wehrlein (Sauber).

Q3

Mercedes debeu premer o "botón máxico de potencia" para a clasificación, porque na primeira saída para o Q3 Hamilton masacrou a marca da pole, anotada por Mark Webber en 2010, e fixo 1m19s149. Sebatian Vettel aínda conseguiu reaccionar e acadar o segundo lugar a 0s051 de Lewis. Bottas ficou co terceiro posto a 0s124 do compañeiro, con Kimi a 0s290 do mellor tempo.

Carreira editar

Vettel tivo un comezo mellor que Hamilton e liderou na primeira curva. Entón un incidente con Bottas, Räikkönen e Verstappen significou que tanto Räikkönen como Verstappen retiráronse con danos na suspensión e Bottas quedou lixeiramente tocado. O incidente tamén fixo que Felipe Massa picara unha roda, á vez que obrigaba a Alonso a abandonar a pista, levándoos a terminar a carreira fóra dos puntos. Isto deixou os dez primeiros con Vettel, Hamilton, Bottas, Ricciardo, Pérez, Ocon, Hülkenberg, Magnussen, Sainz e Grosjean. Hamilton quedou con Vettel durante 14 voltas, cando Ferrari decidiu cubrirse cun undercut entrando en boses para montar pneumáticos brandos. Hamilton, pola súa banda, mantívose na pista durante 7 voltas máis e reincorporouse uns 7 segundos detrás de Vettel con pneumáticos medios. Vettel perdeu ao redor de 4 segundos con Hamilton tratando de superar a Bottas, que aínda non entrara a boxes, antes de completar un espectacular adiantamento a Bottas.

A falta de algo máis de 30 voltas, o McLaren de Vandoorne tocouse con Massa e retirouse con danos na suspensión, gañándose unha penalización na grella da seguinte carreira. O VSC apareceu para que o seu coche puidese ser retirado da pista e isto permitiu a Hamilton entrar en boxes para montar os pneumáticos brandos máis rápidos, sen perder moito tempo con Vettel debido á velocidade limitada. Entón Vettel foi chamado para entrar en boxes e montar os pneumáticos medios máis lentos, xusto cando terminaba o VSC, dando como resultado que Vettel saía do pitlane xunto a Hamilton. Tocáronse coas rodas e Hamilton viuse forzado a sairse da pista e caeu detrás de Vettel. Logo na volta 38, o Mercedes de Bottas sufriu un fallo de motor (do motor que utilizara para todas as carreiras anteriores) e isto promoviu a Ricciardo ao podio. Mentres tanto, Pascal Wehrlein que fixera unha única parada, usou o VSC ao seu favor e saíu dos boxes oitavo. Logo pasou ao 7º logo da retirada de Bottas. Con todo, recibiu unha penalización de cinco segundos por un erro ao entrar no pit lane.

Hamilton, con pneumáticos máis rápidos, logrou superar a Vettel para o liderado na recta na volta 44 e mantívose á cabeza para gañar a carreira, reducindo a vantaxe de Vettel no campionato a 6 puntos e aumentando a vantaxe de Mercedes no Campionato de Construtores a 8 puntos sobre Ferrari. Ricciardo terminou terceiro no seu primeiro podio da tempada e tomo o quinto lugar no Campionato. Malia as novas melloras, o seu Red Bull estaba 75 segundos por detrás de Hamilton, a maior distancia de toda a tempada, Ricciardo foi o único outro coche agás dos dous líderes en terminar na volta do líder. Os seguintes en cruzar a liña de meta foron os Force India de Pérez e Ocon. Logo, Nico Hülkenberg terminou no sexto posto co Renault, o seu mellor resultado desde o seu regreso ao deporte en 2016. Wehrlein cruzou a liña no 7º lugar, pero foi rebaixado ao oitavo pola súa penalización, aínda que logrando 4 valiosos puntos para o loitador equipo Sauber. O Toro Rosso de Carlos Sainz subiu ao sétimo lugar. Kvyat e Grosjean terminaron 9º e 10º respectivamente despois de que Kevin Magnussen, que corría no noveno lugar, sufrira unha picada lenta debido ao contacto con Kvyat e caeu a 14º lugar. Fernando Alonso terminou no posto 12, a primeira vez que terminou unha carreira na tempada, pero admitiu que lle faltaba o ritmo de carreira para ir a corde coa súa magnífica cualificación.[1]

Resultados editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
Final
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:20.511 1:20.210 1:19.149 1
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:20.939 1:20.295 1:19.200 2
3 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:20.991 1:20.300 1:19.373 3
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:20.742 1:20.621 1:19.439 4
5 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:21.430 1:20.722 1:19.706 5
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:21.704 1:20.855 1:20.175 6
7 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:22.015 1:21.251 1:21.048 7
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:21.998 1:21.239 1:21.070 8
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:22.138 1:21.222 1:21.232 9
10 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:21.901 1:21.148 1:21.272 10
11 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:21.945 1:21.329 11
12 55   Carlos Sainz Toro Rosso 1:21.941 1:21.371 12
13 27   Nico Hülkenberg Renault 1:22.091 1:21.397 13
14 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:21.822 1:21.517 14
15 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:22.327 1:21.803 15
16 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:22.332 16
17 30   Jolyon Palmer Renault 1:22.401 17
18 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1:22.411 18
19 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:22.532 20[2]
20 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 1:22.746 19
107% tempo límite: 1:26.660
Fonte:[3]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 66 1:35:56.497 1 25
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 66 +3.490 2 18
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 66 +1:15.820 6 15
4 11   Sergio Perez Force India-Mercedes 65 +1 volta 8 12
5 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 65 +1 volta 10 10
6 27   Nico Hülkenberg Renault 65 +1 volta 13 8
7 55   Carlos Sainz Toro Rosso 65 +1 volta 12 6
8 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 65 +1 volta[4] 15 4
9 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 65 +1 volta 19 2
10 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 65 +1 volta 14 1
11 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 64 +2 voltas 16
12 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 64 +2 voltas 7
13 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 64 +2 voltas 9
14 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 64 +2 voltas 11
15 30   Jolyon Palmer Renault 64 +2 voltas 17
16 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 64 +2 voltas 18
Ret 77   Valtteri Bottas Mercedes 38 Unidade de potencia 3
Ret 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 32 Colisión 20
Ret 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1 Danos por colisión 5
Ret 7   Kimi Räikkönen Ferrari 0 Danos por colisión 4
Fonte:[5]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Race – Hamilton beats Vettel in Spain to close title race". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  2. Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización de dez posicións polo uso de elementos adicionais da unidade de potencia.
  3. "Formula 1 Gran Premio de España Pirelli 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 13 de maio de 2017. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  4. Pascal Wehrlein recibiu unha penalización de 5 segundos por non manterse á dereita dos bolardos de entrada en boxes e baixou da 7ª á 8ª posición.
  5. "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-05-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Rusia de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2016
Gran Premio de España Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2018