Gran Premio de Bélxica de 2016

O Gran Premio de Bélxica de 2016, oficialmente 2016 Formula 1 Belgian Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula 1 que que se celebrou o 28 de agosto de 2016, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa, Bélxica. Foi a décimo terceira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 e o 72º Gran Premio de Bélxica.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 2016
Detalles da carreira
Carreira 13 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data 28 de agosto 2016
Nome oficial Gran Premio de Bélxica
Localización Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
7´004 km
Distancia 43 voltas, 301´048 km
ClimaAsollado, temperatura 26 °C, temperatura asfalto 36º, 60% de humidade
Pole position
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:46.744
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:51.583 na volta 41
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer
Terceiro Lewis Hamilton Mercedes

Informe editar

Antecedentes editar

Esteban Ocon fará a súa debut na Fórmula Un, en substitución de Rio Haryanto en MRT.[1] Hary quedou no equipo, ocupando o posto de probador e reserva.[2]

Tanto Honda como Mercedes introduciron melloras nas súas unidades de enerxía para a carreira, mentres que Sauber levou os seus primeiros cambios da tempada para o chasis C35.

Lewis Hamilton, Marcus Ericsson e Fernando Alonso recibiron penalizacións na grella, Hamilton recibiu quince posicións por usar o seu sexto turbocompresor e a unidade de motor asociada, mentres que Ericsson foi degradado dez lugares pola substitución do seu turbocompresor,[3] e Alonso trinta e cinco lugares por montar a sexta unidade de potencia completa. Hamilton recibiu unha segunda serie de sancións cando Mercedes montou un sétimo turbocompresor e MGU-H antes da segunda sesión de adestramentos libres,[4] Mercedes fixo deliberadamente as sancións, xa que tratou de almacenar novos compoñentes para o resto da tempada, considerando o Circuíto de Spa-Francorchamps un lugar onde o potencial para adiantar pode compensar as sancións.

Carreira editar

Na saída os dous Ferrari se tocaron na primeira curva, na segunda volta Max Verstappen entra a cambiar o aleron danado, Räikkönen entra a boxes con lume no Ferrari do finlandés. Pincha Carlos Sainz, quédase sen pneumático traseiro dereito, vaise fóra de pista. Na cuarta volta están fóra de carreira, Carlos Sainz (Toro Rosso), Jenson Button (McLaren) e Pascal Wehrlein (Manor). Na sexta volta Kevin Magnussen (Renault) bate contra as proteccións. O piloto sae ileso pero o golpe foi moi duro, bandeira amarela que beneficia a Hamilton e Alonso. Na oitava volta, lidera Rosberg, seguido de Ricciardo, Hülkenberg, Alonso cuarto, Hamilton, Massa, Pérez e Kvyat oitavo. Na décima volta sácase bandeira vermella, debido aos danos nas proteccións na zona do accidente Magnusen. A carreira reaniciase detrás do coche de seguridade na seguinte orde 1º Rosberg (Mercedes), 2º Ricciardo (Red Bull), 3º Hulkenberg (Force India), 4º Alonso (McLaren), 5º Hamilton (Mercedes), 6º Massa (Williams), 7º 'Checo' Pérez (Force India), 8º Kvyat (Toro Rosso), 9º Palmer (Renault), 10º Grosjean (Haas), 11º Vettel (Ferrari), 12º Bottas (Williams), 13º Gutiérrez (Haas), 14º Verstappen (Red Bull), 15º Ocon (Manor), 16º Nasr (Sauber), 17º Raikkonen (Ferrari). Quedaron fóra de carreira Magnussen (Renault), Ericsson (Sauber), Sainz (Toro Rosso), Button (McLaren) e Wehrlein (Manor). Na volta 12 Hamilton adianta a Alonso e Verstappen volve a tocarse con Räikkönen. Na volta 18 Hamilton adianta a Hülkenberg, o británico ponse terceiro, Alonso aguanta quinto. Na volta 22 Hamilton entra en boxes e na 24 sigueno Alonso, Vettel e Hülkenberg. Alonso e Hülkenberg tócanse ao volver a pista. Na volta 26 Ricciardo entra a boxes, Rosberg o imita na seguinte volta. Sergio Pérez e Felipe Massa tócanse na volta 29 cando o mexicano adiantaba ao brasileiro, o méxicano vaise por Alonso ao que adianta na volta 31. Na volta 33 Hamilton entra de novo a boxes, volve a pista en 4º lugar pero volve a superar a Hülkenberg, Vettel pasa a Alonso facilmente, que trata de aguantar na zona de puntos.

Na volta 36 a clasificación é a seguinte, Rosberg primeiro, seguido de Ricciardo, Hamilton, Hülkenberg, Pérez, Vettel, Alonso, Massa, Bottas e Räikkönen décimo, cerrando os puntos. Poucos cambio se produciron ata o final, Roberg gañou a carreira seguido de Ricciardo, Hamilton, Hülkenberg, Pérez, Vettel, Alonso, Bottas, Räikkönen décimo e Massa pechando os puntos.

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6   Nico Rosberg Mercedes 1:48.019 1:46.999 1:46.744 1
2 33   Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:48.407 1:47.163 1:46.893 2
3 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:47.912 1:47.664 1:46.910 3
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:47.802 1:47.944 1:47.108 4
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:48.407 1.48.027 1:47.216 5
6 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:48.106 1:47.485 1:47.407 6
7 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:48.080 1:47.317 1:47.543 7
8 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:48.655 1:47.918 1:47.612 8
9 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:48.700 1:48.051 1:48.114 9
10 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:47.738 1:47.667 1:48.263 10
11 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:48.751 1:48.316 11
12 20   Kevin Magnussen Renault 1:48.800 1:48.485 12
13 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:48.748 1:48.598 18[5]
14 30   Jolyon Palmer Renault 1:48.901 1:48.888 13
15 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:48.876 1:49.038 14
16 94   Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:48.554 1:49.320 15
17 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1.48.949 16
18 31   Esteban Ocon Manor-Mercedes 1:49.050 17
19 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:49.058 19
20 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:49.071 20[6]
21 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:50.033 21[7]
Tempo 107%: 1:55.279
22 14   Fernando Alonso McLaren-Honda Sen tempo 22[8]
Fonte:[9]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6   Nico Rosberg Mercedes 44 1:44:51.058 1 25
2 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 44 + 14.113 5 18
3 44   Lewis Hamilton Mercedes 44 + 27.634 21 15
4 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 44 + 35.907 7 12
5 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 44 + 40.660 6 10
6 5   Sebastian Vettel Ferrari 44 + 45.394 4 8
7 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 44 + 59.445 22 6
8 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 44 + 1:00.151 8 4
9 7   Kimi Räikkönen Ferrari 44 + 1:01.109 3 2
10 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 44 + 1:05.873 10 1
11 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 44 + 1:11.138 2
12 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 44 + 1:13.877 18
13 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 44 + 1:16.474 11
14 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 44 + 1:27.097 19
15 30   Jolyon Palmer Renault 44 + 1:33.165 13
16 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 43 + 1 volta 17
17 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 43 + 1 volta 16
Ret 20   Kevin Magnussen Renault 5 Accidente 12
Ret 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 3 Caixa de cambios 20
Ret 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1 Picada 14
Ret 22   Jenson Button McLaren-Honda 1 Danos por colisión 9
Ret 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 0 Colisión 15
Fonte:[10]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. Barretto, Lawrence (10 de agosto de 2016). "Manor F1 team replaces Rio Haryanto with Esteban Ocon". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  2. Freeman, Glenn (11 August 2016). "Rio Haryanto accepts Manor F1 reserve driver offer after losing seat". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 11 August 2016. 
  3. "Hamilton incurs 15-place Spa grid penalty". Speedcafe.com. Speedcafe. 26 de agosto de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  4. http://www.speedcafe.com/2016/08/27/verstappen-edges-ricciardo-in-spa-practice/
  5. Gutiérrez recibiu unha penalización de cinco posicións por obstaculizar a Pascal Wehrlein durante a última sesión de adestramentos do sábado.
  6. Marcus Ericsson foi penalizado con 10 posicións na grella polos cambios de elementos da unidade de potencia non programados.
  7. Lewis Hamilton recibiu unha penalización de 60 posicións logo de que Mercedes optara por substituír a varios elementos na súa unidade de alimentación e retirara un selo da súa caixa de cambios.
  8. Fernando Alonso recibiu unha penalización de 60 posicións despois de que McLaren optara por substituír a varios elementos na súa unidade de enerxía. Como Alonso non puido facer un tempo de cualificación, a súa participación na carreira foi a criterio dos comisarios de carreira
  9. "2016 Formula 1 Belgian Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 27 August 2016. Consultado o 29 August 2016. 
  10. "2016 Formula 1 Belgian Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 28 August 2016. Consultado o 29 August 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 2015
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 2017