Gran Premio de Bélxica de 1999


O Gran Premio de Bélxica de 1999 (oficialmente LVII Foster's Grand Prix de Belgique) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 29 de agosto de 1999 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a décimo segunda carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1999 da FIA, disputada sobre 44 voltas. A carreira foi gañada por David Coulthard para o equipo McLaren, saíndo no inicio da segunda posición. Mika Häkkinen terminou segundo no outro McLaren, e o terceiro Heinz-Harald Frentzen nun Jordan.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1999
Detalles da carreira
Carreira 12 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data 29 de agosto 1999
Nome oficial LVII Gran Premio de Bélxica
Localización Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6´968 km
Distancia 44 voltas, 306´592 km
ClimaSeco, parcialmente nubrado, suave
Pole position
Piloto Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Tempo 1:50.329
Volta rápida
Piloto Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Tempo 1:53.955 na volta 23
Podio
Primeiro David Coulthard McLaren-Mercedes
Segundo Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Terceiro Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda

O segundo lugar de Häkkinen levouno ao liderado do Campionato de Pilotos de Fórmula Un, superando a Eddie Irvine. Irvine era segundo, un punto por detrás de Häkkinen, mentres Coulthard foi o terceiro. Na lista do Campionato Mundial de Construtores de Fórmula Un, acadou o liderado, nove puntos por diante de Ferrari, con Jordan a máis de cincuenta e nove.

Informe editar

Antecedentes editar

O Gran Premio foi disputado por 22 pilotos, en once equipos de dous. Os equipos, tamén coñecidos como construtores, foron McLaren, Ferrari, [WilliamsF1 | Williams], Jordan , Benetton, Sauber, Arrows, Stewart, Prost, Minardi e BAR.

Antes da carreira, o piloto de Ferrari Eddie Irvine lideraba o Campionato de Pilotos de Fórmula 1 con 56 puntos. O piloto de McLaren Mika Häkkinen era segundo con 54 puntos. Detrás deles no Campionato de Pilotos, David Coulthard era terceiro con 36 puntos no outro McLaren, con Heinz-Harald Frentzen e Michael Schumacher con 36 e 32 puntos respectivamente. Na lista do Campionato de Construtores de Fórmula, Ferrari lideraba con 94 puntos e McLaren era segundo con 90 puntos, Jordan era terceiro con 42 puntos.

Despois do Gran Premio de Hungría de 1999 o 15 de agosto, os equipos realizaron sesións de proba no circuíto de Silverstone os días 17 e 19 de agosto. Häkkinen marcou o tempo rápido no primeiro, segundo e último día de probas.[1] Ferrari viaxou ao seu circuíto de probas en Mugello do 18 ao 20 de agosto, Schumacher participou o último día despois de ser autorizado polos médicos para realizar a proba. Logo de completar 20 voltas, Schumacher sufriu unha dor no nocello que impediulle completar o programa de adestramento físico. Ferrari anunciou máis tarde que o substituto temporal Mika Salo continuaría a competir para o equipo.[2]

Varios equipos anunciaron cambios dos seus pilotos para a seguinte tempada. Benetton confirmou que o equipo retería o seu dúo de pilotos con Giancarlo Fisichella e Alexander Wurz, cunha opción para o 2001.[3] Sauber anunciou que asinará con Salo un contrato de dous anos e retería a Pedro Diniz.[4] Jordan confirmou que contratara ao piloto de Prost Jarno Trulli nun contrato de dous anos, para substituír a Damon Hill.[5]

Práctica e cualificación editar

 
Jacques Villeneuve (foto de 2002) sufriu un forte choque durante a sesión de cualificación do sábado pola tarde.

Realizáronse catro sesións de prácticas antes da carreira do domingo, dous o venres e dúas o sábado. As sesións de mañá e tarde do venres duraron unha hora cada unha. A terceira e última sesión de prácticas realizouse o sábado pola mañá e durou 45 minutos.[6] As sesións de venres realizáronse en condicións secas e asolladas. Häkkinen foi o máis rápido na primeira sesión, cun tempo de 1:54.396 que foi menos de medio segundo máis rápido que Coulthard. O piloto de Williams Ralf Schumacher estaba xusto ao mesmo ritmo de Coulthard. Salo, Irvine e Jean Alesi completaron os seis primeiros; dentro de 1´3 segundos do tempo de Häkkinen. Na segunda sesión de prácticas, Coulthard foi o máis rápido cun tempo de 1:53.577, por diante de Häkkinen, Fisichella, Frentzen, Hill e Schumacher.

 
Mika Häkkinen (foto de 2009) logrou a súa décima pole position da tempada.

A sesión de cualificación da tarde do sábado durou unha hora. Durante esta sesión, a regra do 107% estaba en vigor, o que obrigou a que cada piloto fixase un tempo dentro do 107% da volta máis rápida para cualificar para a carreira. Cada piloto estaba limitado a doce voltas. Häkkinen acadou a súa décima pole da tempada cun tempo de 1:50.329. Foi acompañado na primeira fila por Coulthard, que tiña unha décima de segundo máis. Frentzen foi o terceiro cualificado, aínda que se cría que podería ir máis rápido debido a dous incidentes de bandeira vermella por separado.[7]

Os pilotos de BAR, Jacques Villeneuve e Ricardo Zonta, sufriron grandes accidentes a alta velocidade no rápido tramo de Eau Rouge durante a sesión de cualificación.[8] Ambos accidentes causaron a suspensión da sesión.

Carreira editar

As condicións foron de seco para a carreira coa temperatura do aire a 20 °C e a temperatura da pista a 25 °C.[9] Os pilotos saíron á pista ás 09:30 (UTC +2) durante unha sesión de quecemento de 30 minutos.

Clasificación editar

Cualifificación editar

Pos Piloto Construtor Volta Diferenza
1 1   Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:50.329
2 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:50.484 +0.155
3 8   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:51.332 +1.003
4 7   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:51.372 +1.043
5 6   Ralf Schumacher Williams-Supertec 1:51.414 +1.085
6 4   Eddie Irvine Ferrari 1:51.895 +1.566
7 16   Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:51.974 +1.645
8 5   Alessandro Zanardi Williams-Supertec 1:52.014 +1.685
9 3   Mika Salo Ferrari 1:52.124 +1.795
10 17   Johnny Herbert Stewart-Ford 1:52.164 +1.835
11 22   Jacques Villeneuve BAR-Supertec 1:52.235 +1.906
12 19   Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:52.644 +2.315
13 9   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:52.762 +2.433
14 23   Ricardo Zonta BAR-Supertec 1:52.840 +2.511
15 10   Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:52.847 +2.518
16 11   Jean Alesi Sauber-Petronas 1:52.921 +2.592
17 18   Olivier Panis Prost-Peugeot 1:53.148 +2.819
18 12   Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:53.778 +3.449
19 15   Toranosuke Takagi Arrows 1:54.099 +3.770
20 20   Luca Badoer Minardi-Ford 1:54.197 +3.868
21 21   Marc Gené Minardi-Ford 1:54.557 +4.228
22 14   Pedro de la Rosa Arrows 1:54.579 +4.250

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 44 1:25:43.057 2 10
2 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 44 +10.469 1 6
3 8   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 44 +33.433 3 4
4 4   Eddie Irvine Ferrari 44 +44.948 6 3
5 6   Ralf Schumacher Williams-Supertec 44 +48.067 5 2
6 7   Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 44 +54.916 4 1
7 3   Mika Salo Ferrari 44 +56.249 9
8 5   Alessandro Zanardi Williams-Supertec 44 +1:07.022 8
9 11   Jean Alesi Sauber-Petronas 44 +1:13.848 16
10 16   Rubens Barrichello Stewart-Ford 44 +1:20.742 7
11 9   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 44 +1:32.195 13
12 19   Jarno Trulli Prost-Peugeot 44 +1:36.154 12
13 18   Olivier Panis Prost-Peugeot 44 +1:41.543 17
14 10   Alexander Wurz Benetton-Playlife 44 +1:57.745 15
15 22   Jacques Villeneuve BAR-Supertec 43 +1 volta 11
16 21   Marc Gené Minardi-Ford 43 +1 volta 21
Ret 14   Pedro de la Rosa Arrows 35 Transmisión 22
Ret 20   Luca Badoer Minardi-Ford 33 Suspensión 20
Ret 23   Ricardo Zonta BAR-Supertec 33 Caixa de cambios 14
Ret 17   Johnny Herbert Stewart-Ford 27 Freos 10
Ret 12   Pedro Diniz Sauber-Petronas 19 Trompo 18
Ret 15   Toranosuke Takagi Arrows 0 Embrague 19
Fonte:[10]

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1999
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1999
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1998
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 2000

Notas editar

  1. "McLaren dominant in Silverstone tests". GrandPrix.com. Inside F1. 23 de agosto de 1999. Consultado o 7 de xulo de 2014. 
  2. "Motor racing: Ferrari stick with Salo in Belgium". The Independent. 25 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  3. "Fisichella and Wurz Remain at Benetton". Atlas F1. 27 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  4. "Sauber Signs Salo". Atlas F1. 26 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  5. "Jordan confirms Trulli". GrandPrix.com. Inside F1. 30 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  6. "Grand Prix of Belgium". Gale Force F1. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2006. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  7. "Qualifying – Belgian GP". Atlas F1. 28 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  8. Formula 1 World Championship 1999 Official Review – The Champion on the Track (VHS). Duke Video. 29 de novembro de 1999. 
  9. Lupini, Michele (29 de agosto de 1999). "Grand Prix of Belgium Review". Atlas F1. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  10. "1999 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar