Gran Premio de Bélxica de 1982

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1982 disputouse en Zolder o 9 de maio de 1982. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1982, o 40º Gran Premio de Bélxica e o noveno, que se celebrou no Autódromo de Zolder.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1982
Detalles da carreira
Carreira 5 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982.
Trazado do circuíto de Zolder.
Trazado do circuíto de Zolder.
Data 9 de maio 1982
Nome oficial Gran Premio de Bélxica
Localización Autódromo de Zolder, Heusden-Zolder, Limburg, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´262 km
Distancia 70 voltas, 298´340 km
ClimaSeco, ata 13º[1]
Pole position
Piloto Francia Alain Prost Renault
Tempo 1:15.701
Volta rápida
Piloto John Watson McLaren-Ford
Tempo 1:20.214 na volta 67
Podio
Primeiro John Watson McLaren-Ford
Segundo Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford
Terceiro Eddie Cheever Ligier-Matra

Cualificación editar

O piloto canadense Gilles Villeneuve morreu nun accidente durante a última sesión de clasificación. No momento do accidente, o seu compañeiro de equipo Didier Pironi fixara un tempo de 0,1 segundos máis rápido que Villeneuve no sexto lugar. Os periodistas deportivos contemporáneos e máis recentes din que trataba de mellorar o seu tempo na súa última volta. Algúns suxiren que especificamente para vencer a Pironi debido ao seu cabreo por ser adiantado por el dúas semanas antes nas voltas finais de San Marino, cando Villeneuve cría que Pironi recibira a orde de permanecer detrás de el.[2][3] O biógrafo de Villeneuve Gerald Donaldson cita ao enxeñeiro de carreira de Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, aínda que presionando ao seu xeito habitual, volvía a boxes co seu último xogo de pneumáticos de cualificación cando se produciu o accidente.[4] Si fora así, el non establecería un tempo nesa volta.

A falta de oito minutos para rematar a sesión, Villeneuve achegouse á primeira chicane e atopou a Jochen Mass que pilotaba moito máis lentamente a través de Butte, a curva a esquerdas antes da curva Terlamenbocht. Mass viu a Villeneuve achegándose a gran velocidade e moveuse cara á dereita para deixarlle un paso na trazada. No mesmo instante Villeneuve tamén se moveu á dereita para pasar a Mass. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass e saíu lanzado polo aire a unha velocidade estimada entre 200 e 225 km/h. Voou polo aire máis de 100 m antes aterrar e desintegrarse, logo dun salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, aínda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, saíu lanzado a 50 m dos restos no cercado de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht.[4][5]

Varios pilotos detivéronse e correron ata o lugar. John Watson e Derek Warwick sacaron a Villeneuve da vala de seguridade.[6] O primeiro médico chegou á escena aos 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, aínda que tiña pulso, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro médico do circuíto e logo en helicóptero ao Hospital Universitario de San Rafael onde foi diagnosticada unha fractura de pescozo mortal.[7] A Villeneuve mantivérono vivo artificialmente, mentres a súa esposa viaxaba ao hospital e os médicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu ás 9:12 da noite.

O equipo Ferrari retirouse da carreira tralo accidente e abandonou o circuíto. Os últimos oito minutos da fase de clasificación disputáronse logo da retirada dos restos do accidente. Ningún piloto mellorou os seus tempos, quedando os Renault de Alain Prost e René Arnoux na primeira fila da grella.[8]

Carreira editar

A carreira foi gañada por Watson por diante de Keke Rosberg e Eddie Cheever. Niki Lauda terminou en terceiro lugar na carreira, pero foi descualificado cando o seu coche foi atopado con baixo peso na verificación técnica posterior á carreira.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7   John Watson McLaren-Ford 70 1:35:41.995 10 9
2 6   Keke Rosberg Williams-Ford 70 + 7.268 3 6
3 25   Eddie Cheever Ligier-Matra 69 + 1 volta 14 4
4 11   Elio de Angelis Lotus-Ford 68 + 2 voltas 11 3
5 1   Nelson Piquet Brabham-BMW 67 + 3 Laps 8 2
6 20   Chico Serra Fittipaldi-Ford 67 + 3 voltas 23 1
7 29   Marc Surer Arrows-Ford 66 + 4 voltas 22
8 18   Raul Boesel March-Ford 66 + 4 voltas 24
9 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 66 + 4 voltas 17
DSC 8   Niki Lauda McLaren-Ford 70 Descualificado 4
Ret 5   Derek Daly Williams-Ford 60 Trompo 13
Ret 17   Jochen Mass March-Ford 60 Motor 25
Ret 15   Alain Prost Renault 59 Trompo 1
Ret 2   Riccardo Patrese Brabham-BMW 52 Trompo 9
Ret 30   Mauro Baldi Arrows-Ford 51 Acelerador 26
Ret 31   Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 37 Á rota 16
Ret 22   Andrea de Cesaris Alfa Romeo 34 Caixa de cambios 6
Ret 4   Brian Henton Tyrrell-Ford 33 Motor 20
Ret 3   Michele Alboreto Tyrrell-Ford 29 Motor 5
Ret 35   Derek Warwick Toleman-Hart 29 Transmisión 19
Ret 36   Teo Fabi Toleman-Hart 13 Freos 21
Ret 12   Nigel Mansell Lotus-Ford 9 Embrague 7
Ret 16   René Arnoux Renault 7 Turbo 2
Ret 9   Manfred Winkelhock ATS-Ford 0 Embrague 12
Ret 23   Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Colisión 15
Ret 10   Eliseo Salazar ATS-Ford 0 Colisión 18
NTS 28   Didier Pironi Ferrari Retirouse
NTS 27   Gilles Villeneuve Ferrari Accidente mortal
NSC 14   Roberto Guerrero Ensign-Ford
NSC 33   Jan Lammers Theodore-Ford
NSCP 32   Riccardo Paletti Osella-Ford
NSCP 19   Emilio de Villota March-Ford

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1981
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1983

Notas editar

  • Didier Pironi e todo o equipo Ferrari retiráronse e non competiron na carreira. Pironi sería o único piloto de Ferrari que participaría nas posteriores carreiras de Mónaco, Detroit (EE.UU.) e Canadá.
  • Nesta carreira Chico Serra logrou o primeiro e único punto.
  1. Weather info for the 1982 Belgian Grand Prix Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. at Weather Underground
  2. "BBC Sport - Formula 1's greatest drivers. Number 12: Gilles Villeneuve". Bbc.co.uk. 2012-07-04. Consultado o 2012-08-21. 
  3. Bamsey (1983) p.50, Lang (1992) pp.96–97, Watkins (1997) p.98 and Fearnley (May, 2007) all write that Villeneuve was attempting to beat Pironi. Jenkinson (June 1982) writes only that he "was in the middle of a last desperate bid to improve his grid position."
  4. 4,0 4,1 Donaldson (2003) pp.296–298
  5. Lang (1992) p.97
  6. Fearnley (May, 2007)
  7. Watkins (1997) pp.96–98
  8. Lang (1992) pp.95 99

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16. 

Bibliografía editar

Libros
Revistas
  • Fearnley, Paul (May 2007). "It's war. Absolutely war". Motor Sport (Haymarket). pp. 52–61.