Gran Premio de Austria de 2014

O Gran Premio de Austria de 2014 (oficialmente Formula 1 Grosser Preis von Österreich 2014) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 22 de xuño de 2014. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2014 e o 28º Gran Premio de Austria, o primeiro que se celebraba desde 2003.

Austria Gran Premio de Austria de 2014
Detalles da carreira
Carreira 8 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto de Red Bull Ring.
Trazado do circuíto de Red Bull Ring.
Data 22 de xuño de 2014
Nome oficial Formula 1 Grosser Preis Von Österreich 2014[1]
Localización Red Bull Ring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´326 km
Distancia 71 voltas, 307´146 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Felipe Massa Williams-Mercedes
Tempo 1:08.759
Volta rápida
Piloto Sergio Pérez Force India-Mercedes
Tempo 1:12.142 na volta 59
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro Finlandia Valtteri Bottas Williams

Resumo da carreira editar

Adestramentos libres editar

Nico Rosberg foi o máis rápido na FP1 cun crono de 1:11.295.[2] O seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton foi o máis rápido na FP2 cun crono de 1:09.542.[3] Valtteri Bottas foi o máis rápido na FP3.[4]

Eliminatorias editar

Felipe Massa converteuse no primeiro piloto á parte de Lewis Hamilton e Nico Rosberg en lograr a pole position nesta tempada cun tempo de volta de 1:08.759 na Q3.[5] Ía acompañado na primeira fila polo seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. Esta foi a primeira vez que Williams-Mercedes copou a primeira fila desde que Juan Pablo Montoya e Ralf Schumacher o fixeran no Gran Premio de Alemaña de 2003 en Hockenheim.

Hamilton non puido marcar tempo na Q3; saíu por fóra da pista na súa primeira volta e trompeando na segunda. Sebastian Vettel non logrou cualificar para a Q3, aínda que si que o fixo o seu compañeiro de equipo Daniel Ricciardo.

Carreira editar

Ao principio, Felipe Massa liderou na primeira curva, con Rosberg pasando a Bottas, pero foi superado novamente na seguinte recta. Lewis Hamilton tivo o mellor comezo, pasando do noveno ao quinto posto e superando a Alonso pouco despois.

Sebastian Vettel, unha vez máis, sufriu problemas técnicos: perdeu potencia na segunda volta, foi capaz de continuar, pero cunha volta perdida e, logo de danar o alerón dianteiro, máis tarde retirouse a metade de carreira no gran premio de casa de Red Bull.

Na parte dianteira, os cambios de pneumáticos abriron o camiño para Mercedes; Rosberg pasou aos dous Williams na primeira parada e Hamilton na segunda rolda. Sergio Pérez fixo, unha vez máis, unha boa carreira, cunha estratexia de pneumáticos diferente, levando o composto super brando só nas últimas voltas e desafiando con éxito a Magnussen para o sexto lugar. Mentres tanto, Alonso chegou quinto clasificado, detrás de Felipe Massa, xa que coa velocidade superior do motor Mercedes non había xeito de pasalo.

Durante as últimas voltas, Lewis Hamilton foi reducindo a distancia co seu compañeiro de equipo Rosberg, pero o alemán pasou a bandeira a cadros para lograr a súa terceira vitoria da tempada.[6]

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:10.292 1:09.239 1:08.759 1
2 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:10.356 1:09.096 1:08.846 2
3 6   Nico Rosberg Mercedes 1:09.695 1:08.974 1:08.944 3
4 14   Fernando Alonso Ferrari 1:10.405 1:09.479 1:09.285 4
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:10.395 1:09.638 1:09.466 5
6 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:10.081 1:09.473 1:09.515 6
7 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:09.678 1:09.490 1:09.619 7
8 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:10.285 1:09.657 1:10.795 8
9 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:09.514 1.09.092 Sen tempo 9
10 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:10.389 1:09.624 Sen tempo 10
11 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:10.124 1:09.754 16[7]
12 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:10.252 1:09.780 11
13 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:10.630 1:09.801 12
14 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:10.821 1:09.939 13
15 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:10.161 1:10.073 14
16 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 1:10.461 1:10.642 PL[8]
17 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:10.825 16
18 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:11.349 17
19 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:11.412 18
20 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:11.673 19
21 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 1:11.775 21[9]
22 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:12.673 20
107% tempo: 1:14.379
Fonte:[10]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6   Nico Rosberg Mercedes 71 1:27:54.976 3 25
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 71 +1.932 9 18
3 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 71 +8.172 2 15
4 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 71 +17.357 1 12
5 14   Fernando Alonso Ferrari 71 +18.553 4 10
6 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 71 +28.546 15 8
7 20   Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 71 +32.031 6 6
8 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 71 +43.522 5 4
9 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 71 +44.137 10 2
10 7   Kimi Räikkönen Ferrari 71 +47.777 8 1
11 22   Jenson Button McLaren-Mercedes 71 +50.966 11
12 13   Pastor Maldonado Lotus-Renault 70 +1 volta 13
13 99   Adrian Sutil Sauber-Ferrari 70 +1 volta 16
14 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 70 +1 volta 22
15 17   Jules Bianchi Marussia-Ferrari 69 +2 voltas 18
16 10   Kamui Kobayashi Caterham-Renault 69 +2 voltas 19
17 4   Max Chilton Marussia-Ferrari 69 +2 voltas 21
18 9   Marcus Ericsson Caterham-Renault 69 +2 voltas 20
19 21   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 69 +2 voltas 17
Ret 25   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 59 Freos 14
Ret 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 34 electrónica 12
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 24 Suspensión 7
fonte:[11][12]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "FORMULA 1 GROSSER PREIS VON ÖSTERREICH 2014". Formula One Administration. Consultado o 22 May 2014. 
  2. Smith, Luke (June 20, 2014). "Rosberg first to tame the Red Bull Ring in Austria practice". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o June 21, 2014. 
  3. Smith, Luke (June 20, 2014). "Hamilton hits back to edge out Rosberg in FP2". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o June 21, 2014. 
  4. Smith, Luke (June 21, 2014). "Bottas beats the field in final Austrian GP practice". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o June 21, 2014. 
  5. Smith, Luke (June 21, 2014). "Massa secures shock pole in Austria at Mercedes’ expense". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2014. Consultado o June 21, 2014. 
  6. "Mercedes schlägt auf dem Red Bull Ring zurück". kicker.de (en German). kicker.de. 22 June 2014. Consultado o 23 June 2014. 
  7. Sergio Pérez Mendoza recibiu unha penalización de cinco postos por cambiar a súa trazada de carreira e causar unha colisión evitable no Gran Premio de Canadá de 2014
  8. Romain Grosjean cualificou 16º, pero saíu desde o pit lane debido a que cambiou a caixa de cambios e a configuración.
  9. Max Chilton recibiu unha penalización de cinco posicións por causar unha colisión evitable con Jules Bianchi no Gran Premio de Canadá de 2014.
  10. "Formula 1 Grosser Preis von Österreich 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 21 June 2014. Consultado o 21 June 2014. 
  11. "Formula 1 Grosser Preis Von Österreich 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 22 June 2014. Consultado o 22 June 2014. 
  12. "Austrian Grand Prix Live". Yahoo. 22 June 2014. Consultado o 22 June 2014. 

Véxase tamén editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2014
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 2003
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2015