Gran Premio de Australia de 2019

O Gran Premio de Australia de 2019 (oficialmente Formula 1 Rolex Australian Grand Prix 2019)[1] foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 17 de marzo de 2019 no Circuíto Albert Park en Melbourne. A carreira disputouse ao longo de cincuenta e oito voltas e será a primeira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019.[2] A carreira foi a 83ª carreira na historia do Gran Premio de Australia, que se remonta á 100 Miles Road Race de 1928, e a vixésimo cuarta vez que a carreira disputouse no Circuíto Melbourne e a 35ª vez que o Gran Premio de Australia formará parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.[3]

Australia Gran Premio de Australia de 2019
Detalles da carreira
Carreira 1 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019.
Trazado do circuíto de Melbourne.
Trazado do circuíto de Melbourne.
Data 17 de marzo de 2019
Nome oficial Gran Premio Rolex de Australia de 2019
Localización Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne, Australia
Percorrido Circuíto urbano
5´303 km
Distancia 58 voltas, 307´574 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:20.486
Volta rápida
Piloto Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Tempo 1:25.580 na volta 57
Podio
Primeiro Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Segundo Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull - Honda

Informe editar

Antecedentes editar

Alfa Romeo Racing volverá ao deporte, substituíndo ao equipo Sauber como parte dun acordo de patrocinio que comezou en 2018.[4] Racing Point debutará tamén como construtor independente, logo de adquirir os activos do equipo de Sahara Force India.[5] Espérase que Alexander Albon, Lando Norris e George Russell fagan o seu debut na competición.[6][7][8] Mentres tanto, Antonio Giovinazzi, Robert Kubica e Daniil Kvyat volverán ao campionato.[9][10][11]

Cambio do sistema de puntos editar

Este Gran Premio marca a introdución dun novo sistema de puntos. Conservarase o sistema 25-18-15-12-10-8-6-4-2-1 utilizado desde o 2010, pero os pilotos que logren a volta rápida recibirán un punto de bonificación, o mesmo aplicarase ao construtor do piloto que logre a volta rápida. O punto só se outorgará se o piloto remata a carreira dentro dos 10 primeiros.[12]

Práctica editar

Lewis Hamilton foi o máis rápido nas tres sesións de adestramento. As sesións fixéronse de maneira ininterrompida, salvo un incidente que viu a Alexander Albon trompeando na curva 2 e golpeando o muro durante a primeira sesión de adestramento. Albon puido volver aos boxes para arranxar o coche.[13][14][15] Na terceira sesión de adestramento McLaren mandou saír a Lando Norris no camiño de Robert Kubica, o que provocou unha multa para o equipo Mclaren.[16]

Cualificación editar

A primeira sesión de cualificación pasou sen incidentes ata o último par de minutos cando Robert Kubica golpeou o muro saíndo da curva 10 picando unha roda, máis tarde atribuíuno a un súbito aumento da adherencia.[17] Os pilotos eliminados na Q1 e cualificados do décimo sexto a vixésimo respectivamente foron Lance Stroll, Pierre Gasly, Carlos Sainz, George Russell e Robert Kubica con Charles Leclerc establecendo o tempo de volta rápida da sesión.[18] A eliminación de Gasly sorprendeu de xeito especial.[19] Sainz tamén quedou decepcionado coa súa saída anticipada da cualificación, sobre todo tendo en conta que o seu compañeiro de equipo Lando Norris clasificou oitavo, Sainz atribuíu a súa pronta eliminación a ter que frear despois de que Kubica tivese unha picada diante del, obrigándoo a reducir na súa volta de cualificación.[20]

A segunda sesión de cualificación pasou sen incidentes e acabou coa eliminación de Nico Hülkenberg, Daniel Ricciardo, Alexander Albon, Antonio Giovinazzi e Daniil Kvyat, clasificados undécimo a décimo quinto respectivamente con Lewis Hamilton estabelecendo a volta rápida da quenda de clasificación.[18][21] A sorpresa foi que os dous Renault de Ricciardo e Hülkenberg quedaron eliminadas logo de ser considerado o cuarto equipo máis rápido despois das probas previas de tempada e que Lando Norris entrara nos dez primeiros.[22][23][24]

Na a terceira sesión de cualificación todos os equipos tiveron dous intentos para marcar o mellor tempo, logo do primeiro intento foi Valtteri Bottas quen liderou tras derrotar á marca de volta de cualificación que fixou Hamilton na Q2, seguido por Hamilton e Sebastian Vettel.[21] Durante o segundo intento na Q3, Hamilton mellorou o seu tempo en medio segundo para bater o récord de volta de Bottas.[21] Como ninguén mellorou o seu tempo Lewis Hamilton acadou a pole position, seguido por Valtteri Bottas e Sebastian Vettel completando os tres primeiros.[18] Os dez primeiros foron completados por Max Verstappen, Charles Leclerc, Romain Grosjean, Kevin Magnussen, Norris Lando, Kimi Räikkönen e Sergio Pérez. Na súa entrevista logo da cualificación, Leclerc confesou que non estaba feliz coa súa actuación ao dicir que pensaba que era capaz de entrar nos tres primeiros, pero que non conseguiu debido a unha volta pouco metódica.[25] Mentres, o equipo Haas dixo que estaban encantados co seu desempeño conseguindo que os seus coches fosen sexto e sétimo.[26]

Carreira editar

Valtteri Bottas comezou a carreira ben desde o segundo posto e na primeira curva acadou o liderado. Detrás, Daniel Ricciardo disputaba a posición con Sergio Pérez, calculou mal a distancia e pisou a herba do lado dereito da pista. O seu aleron dianteiro chantouse na herba e desfíxose dunha forma bastante espectacular, derramando restos ao redor desa parte da pista e provocándolle unha rápida perda de posicións. Max Verstappen foi adiantado por Charles Leclerc, que pasou a loitar contra o seu compañeiro de equipo. Sebastian Vettel mantivo a Leclerc na cuarta posición. Os compañeiros de equipo de Haas, Kevin Magnussen e Romain Grosjean, intercambiaron posicións antes de que Robert Kubica entrase en boxes na volta 6 logo de sufrir danos na súa á dianteira. Na volta 11, Carlos Sainz detivo o seu McLaren na entrada dos boxes, cun gran penacho de fume emerxendo desde a parte traseira do seu coche, seguido dun incendio. Räikkönen entrou en boxes na volta 13 e Pierre Gasly esforzouse por avanzar desde o P17, subindo só ata o P12. Nico Hulkenburg e Sergio Perez entraron nos boxes buscando un "undercut", seguidos por Sebastian Vettel que montou pneumáticos medios. Lewis Hamilton entrou unha volta máis tarde montando o mesmo composto de pneumáticos, e saíu diante de Vettel. Romain Grosjean entrou en boxes pero un problema no pneumático dianteiro esquerdo fixo que perdese tres posicións. Vettel fixo a volta rápida na volta 18 e Antonio Giovinazzi saíuse na curva 13, permitindo pasar a Kevin Magnussen. Bottas fixo a volta rápida na volta 21 e logo entrou a boxes na volta 23. Verstappen seguiuno tres voltas máis tarde e Lando Norris pasou a Giovinazzi na seguinte volta. Charles Leclerc entrou a boxes cando estaba no segundo posto na volta 29 e Daniel Ricciardo foi retirado da carreira polo seu equipo como precaución despois do incidente da primeira volta. Verstappen pasou a Vettel na volta 31. Na volta 55, Verstappen fai a volta rápida da carreira mentres se achega a Lewis Hamilton segundo. Bottas retoma a volta rápida e gaña a carreira cun oco de 20.886 segundos ao seu compañeiro de equipo. Hamilton chegou segundo, seguido de Verstappen no terceiro e os dous Ferrari cuarto e quinto.

Pneus dispoñibles editar

O fornecedor de pneumáticos Pirelli proporcionará aos equipos unha gama intermedia de pneumáticos para a carreira.[27] Segundo as regras introducidas en 2019, Pirelli cambiou as designacións dos seus pneumáticos para puntuar a dureza dos compostos, sendo "C1" o máis duro e "C5" o máis brando.[28] O sistema de codificación de cores utilizado en anos anteriores simplificouse para que a banda no pneumático de cor branca represente o composto máis duro dispoñible en calquera Gran Premio, unha banda amarela no pneumático, o composto medio e a banda vermella no pneumático, o pneumático máis brando.[29] Pirelli nomeou o pneumático C2 como o composto duro de banda branca, o C3 como o medio de banda amarela e o C4 como o brando de banda vermella.[30]

Pneumáticos dispoñibles en Melbourne
Para pista seca De chuvia
    
 

Duros (Tipo C2)
   
 
sans_cadre

Médios (Tipo C3)
     
 

Brandos (Tipo C4)
     
Intermedios
 
   Chuvia

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempo cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:22.043 1:21.014 1:20.486 1
2 77 Valtteri Bottas Mercedes 1:22.367 1:21.193 1:20.598 2
3 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:22.885 1:21.912 1:21.190 3
4 33 Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 1:22.876 1:21.678 1:21.320 4
5 16 Charles Leclerc Ferrari 1:22.017 1:21.739 1:21.442 5
6 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:22.959 1:21.870 1:21.826 6
7 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:22.519 1:22.221 1:22.099 7
8 4 Lando Norris McLaren-Renault 1:22.702 1:22.423 1:22.304 8
9 7 Kimi Räikkönen Alfa Romeo F1-Ferrari 1:22.966 1:22.349 1:22.314 9
10 11 Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 1:22.908 1:22.532 1:22.781 10
11 27 Nico Hülkenberg Renault 1:22.540 1:22.562 11
12 3 Daniel Ricciardo Renault 1:22.921 1:22.570 12
13 23 Alexander Albon Scuderia Toro Rosso-Honda 1:22.757 1:22.636 13
14 99 Antonio Giovinazzi Alfa Romeo F1-Ferrari 1:22.431 1:22.714 14
15 26 Daniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda 1:22.511 1:22.774 15
16 18 Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 1:23.017 16
17 10 Pierre Gasly Red Bull Racing-Honda 1:23.020 17
18 55 Carlos Sainz McLaren-Renault 1:23.084 18
19 63 George Russell Williams-Mercedes 1:24.360 19
20 88 Robert Kubica Williams-Mercedes 1:26.067 20
107% tempo: 1:27.758
Fonte:[31]
Cualificación para a carreira
Cualificación final para a carreira


Carreira editar

Pos. Nº} Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 77 Bottas, ValtteriValtteri Bottas Mercedes 58 1:25:27.325 2 26[32]
2 44 Hamilton, LewisLewis Hamilton Mercedes 58 +20.886 1 18
3 33 Verstappen, MaxMax Verstappen Red Bull Racing-Honda 58 +22.520 4 15
4 5 Vettel, SebastianSebastian Vettel Ferrari 58 +57.109 3 12
5 16 Leclerc, CharlesCharles Leclerc Ferrari 58 +58.203 5 10
6 20 Magnussen, KevinKevin Magnussen Haas-Ferrari 58 +1:27.156 7 8
7 27 Hülkenberg, NicoNico Hülkenberg Renault 57 +1 volta 11 6
8 7 Räikkönen, KimiKimi Räikkönen Alfa Romeo F1-Ferrari 57 +1 volta 9 4
9 18 Stroll, LanceLance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 57 +1 volta 16 2
10 26 Kvyat, DaniilDaniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda 57 +1 volta 15 1
11 10 Gasly, PierrePierre Gasly Red Bull Racing-Honda 57 +1 volta 17
12 4 Norris, LandoLando Norris McLaren-Renault 57 +1 volta 8
13 11 Pérez, SergioSergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 57 +1 volta 10
14 23 Albon, AlexanderAlexander Albon Scuderia Toro Rosso-Honda 57 +1 volta 13
15 99 Giovinazzi, AntonioAntonio Giovinazzi Alfa Romeo F1-Ferrari 57 +1 volta 14
16 63 Russell, GeorgeGeorge Russell Williams-Mercedes 56 +2 voltas 19
17 88 Kubica, RobertRobert Kubica Williams-Mercedes 55 +3 voltas 20
Ret 8 Grosjean, RomainRomain Grosjean Haas-Ferrari 29 Roda 6
Ret 3 Ricciardo, DanielDaniel Ricciardo Renault 28 Danos 12
Ret 55 Sainz, CarlosCarlos Sainz McLaren-Renault 9 Motor 18
Volta rápida: Valtteri Bottas (Mercedes) — 1:25.580 (na volta 57)
Fonte:[33]
 
Resultados da carreira do GP de Australia de 2019.

Voltas en cabeza editar

Estatísticas editar

O Gran Premio de Australia 2019 representa

Durante este Gran Premio:

  • Valtteri Bottas foi elixido "Piloto do día" tras unha votación organizada no sitio web oficial da Fórmula 1.
  • Grazas ao terceiro posto de Max Verstappen, o motor Honda obtivo o seu primeiro podio desde que Rubens Barrichello ao volante do Honda RA108 en Silverstone no 2008.

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Abu Zabi de 2018
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2019
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2019
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2018
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 2020

Notas editar

  1. "Australia". formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  2. Noble, Jonathan (31 de agosto de 2018). "2019 Formula 1 calendar revealed with 21 races scheduled". autosport.com. Motorsport Network. Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  3. "Grands Prix Australia • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  4. "Sauber F1 team renamed Alfa Romeo Racing". motorsport.com. Motorsport Network. 1 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  5. "Force India become Racing Point for 2019". formula1.com. 1 de decembro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  6. "Albon to drive for Toro Rosso in 2019". scuderiatororosso.redbull.com. Scuderia Toro Rosso. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  7. "Lando Norris to drive for McLaren in 2019". mclaren.com. McLaren F1 Team. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  8. "How Russell sealed a 2019 drive with Williams". formula1.com. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  9. Collantine, Keith (25 de setembro de 2018). "Giovinazzi will replace Ericsson at Sauber in 2019". racefans.net. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  10. "Robert Kubica: Polish driver to make F1 comeback with Williams in 2019". bbc.co.uk (BBC Sport). 22 de novembro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  11. "Daniil Kvyat to return to Toro Rosso for 2019 season". formula1.com. 29 de setembro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  12. "F1 to award point to driver who sets fastest lap in a grand prix". BBC sport (en inglés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  13. "Australian Grand Prix 2019 FP1 report: Hamilton, Vettel and Leclerc split by 0.07s in opening session in Australia | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  14. "Australian Grand Prix 2019 FP2 report: FP2: Hamilton heads Bottas as Mercedes go clear of the field | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  15. "MUST-SEE: Rookie Albon the first to hit the barriers in 2019 | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  16. "McLaren fined for unsafe release during FP3 | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  17. "Sudden improvement in grip led to Kubica’s brush with the wall in qualifying | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  18. 18,0 18,1 18,2 "Formula 1 Rolex Australian Grand Prix 2019 – Qualifying". Formula1.com. 16 de marzo de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  19. "Red Bull and Gasly caught out by track evolution as they slump to Q1 exit | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  20. "Sainz rues bad luck as Kubica puncture costs him dear | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  21. 21,0 21,1 21,2 "2019 Australian Grand Prix: Qualifying Highlights". 16 de marzo de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  22. "Australian Grand Prix qualifying 2019: ‘Renault will sneak into the points’ predicts Daniel Ricciardo despite Q2 exit". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  23. "Australian Grand Prix qualifying 2019: Lando Norris: ‘Q3 definitely not what McLaren were expecting’ | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 demarzo de 2019. 
  24. "What to Watch For in the 2019 Australian Grand Prix: 5 key storylines for Sunday's race | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  25. "Australian Grand Prix 2019 qualifying - Charles Leclerc ‘not happy’ with performance after Melbourne qualifying | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  26. "Haas delighted with sixth and seventh in Australia qualifying | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  27. Herrero, Daniel (6 de marzo de 2019). "F1 teams’ tyre picks for Australian Grand Prix revealed". speedcafe.com (Speedcafe). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  28. Cooper, Adam (24 de maio de 2018). "Pirelli asked to simplify tyre compound names for 2019 F1 season". autosport.com (Motorsport Network). Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  29. Coch, Mat (29 de agosto de 2018). "Pirelli to simplify F1 tyre compounds from 2019". speedcafe.com (Speedcafe). Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  30. "What Pirelli tyre compounds have the teams and drivers picked for Australia?". formula1.com (en inglés) (Formula One Management). 6 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  31. "Formula 1 Rolex Australian Grand Prix 2019 – Qualifying". Formula One. 16 de marzo de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  32. 1 punto pola volta rápida
  33. "Formula 1 Rolex Australian Grand Prix 2019 – Race Result". Formula One. 17 de marzo de 2019. Consultado o 17 de marzo de 2019. 
  34. 34,0 34,1 "Australia 2019 - Championship • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 17 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar