Gran Premio de Australia de 1992

O Gran Premio de Australia de 1992 foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de novembro de 1992 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 57º Gran Premio de Australia e o oitavo disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no oitavo GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.

Australia Gran Premio de Australia de 1992
Detalles da carreira
Carreira 16 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Data 8 de novembro 1992
Nome oficial LVII Australian Grand Prix
Localización Circuíto urbano de Adelaida
Adelaide, Australia do Sur, Australia
Percorrido Circuíto urbano
3´780 km
Distancia 81 voltas, 306´180 km
ClimaNubrado
Pole position
Piloto Nigel Mansell Williams-Renault
Tempo 1:13.732
Volta rápida
Piloto Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford
Tempo 1:16.078 na volta 68
Podio
Primeiro Austria Gerhard Berger McLaren-Honda
Segundo Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford
Terceiro Martin Brundle Benetton-Ford

O momento máis significativo foi unha colisión entre Ayrton Senna e Nigel Mansell cando o brasileiro intentou adiantar ao inglés, eliminando a ambos pilotos. Esta debía ser a última carreira de Fórmula 1 de Mansell antes de pasar a IndyCar, aínda que regresou brevemente en 1994 e 1995.

Martin Brundle (que pasou en 1993 a Ligier), o gañador da carreira Gerhard Berger (que regresou a Ferrari en 1993) e Riccardo Patrese (que se uniu a Benetton para 1993) estabann entre os moitos pilotos para quen esta foi a última carreira cos seus equipos actuais, mentres que para Jan Lammers, Stefano Modena, Maurício Gugelmin, Olivier Grouillard foi a última carreira da súa andaina na Fórmula 1. Tamén se rumoreaba que sería a última carreira de Ayrton Senna en Mcclaren, pero isto finalmente resultaría falso xa que o brasileiro permanecería co equipo en 1993.

Nicola Larini comezou esta carreira desde a parte posterior da grella. Jordan anotou o seu único punto da tempada con Stefano Modena, mentres que Thierry Boutsen (quen gañou aquí en 1989 anotou os seus únicos puntos da tempada 1992, e de feito os últimos puntos da súa carreira. O podio dobre de Benetton asegurou que anotasen puntos en cada rolda.

Esta foi a carreira final de McLaren cun motor Honda Racing F1 ata 2015. A compañía deixou de participar neste deporte logo desta carreira, aínda que o Mugen unha filial da compañía continuou. Regresaron en 2000 como fornecedores de motores a BAR. Para os equipos Dallara e March, esta foi a súa última aparición no deporte.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 5   Nigel Mansell Williams-Renault 1:13.732 1:15.133
2 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:14.202 1:14.416 +0.470
3 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:14.370 1:15.895 +0.638
4 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 1:15.114 1:15.688 +1.382
5 19   Michael Schumacher Benetton-Ford 1:15.210 1:16.613 +1.478
6 27   Jean Alesi Ferrari 1:16.091 1:17.213 +2.359
7 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:16.440 1:17.333 +2.708
8 20   Martin Brundle Benetton-Ford 1:16.562 1:17.674 +2.830
9 26   Érik Comas Ligier-Renault 1:16.727 1:17.856 +2.995
10 11   Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:16.863 1:17.868 +3.131
11 9   Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:16.937 1:17.621 +3.205
12 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 1:16.944 1:18.099 +3.212
13 3   Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:17.037 1:19.017 +3.305
14 22   Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:17.047 1:18.043 +3.315
15 32   Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:17.231 1:18.790 +3.499
16 24   Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:17.333 1:19.661 +3.601
17 23   Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 1:17.367 1:19.441 +3.635
18 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:17.409 1:19.589 +3.677
19 28   Nicola Larini Ferrari 1:17.465 1:18.618 +3.733
20 33   Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:17.805 1:19.735 +4.073
21 29   Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:17.808 1:18.477 +4.076
22 25   Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:17.957 1:17.976 +4.225
23 17   Emanuele Naspetti March-Ilmor 4:23.313 1:18.099 +4.367
24 21   JJ Lehto Dallara-Ferrari 1:18.565 1:18.891 +4.833
25 16   Jan Lammers March-Ilmor 3:10.720 1:18.843 +5.111
26 30   Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:18.862 1:20.306 +5.130
Fonte:[1][2][3]

Race editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 81 1:46:54.786 4 10
2 19   Michael Schumacher Benetton-Ford 81 + 0.741 5 6
3 20   Martin Brundle Benetton-Ford 81 + 54.156 8 4
4 27   Jean Alesi Ferrari 80 + 1 volta 6 3
5 25   Thierry Boutsen Ligier-Renault 80 + 1 volta 22 2
6 32   Stefano Modena Jordan-Yamaha 80 + 1 volta 15 1
7 11   Mika Häkkinen Lotus-Ford 80 + 1 volta 10
8 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 79 + 2 voltas 18
9 23   Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 79 + 2 voltas 17
10 24   Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 79 + 2 voltas 16
11 28   Nicola Larini Ferrari 79 + 2 voltas 19
12 16   Jan Lammers March-Ilmor 78 + 3 voltas 25
13 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 77 + 4 voltas 12
Ret 21   JJ Lehto Dallara-Ferrari 70 Caixa de cambios 24
Ret 17   Emanuele Naspetti March-Ilmor 55 Caixa de cambios 23
Ret 29   Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 51 Sistema combustible 21
Ret 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 50 Motor 3
Ret 30   Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 35 Diferencial 26
Ret 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 29 Motor 7
Ret 5   Nigel Mansell Williams-Renault 18 Colisión 1
Ret 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 18 Colisión 2
Ret 33   Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 7 Trompo 20
Ret 26   Érik Comas Ligier-Renault 4 Motot 9
Ret 9   Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 0 Motor 11
Ret 22   Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 0 Accidente 14
Ret 3   Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 0 Accidente 13
Fonte:[4]

Líderes por volta editar

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en negra indica Campión do Mundo.
  • Nota: Só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas editar

  1. "Foster's Australian Grand Prix - QUALIFYING 1". formula1.com. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  2. "Foster's Australian Grand Prix - QUALIFYING 2". formula1.com. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  3. "Foster's Australian Grand Prix - OVERALL QUALIFYING". formula1.com. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  4. "1992 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1993
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1991
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1993