Gran Premio de Alemaña de 1969

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1969 (formalmente o XXXI Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 3 de agosto de 1969. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1969. Os participantes de F2 non eran elixibles para os puntos no Campionato do Mundo.

Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1969
Detalles da carreira
Carreira 7 de 11 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1969.
Trazado do circuíto de Nürburgring.
Trazado do circuíto de Nürburgring.
Data 3 de agosto de 1969
Nome oficial XXXI Grosser Preis von Deutschland
Localización Nürburgring, Nürburg, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
22´835 km
Distancia 14 voltas, 319´690 km
ClimaAsollado, cálido
Pole position
Piloto Bélxica Jacky Ickx Brabham-Ford
Tempo 7:42,1
Volta rápida
Piloto Bélxica Jacky Ickx Brabham-Ford
Tempo 7:43,8 na volta 7
Podio
Primeiro Bélxica Jacky Ickx Brabham-Ford
Segundo Jackie Stewart Matra-Ford
Terceiro Bruce McLaren McLaren-Ford

Resumo editar

Gerhard Mitter morreu durante unha sesión de prácticas para a carreira en Schwedenkreuz. Estaba probando o BMW 269 F2. Sospeitábase dun fallo na suspensión ou dirección, o equipo BMW con Hubert Hahne e Dieter Quester retirouse da carreira, do mesmo xeito que o seu compañeiro de equipo en Porsche, Hans Herrmann.

Mario Andretti pilotaba o Lotus 63 4WD con moi poucas voltas de proba. A gran carga de combustible para a carreira fixo que o coche saírase da pista na primeira volta, logo dun salto en Wippermann, provocando un accidente no que tamén sacou da pista a Vic Elford, cuxo coche envorcou e caeu boca abaixo nas árbores. Elford rompeuse o brazo en 3 lugares.

Na carreira, Jacky Ickx tivo unha saída moi mala e caeu ao 9 posto, pero finalmente recuperou posicións en 3 voltas, e el e Jackie Stewart loitaron durante 4 voltas ata que Ickx pasou a Stewart na primeira curva, a Sudkurve. Stewart tivo problemas co cambio, comezou a ir máis lento e aloxáronse, deixando a Ickx nunha posición dominante. Piers Courage tivo un accidente en Breidscheid cando derrapou nun pouco de aceite e estrelouse nunha gabia á beira da ponte Adenauer. Por sorte, resultou ileso.

Esta foi a última carreira de Fórmula Un no circuíto de Nürburgring antes de que fose reconstruído e equipado con gardaraís para a carreira de 1971.

Clasificación editar

 
Mario Andretti no Gran Premio de Alemaña de 1969.
 
Jackie Stewart no Matra MS80
 
Bruce McLaren no McLaren M7C
 
Gerhard Mitter no BMW F269 co que morreou nas probas

Nota: A carreira correuse con coches de Fórmula 1 e Fórmula 2 participando xuntos. Os participantes de Fórmula Dúas indícanse cun fondo rosado.

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6   Jacky Ickx Brabham-Ford 14 1:49:55.4 1 9
2 7   Jackie Stewart Matra-Ford 14 + 57.7 2 6
3 10   Bruce McLaren McLaren-Ford 14 + 3:21.6 8 4
4 1   Graham Hill Lotus-Ford 14 + 3:58.8 9 3
5 26   Henri Pescarolo Matra-Ford 14 +7:11.0 13
6 29   Richard Attwood Brabham-Ford 13 +1 volta 20
7 20   Kurt Ahrens Brabham-Ford 13 +1 volta 19
8 22   Rolf Stommelen Lotus-Ford 13 +1 volta 22
9 31   Peter Westbury Brabham-Ford 13 +1 volta 18
10 30   Xavier Perrot Brabham-Ford 13 +1 volta 24
11 11   Jo Siffert Lotus-Ford 12 Suspensión 4 2
12 8   Jean-Pierre Beltoise Matra-Ford 12 Suspensión 10 1
Ret 9   Denny Hulme McLaren-Ford 11 Transmisión 5
Ret 15   Jackie Oliver BRM-Ford 11 Fuga aceite 16
Ret 2   Jochen Rindt Lotus-Ford 10 Encendido 3
Ret 28   François Cevert Tecno-Ford 9 Coroa da roda 14
Ret 27   Johnny Servoz-Gavin Matra-Ford 6 Motor 12
Ret 16   Jo Bonnier Lotus-Ford 4 Fuga combustible 23
Ret 17   Piers Courage Brabham-Ford 1 Accidente 7
Ret 12   Vic Elford McLaren-Ford 0 Accidente 6
Ret 3   Mario Andretti Lotus-Ford 0 Accidente 15
NTS 14   John Surtees BRM - Non arricou 11
NTS 24   Gerhard Mitter BMW - Accidente mortal na práctica 25
NTS 23   Hubert Hahne BMW - Non arrincou 17
NTS 25   Dieter Quester BMW - Non arrincou 21
NTS 21   Hans Herrmann Lotus-Ford - Non arrincou -

Posicións despois da carreira editar

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados das primeiras 6 roldas e os 4 mellores resultados das últimas 5 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas editar

Notas editar

  • Pole position: Jacky Ickx - 7:42.1
  • Volta rápida: Jacky Ickx - 7:43.8 na volta 7
  • Líderes por volta:
    • Jackie Stewart (1-6)
    • Jacky Ickx (7-14)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lang, Mike (1982). Grand Prix! Vol 2. Haynes Publishing Group. pp. 100–101. ISBN 0-85429-321-3. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1969
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1969
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1969
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1968
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1970