Gran Premio de Abu Zabi de 2016


O Gran Premio de Abu Zabi de 2016 (oficialmente coñecido como 2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 27 de novembro de 2016 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a sétima edición do Gran Premio de Abu Zabi e a sétima vez que a carreira disputouse como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

Emiratos Árabes Unidos Gran Premio de Abu Zabi de 2016
Detalles da carreira
Carreira 21 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.
Trazado do circuíto de Abu Zabi.
Trazado do circuíto de Abu Zabi.
Data 27 de novembro de 2016
Nome oficial Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2016
Localización Illa Yas, Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´554 km
Distancia 55 voltas, 305´470 km km
ClimaSeco e asollado. Temperatura 26 °C ambientais e 29 °C no asfalto, humidade relativa do 43%. Vento 18 km/h.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:38.755
Volta rápida
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:43.729 na volta 43
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Alemaña Sebastian Vettel Ferrari

Antecedentes editar

O Gran Premio de Abu zabi foi a carreira número 250 e última de Felipe Massa na Fórmula 1. Tamén foi a última carreira de Jenson Button ata o momento, o seguinte ano continuou en McLaren pero como piloto de probas. Foi a última carreira de Nico Hülkenberg con Force India que pasou a Renault, de Kevin Magnussen con Renault, que pasou a Haas e de Esteban Ocon con Manor que pasou a Force India en 2017.

Carreira editar

Na saída Lewis Hamilton mantivo a primeira posición. Nico Rosberg, pegado, consciente de que a segunda praza outorgaríalle o título. Por detrás, Kimi Räikkönen. Daniel Ricciardo marchaba cuarto, mentres o seu compañeiro de equipo trompeou e caeu ata a última praza. Na sexta volta Kevin Magnussen retirouse por problemas no seu Renault, seguido por Bottas unha volta máis tarde con problemas no seu Williams. Cando os líderes comezan a entrar en boxes, Ricciardo queda primeiro provisionalmente. Na 10ª volta a clasificación era Ricciardo, Pérez, Hamilton, Verstappen, Rosberg, Raïkkönen, Vettel, Button, Hulkenberg e Grosjean. Na volta 13 Jenson Button abandonou coa suspensión dianteira rota, na 15 o seguía Daniil Kvyat que rompeu a caixa de cambios do Toro Rosso, mentres Hamilton se queixaba dos seus pneumáticos.

Na volta 20 a clasificación provisional do GP de Abu Zabi de Fórmula 1 era Hamilton, Verstappen, Rosberg, Räikkönen, Ricciardo, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º), na seguinte volta Rosberg adiantou a Verstappen que ao entrar en boxes e caeu a oitava posición, coa esperanza de chegar ata o final sen volver a cambiar pneumáticos. Na volta 29 Hamilton entra en boxes e na volta 30 a situación era Vettel, Hamilton, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Massa, Alonso (8º), Hulkenberg e Pérez. Hamilton ralentizou a carreira para permitir que se acercara o dúo de Christian Horner a Nico Rosberg. A situación na volta 40 era Hamilton, Rosberg, Verstappen, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na Jvolta 44 Jolyon Palmer golpeou o difusor do F1 de Carlos Sainz ao apartarse para ser dobrlado. Dirección de carreira decidiu abrir unha investigación, pero o golpe afectou a Sainz e non podía pasar de segunda velocidade, tendo que abandonar.

Os 10 primeiros na volta 50 eran Hamilton, Rosberg, Verstappen, Vettel, Ricciardo, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na volta 53 Lewis Hamilton se escapa, pero logo de liala detrás. Sebastian Vettel se lanza sobre o Red Bull e adianta a Max Verstappen. Vettel era terceiro e foi a por Nico Rosberg. Por detrás, tócanse os Manor, Ocon e Wehrlein, Ocon voou sobre o piano. Na última volta Nico Rosberg aguantou as turradas de Sebastian Vettel. Max Verstappen estaba á caída. Todos contra Nico Rosberg pero o alemán aguantou e aínda que Vettel o intentou, non o conseguiu. Hamilton no podía ir máis lento. Nico Rosberg proclamouse campión do mundo de Fórmula 1 por primeira vez na súa traxectoria deportiva. Na carreira Hamilton foi primeiro seguido de Rosberg, Vettel, Verstappen, Daniel Ricciado, Kimi Räikkönen, Nico Hulkenberg e Sergio Pérez. Felipe Massa retirouse da Fórmula 1 na novena praza. Fernando Alonso foi décimo.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:39.487 1:39.382 1:38.755 1
2 6   Nico Rosberg Mercedes 1:40.511 1:39.490 1:39.058 2
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:41.002 1:40.429 1:39.589 3
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:40.338 1:39.629 1:39.604 4
5 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:40.341 1:40.034 1:39.661 5
6 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:40.424 1:39.903 1:39.818 6
7 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:41.000 1:40.709 1:40.501 7
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:40.864 1:40.743 1:40.519 8
9 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:41.616 1:41.044 1:41.106 9
10 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:41.157 1:40.858 1:41.213 10
11 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:41.192 1:41.084 11
12 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:41.158 1:41.272 12
13 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:41.639 1:41.480 13
14 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:41.467 1:41.564 14
15 30   Jolyon Palmer Renault 1:41.775 1:41.820 15
16 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 1:41.886 1:41.995 16
17 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:42.003 17
18 20   Kevin Magnussen Renault 1:42.142 18
19 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:42.247 19
20 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 1:42.286 20
21 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:42.393 21
22 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:42.637 22
107% tempo: 1:46.451
Fonte:[1]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 55 1:38:04.013 1 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 55 +0.439 2 18
3 5   Sebastian Vettel Ferrari 55 +0.843 5 15
4 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 55 +1.685 6 12
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 55 +5.315 3 10
6 7   Kimi Räikkönen Ferrari 55 +18.816 4 8
7 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 55 +50.114 7 6
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 55 +58.776 8 4
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 55 +59.436 10 2
10 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 55 +59.896 9 1
11 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 55 +1:16.777 14
12 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 55 +1:35.113 13
13 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 54 +1 volta 20
14 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 54 +1 volta 16
15 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 54 +1 volta 22
16 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 54 +1 volta 19
17 30   Jolyon Palmer Renault 54 +1 volta[2] 15
Ret 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 41 Danos por colisión 21
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 14 Caixa de cambios 17
Ret 22   Jenson Button McLaren-Honda 12 Suspensión 12
Ret 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 6 Suspension 11
Ret 20    Kevin Magnussen Renault 5 Suspensión 18
Fonte:[3]

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en negra indica que Mercedes e Nico Rosberg foron os Campións do mundo.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 26 November 2016. Consultado o 26 November 2016. 
  2. Jolyon Palmer recebíu 5 segundos de penalización por causar unha colisión co Carlos Sainz
  3. "2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 27 November 2016. Consultado o 28 November 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de Abu Zabi de 2015
Gran Premio de Abu Zabi Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2017