Gran Nicobar (Punjabi: ਵੱਡਾ ਨਿੱਕੋਬਾਰ , Nicobarese: ਟੋਕਿਏਂਗ ਲੌਂਗ, Tokieong Long) é a máis austral e máis grande das Nicobar da India, ao norte de Sumatra.

Gran Nicobar
Tokieong Long
ਵੱਡਾ ਨਿੱਕੋਬਾਰ
ਟੋਕਿਏਂਗ ਲੌਂਗ
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísIndia India
TerritorioAndaman e Nicobar
ArquipélagoIllas Nicobar
MarBaía de Bengala, no océano Índico
Coordenadas7°00′00″N 93°50′00″L / 7.00000, -93.83333Coordenadas: 7°00′00″N 93°50′00″L / 7.00000, -93.83333
Xeografía
Superficie1.045 km²
Longura máxima55 km.
Largura máxima28 km.
Perímetro202 km.
Punto máis alto642 m. Mount Thullier
Demografía
CapitalPort Blair
Poboación8.067 hab. (2014)
Densidade8´8 hab./km²

Historia editar

A grande illa de Nicobar foi severamente afectada polo terremoto do océano Índico en 2004, con moitas mortes e foi cortado todo contacto exterior por máis dun día.

Xeografía editar

A illa de Sumatra atópase a 180 km ao sur de Gran Nicobar. A illa ten unha superficie de 1.045 km² pero está escasamente habitada, cunha poboación de 8.067 habitantes, en gran parte cuberta pola selva tropical e coñecida pola súa diversa vida silvestre.

Demografía editar

A illa é o fogar da Gran Reserva da Biosfera de Nicobar, o punto máis austral da India e da Estación Aérea Naval, preto de Campbell Bay, Gran Nicobar Campbell Bay baixo os servizos conxuntos do Comando de Andaman e Nicobar (ANC) da Forzas Armadas Indias.[1] É a base aérea máis meridional das Forzas Armadas da India.[2]

A illa é o fogar do pobo Shompen.[3]

Topografía editar

A illa ten varios ríos, incluíndo o Alexandra, Amrit Kaur, Dogmar e Galathea. Practicamente todos os ríos flúen en dirección sur ou suroeste, o cal é indicativo da pendente xeral do terreo a través da illa. Hai outeiros ao longo da illa. O Monte Thullier, ten a maior elevación de Nicobar, a 642 m sobre o nivel do mar.[4]

Indira Point (6°45'10"N e 93°49'36"E) é o punto máis meridional da Grande Illa Nicobar e a propia India. O punto Indira diminuíu 4´25 m no tsunami do 26 de decembro de 2004 e o faro resultou danado. O faro funcionou posteriormente.

Fauna editar

A maior parte da illa declarouse como Gran Reserva da Biosfera de Nicobar, o fogar de moitas especies únicas e endémicas de plantas e animais.

Transporte editar

Hai unha pista de aterraxe de 915 m na baía de Campbell/Tenlaa na costa do leste.[5][6]

  • Porto marítimo: Polo menos un pequeno peirao de embarque está situado en Campbell Bay.

Galería editar

Notas editar

  1. "Naval air station opened in Campbell Bay". The Hindu. 2012-07-31. 
  2. "INS Baaz to keep hawk eye on threats in Indian Ocean Region". The Times of India. 2012-08-01. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  3. Trivedi, Rajni; Sitalaximi, T.; Banerjee, Jheelam; Singh, Anamika; Sircar, P. K.; Kashyap, V. K. (March 2006). "Molecular insights into the origins of the Shompen, a declining population of the Nicobar archipelago". Journal of Human Genetics 51 (3): 217–226. PMID 16453062. doi:10.1007/s10038-005-0349-2. 
  4. Shyam Singh Shashi (2005). Encyclopaedia of Indian Tribes. Anmol Publications Pvt Ltd. ISBN 81-7041-836-4. ... The main hill range runs from the north to south. Average height of the hills is 300m to 400m. The highest peak is Mount Thullier ... 
  5. "Missing Malaysia Airlines MH370 'Deliberately Diverted' Towards Andaman and Nicobar Islands: List of Unused Airports Where the Plane Possibly Landed [Photos]". 
  6. "Runways – Campbell Bay Airport Campbell Bay, Andaman and Nicobar Islands, India". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar