O Gran Lago do Oso (en inglés: Great Bear Lake, en slave Sahtú, en francés: Grand lac de l'Ours) é un lago do bosque boreal canadense. É o cuarto lago máis grande de Norteamérica e o oitavo do mundo. O lago está nos Territorios do Noroeste, sobre o círculo polar ártico entre os paralelos 65 e 67 latitude norte e os meridianos 118 e 123 lonxitude oeste.

Gran Lago do Oso
Gran Lago do Oso
PaísCanadá
CoordenadasCoordenadas: 66°N 121°O / 66, -121
Superficie31 153 km²
Capacidade2236 km³ hm³
Conca fluvial114 717 km²
Cota156 m msnm
Costa2719 km km
Profundidade446 m m
Prof. media71,7 m m
Illas26
CidadesDeline
Referencia[1][2]

O nome orixinouse da palabra chipewyan satudene, que significa "pobo da auga do oso grizzly". O pobo sahtu dene recibe o nome do lago, e o nome da Grizzly Bear Mountain na beira do lago tamén é chipewyan, e significa "outeiro do grande oso".[3][4]

A península Sahoyue (Grizzly Bear Mountain) no sur do lago e a península Edacho (Scented Grass Hills) no oeste forman o Lugar Histórico Nacional Canadense de Saoyú-ʔehdacho.[5][6]

Xeografía editar

O lago ten unha superficie de 31 153 km² e un volume de 2236 km³. O Gran Lago do Oso está cuberto de xeo dende finais de novembro a xullo.[2]

O lago é coñecido pola súa considerable claridade. O explorador John Franklin escribiu en 1828 que un pano branco situado na auga non desaparecía ata unha profundidade de quince brazas.[7]>

Galería editar

Notas editar

  1. Johnson, L. (1975). Physical and chemical characteristics of Great Bear Lake. J. Fish. Res. Board Can. 32. pp. 1971–1987. doi:10.1139/f75-234.  citado en Great Bear Lake Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (World Lakes Database)
  2. 2,0 2,1 Hebert, Paul (2007). "Great Bear Lake, Northwest Territories". Encyclopedia of Earth. Washington, DC: Environmental Information Coalition, National Council for Science and the Environment. Consultado o 2007-12-07. 
  3. Johnson, L. The Great Bear Lake: Its Place in History Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Calgary, Alberta: Arctic Institute of North America (AINA) database at the University of Calgary. pp. 236-237. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  4. "Natural Resources Canada-Canadian Geographical Names (Grizzly Bear Mountain)". Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  5. "Saoyú-ʔehdacho National Historic Site of Canada". Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  6. "Northwest Territories Protected Areas Strategy (Saoyú-ʔehdacho)". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  7. Franklin, John (1828). Narrative of a Second Expedition to the Shores of the Polar Sea. Carey, Lea, and Carey. p. 264. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar