Gran Duque de Finlandia

artigo de listas da Wikimedia

Gran duque de Finlandia (sueco: Storfurste av Finland, finés: Suomen suuriruhtinas), e ocasionalmente gran príncipe de Finlandia, foi un título real usado entre 1580 e 1720 pola maioría dos monarcas suecos. Tamén foi, de 1809 a 1917, o título oficial empregado polo emperador de Rusia en tanto que cabeza do autónomo Gran Ducado de Finlandia.

Xoán III de Suecia foi o primeiro en utilizar o título de gran duque de Finlandia

Arredor de 1580, Xoán III de Suecia que previamente fora duque de Finlandia (1556-1563) incorporou o título de gran duque de Finlandia ao dos reis de Suecia, con constancia da súa utilización por primeira vez en 1581 porén o título tan só se usou en ocasións moi formais xunto cunha longa restra de títulos reais que correspondían aos monarcas suecos. O último monarca sueco en utilizar o título foi Ulrica Leonor de Suecia en 1720. Non obstante en 1802 o rei Gustavo IV Adolfo de Suecia deulle o título ao seu fillo acabado de nacer, Carlos Gustavo, que morreu tres anos despois.

Despois da guerra finesa entre Rusia e Suecia polo Tratado de Fredrikshamn do 17 de setembro de 1809, Finlandia converteuse nunha entidade con autonomía do Imperio Ruso co nome de Gran Ducado de Finlandia cos emperadores rusos como titulares co título de gran duque.