O gothic metal (ou goth metal) é un estilo que combina a musicalidade do heavy metal coas atmosferas e ambientacións escuras do gothic rock.[1] A música deste estilo é diversa xa que os grupos clasificados dentro del adoptan a estética gótica a distintos xéneros de heavy metal.[2] As letras dos temas deste estilo adoitan ser melodramáticas, romanticas e tristes, tratando en ocasións temas de fantasía.[3][4]

Gothic metal
Orixe musicalHeavy Metal, gothic rock, death-doom.
Orixe culturalComezos dos anos 1990 no Reino Unido
Instrumentos típicosVoz, guitarra eléctrica, guitarra, baixo, batería, teclado, sintetizador, violoncello, violín

O estilo orixinouse a comezos dos anos 1990 en Europa evolucionando a partir do death-doom.[5][6] Os primeiros grupos considerados dentro deste estilo son os ingleses Paradise Lost,[7] My Dying Bride[8] e Anathema.[5] Outros grupos pioneiros da mesma época son os estadounidenses Type O Negative,[9] e os suecos Tiamat.[10] Os noruegueses Theatre of Tragedy desenvolveron unha estética denominada "a bela e a bestia" que combina voces masculinas agresivas con voces limpas femininas, estilo adoptado tamén por algúns outros grupos posteriores.[11] A mediados dos anos 1990 Moonspell,[12] Theatres des Vampires[13][14] e Cradle of Filth adaptaron a temática e estética gótica ao black metal.[15][16] A finais da década dos anos 1990 fíxose popular unha variante sinfónica do gothic metal, con grupos como Tristania[17] e Within Temptation.[18][19]

A comezos do século 21 o gothic metal comezou a ser máis popular en Europa, particularmente en Finlandia onde grupos como HIM,[20] Lullacry[21] e Poisonblack[22] conseguiron acadar os primeiros postos en listas de vendas. Nos Estados Unidos algunhas bandas como Type O Negative,[9] HIM,[20] Lacuna Coil,[23] Evanescence[24] e Cradle of Filth[25] tamén acadaron un certo éxito comercial.

Notas editar

  1. "Heavy Metal Classifications: A History of Gothic Metal". MetalDescent. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  2. Bowar, Chad. "Gothic Metal Artists". About.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 6 de maio de 2008. 
  3. "Gothic Metal". Radio Darkness. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  4. "Gothic metal". Allmusic. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Baddeley, Gavin (2002). Goth Chic: A Connoisseur's Guide to Dark Culture. Plexus. pp. 265–266. ISBN 9780859653084. 
  6. Sharpe-Young 2007, pp. 246, 275
  7. Sharpe-Young, Garry. "Paradise Lost biography". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  8. "New Album "Feel The Misery" Announced By My Dying Bride". MetalUnderground.com. 25 de xuño de 2015. 
  9. 9,0 9,1 Huey, Steve. "Type O Negative – Music Biography". Allrovi. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  10. "Tiamat". Sputnik Music. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  11. "Theatre Of Tragedy". Sputnik music. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  12. Begai, Carl (17 de marzo de 2015). "Moonspell - Worship Darkness In The Name Of Goth". BraveWords. 
  13. Sharpe-Young, Garry. "Sepolcrum". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2008. 
  14. Sharpe-Young, Garry. "Theatres des Vampires". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2010. 
  15. "MusicMight :: Artists :: Cradle of Filth". Rockdetector. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2008. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  16. Torreano, Bradley. "Dusk and Her Embrace – Cradle of Filth : Songs, Reviews, Credits, Awards : AllMusic". AllMusic. Consultado o 31 de outubro de 2012. 
  17. Rivadavia, Eduardo. "Tristania - Music Biography, Streaming Radio and Discography - AllMusic". AllMusic. Consultado o 29 de decembro de 2014. 
  18. "Artists :: Within Temptation". MusicMight. 7 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 15 de abril de 2010. 
  19. Sharpe-Young 2007, p. 294
  20. 20,0 20,1 Mesquita Borges, Mario. "H.I.M.". Allmusic. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  21. "Lullacry - Biography". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  22. "Poisonblack Posts New Music Video For "Scars"". MetalUnderground.com. 3 de outubro de 2011. 
  23. DaRonco, Mike. "Lacuna Coil". Allmusic. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  24. "Evanescence chart awards". Allmusic. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  25. Ankeny, Jason. "Cradle of Filth". Allmusic. Consultado o 18 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.