Good God's Urge é o segundo e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Porno for Pyros, publicado o 28 de maio de 1996 a través do selo Warner Bros. Records. Foi o único disco do grupo en contar co baixista Mike Watt, que axidou á banda a rematar o traballo despois de que Martyn LeNoble deixase o grupo antes de rematar de gravar todos os baixos. Lanzáronse tres sinxelos do disco.

Good God's Urge
Álbum de Porno for Pyros
Publicado28 de maio de 1996
Duración38:22
Xénero(s)rock alternativo, rock psicodélico, art rock
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porPerry Farrell, Thomas Johnson, Matt Hyde
Cronoloxía
Porno for Pyros
(1993)
Good God's Urge -

Ademais de Watt, colaboraron moitos músicos máis en varios dos temas. A canción "Porpoise Head" conta con Daniel Ash, David J e Kevin Haskins de Bauhaus, Love and Rockets e The Bubblemen. Good God's Urge tamén marcou unha reunión do ex-guitarrista de Jane's Addiction Dave Navarro cos seus antigos compañeiros, tocando a guitarra con eles no tema "Freeway". A canción tamén conta con Flea, compañeiro de Navarro en Red Hot Chili Peppers, que se uniría a Farrell, Perkins e Navarro para unha reunión de Jane's Addictiono seguinte ano.

A entón moza de Farrell, Christine Cagle, aparece na portada do disco.

Porno for Pyros entraría en hiato pouco despois do lanzamento deste traballo porque ao guitarrista Peter DiStefano diagnosticáronlle un cancro.

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "Porpoise Head"   4:15
2. "100 Ways"   3:42
3. "Tahitian Moon"   3:47
4. "Kimberly Austin"   3:13
5. "Thick of it All"   4:43
6. "Good God's://Urge!"   3:52
7. "Wishing Well"   3:40
8. "Dogs Rule the Night"   3:22
9. "Freeway"   4:23
10. "Bali Eyes"   3:28

Notas editar