Gonzalo Durán

médico e político galego

Gonzalo Durán Hermida, nado en Vilanova de Arousa o 1 de setembro de 1962, é un médico e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaGonzalo Durán
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Vilanova de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilanova de Arousa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vilanova de Arousa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , médico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Médico de profesión. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Vilanova de Arousa e foi a segunda forza máis votada, fronte ó PSdeG-PSOE que logrou a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura popular e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Durante o seu primeiro mandato consumouse a segregación da Illa de Arousa de Vilanova, no 1997. Nas sucesivas eleccións foi reelixido alcalde, sempre con maioría absoluta. En 2011 foi elixido presidente da Mancomunidade do Salnés[1], permanecendo no cargo ata 2019.


Predecesor:
Juan Manuel Dios Oubiña
  
Alcalde de Vilanova de Arousa
 
1995 - actualidade
Sucesor:
no cargo

É irmán do tamén político José Juan Durán Hermida.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar