[Verificar credibilidade]

Pastillas de goma de mascar.

A goma de mascar é unha goma para mastigar con sabor doce. Se ben a maioría das actuais teñen unha base de plástico neutro, o acetato polivinílico, até hai relativamente pouco tempo empregábase un polímero gomoso que se obtiña do zume dunha árbore tropical, a Manilkara zapota (Manilkara chicle), especie da familia das Sapotáceas orixinaria de México e América Central.[1] Polo seu sabor doce e aromático, numerosos pobos amerindios utilizábana para mastigar.[2][3]

Historia e orixe da goma de mascar editar

A época de creación da goma de mascar non se sabe con exactitude. Pero as investigacións fálannos dun elemento semellante á goma de mascar actual presente na Prehistoria. Na antigüidade as tribos mascaban resinas dalgunhas árbores e plantas que contiñan propiedades medicinais.

A orixe da goma de mascar actual aparece no sueste de México, coa existencia da tribo maia. Os maias sacábana da resina da árbore chicozapote facendo incisións nas codias para que a resina saíse. Despois de secar obtíñase unha forma gomosa que se empregaba principalmente para lavar os dentes ou nos rituais de xaxún.

Ao pasar o tempo a goma de mascar comezouse a comercializar como un produto de hixiene polo estadounidense John B.Curtis ata que no ano 1880 un vendedor de flocos de millo mesturou saborizantes con xarope de millo e despois engadiuno á mestura da goma de mascar, marcando o inicio da comercialización da goma de mascar de sabores.[3] A partir dese momento a goma de mascar foi considerada como un produto de ocio ata a nosa época, onde se crea principalmente mediante gomas elaboradas a partir de plásticos neutros aos que se lles engade saborizante.

Tipos de gomas de mascar editar

Gomas de mascar segundo a súa principal composición e sabor editar

  • Gomas de mascar naturais [4]
  • Gomas de mascar con sabores frutais [4]
  • Gomas de mascar sen azucre [4]
  • Gomas de mascar con interior líquido [4]

Gomas de mascar segundo o formato de venta editar

  • Cut & wrap: este tipo de goma de mascar é máis branda e elástica. Elabórase principalmente mediante glicosa e edulcorantes líquidos.[5]
  • Sticks ou tabs: teñen forma laminada e delgada e son máis duros. Xeralmente teñen máis goma base para soportar procesos como o estiramento e a envoltura e ademais teñen un menor nivel de glicosa para endurecelos.[5]
  • Graxeas: goma base recuberta por un confitado de glicosa. [5]
  • Bólas ocas: teñen menos elasticidade que o cut & wrap. [5]
  • Goma de mascar con interior líquido: a súa goma base ten elasticidade xusta para estirarse e un nivel de plasticidade adecuado para diferentes formas de prensado. Ademais a goma base ten que ser resistente para que o líquido do interior non saia.[5]
  • Caramelo recheo de goma de mascar: non pode ser moi viscoco debido ás altas temperaturas de creación do caramelo debido a que a goma de mascar pode desfacerse ou ser difícil de traballar.[5]

Elaboración da goma de mascar editar

  1. Derretido: a goma base derrítese e purifícase para facilitar o seu moldeado e emprego. [6]
  2. Mesturado: a base é vertida nunha máquina mesturadora, para despois engadirlle colorantes, saborizantes e aromas.[6]
  3. Enrolado: a barra de goma de mascar obtida na mestura é aplanada e bótaselle azucre para evitar que se pegue. [6]
  4. Cortado: córtase a goma de mascar en diferentes formas.[6]
  5. Acondicionamento: a goma de mascar é trasladada a cámaras acondicionadas para asegurar unha boa textura.[6]
  6. Partido: sécase a goma de mascar xa moldeada e preparada para despois envolvela. [6]

A goma de mascar e a saúde editar

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Efectos positivos sobre a saúde editar

  1. Limpeza dental. Mascar gomas de mascar (en especial sen azucre) facilita o proceso de salivación da boca, axudando á eliminación de partículas de comida, fortalecendo os dentes e facendo máis difícil a aparición de carie (principalmente causada pola acumulación de fragmentos de alimento e restos orgánicos na boca).[7]
  2. Redución de bacterias. Algunhas gomas de mascar conteñen xilitol, un edulcorante de orixe natural que segundo algúns estudos axuda a reducir a cantidade de bacterias ao non resultar unha substancia eficiente para o funcionamento das mesmas.[7].[8][9]

Efectos negativos sobre a saúde editar

  1. O uso de sorbitol. Este elemento aparece nalgunhas gomas de mascar sen azucre, e pode resultar daniño o seu consumo nun exceso que supere os cinco gramos diarios, xa que pode ocasionar diarrea crónica e dor estomacal forte debido aos seus efectos laxantes.[Cómpre referencia]
  2. O uso de fenilalanina. Este edulcorante empregado nalgunhas gomas de mascar tamén sen azucre pode resultar perigosa para as persoas que sofren de fenilcetonuria, unha condición hereditaria na que o metabolismo do corpo é incapaz de procesar a fenilalanina, provocando unha intoxicación que afecta ao sistema nervioso, chegando a causar dano no cerebro.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Aira, Toni (maio de 2009). "El xiclet és un llegat dels hàbits higiènics de l'antigua cultura maia". Sàpiens (Barcelona) (79): 13. ISSN 1695-2014. 
  2. Duran, Xavier (xuño de 2011). "El xiclet". Sàpiens (Barcelona) (104): 22. ISSN 1695-2014. 
  3. 3,0 3,1 "Chicle". cancun-online.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "El chicle y sus antecedentes". Quiminet.com. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Diferentes tipos de chicle". Cafosa.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Como se hace el chicle". Quiminet.com. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "Nutrition and oral health". Colgate.com. 
  8. Dawes, C. (2010). "Xylitol as Caries Prevention?". Caries Research (en inglés) 44 (2): 170–170. ISSN 1421-976X. doi:10.1159/000314069. 
  9. Mäkinen, K.K.; Saag, M.; Isotupa, K.P.; Olak, J.; Nõmmela, R.; Söderling, E.; Mäkinen, P.-L. (2005). "Similarity of the Effects ofErythritol and Xylitol on SomeRisk Factors of Dental Caries". Caries Research (en inglés) 39 (3): 207–215. ISSN 0008-6568. doi:10.1159/000084800.