O golfo de México é o maior golfo do mundo, estando cercado por terras continentais de México e dos Estados Unidos de América, e insulares de Cuba. Ten unha superficie de aproximadamente 1 550 000 km2.

Golfo de México
Localización administrativa
Estado México
Estados Unidos de América Estados Unidos
Cuba
DivisiónBaía de Apalache
Baía de Apalachicola
Baía de Campeche
Baía de Tampa
Golfo de Guanahacabibes
Laguna de Términos
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteAmérica do Norte
Illa/sCuba
Xeografía
Mares contiguosCaribe e océano Atlántico
Illas interioresIlla Pérez (arrecife Los Alacranes), caios da Florida
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Campeche e baía Apalachee
PenínsulasPenínsulas do Iucatán e da Florida
EstreitosCanle do Iucatán (co Caribe) e estreito de Florida (co Atlántico)
Características
Superficie1 550 000 km²
Profundiade máxima4384 m (Fosa de Sigsbee)
Outros datos
Primeira exploraciónAmérico Vespucio (1497)
Número da IHO26[1]
Mapa

Batimetría do golfo

Vista satélite
Cantarell

Xeografía editar

A costa sur do golfo baña o noroeste da illa de Cuba e os estados mexicanos de Tabasco, Campeche, Iucatán, e parte de Quintana Roo. A costa occidental baña os estados mexicanos de Tamaulipas e Veracruz e o estado norteamericano de Texas. A costa norte baña os estados norteamericanos de Luisiana, Mississippi, Alabama e Florida, que tamén limita ao golfo polo leste. O golfo de México está comunicado co océano Atlántico a través do estreito de Florida, entre USA e Cuba, e co mar Caribe por medio da canle do Iucatán, entre México e Cuba.

O trópico de Cáncer atravesa o golfo de México, deixando o terzo máis meridional en zona tropical. Do golfo orixínase a corrente do Golfo, unha corrente de augas quentes que atravesa o océano Atlántico, sendo unha das máis fortes correntes oceánicas coñecidas. O golfo tamén é visitado moitas veces por poderosos furacáns, algúns dos cales son responsábeis dun gran número de mortes e destrución.

A baía de Campeche (México) é maior baía do golfo. Alén dela a costa do golfo posúe innúmeras baías e foces. Un gran número de ríos desaugan no golfo, de entre os cales o máis notábel é Mississippi. A terra que forma a costa do golfo, inclusive moitas illas de sedimentación, é case uniformemente baixa e caracterizada por pantanos e terras bastante húmidas, ou ben por extensións areosas.

A plataforma continental é bastante larga en case todos os puntos da costa. Contén petróleo nalgúns puntos (principalmente a oeste), que é extraído a través de plataformas marítimas. Outra actividade comercial importante é a pesca, de peixes e crustáceos. Ao longo da costa dáse tamén a construción de navíos, industrias petroquímicas e de almacenamento de petróleo e derivados, fábricas de papel e forte actividade turística.

Entre as cidades costeiras inclúense: Tampa, Pensacola, Nova Orleáns, Houston (nos EUA) , Veracruz, Mérida (en México), e Habana (en Cuba).

A área costeira do golfo foi primeiro colonizada por grupos indíxenas norteamericanos, incluíndo as culturas avanzadas de México. Durante a colonización europea, a rexión tornouse escenario dunha contenda entre España, Francia e Inglaterra. Hoxe en día, a cultura da rexión é predominantemente hispano-americana e anglo-americana.

Historia editar

Aínda que Cristovo Colón é acreditado como o descubridor de América, ningún dos barcos nos seus catro viaxes chegaron ao golfo de México. No ano 1492 tomou posesión das Bahamas en nome da Coroa española, convencido de atopar unha nova ruta marítima cara a Asia. Colón nas viaxes posteriores só navegou en augas do mar Caribe, ao redor das illas de Cuba e A Española. O primeiro europeo que explorou en augas do golfo de México foi Américo Vespucio en 1497. Seguiu a liña costera continental de América Central antes de volver ao océano Atlántico a través do estreito de Florida, entre a península de Florida e a illa de Cuba. Nas súas cartas, Vespucio describiu esta viaxe, e unha vez que Juan de la Cosa regresou a España realizou un famoso mapa que xa representa a Cuba como unha illa (Mapa de Juan de la Cosa).

En 1506, Hernán Cortés tomou parte na conquista da Española e de Cuba, recibindo unha gran propiedade de terra e escravos indios polo seu esforzo. En 1510, acompañou a Diego Velázquez de Cuéllar, un axudante do gobernador da Española, na súa expedición á conquista de Cuba. En 1518 Velázquez púxolle ao mando dunha expedición para explorar e asegurar o interior de México para a colonización.

En 1517, Francisco Hernández de Córdoba descubriu a península do Iucatán, sendo o primeiro europeo que se atopou cunha civilización avanzada no continente americano, que contaba con edificios de sólida construción e unha organización social complexa que recoñeceu comparables coas do Vello Mundo; tamén tivo razón en esperar que nesa nova terra habería ouro. Todo isto animou dúas expedicións máis, a primeira en 1518, baixo o mando de Juan de Grijalva, e, a segunda en 1520, baixo o mando de Hernán Cortés, que conduciu á exploración española, a invasión militar, e en última instancia os asentamentos e a colonización coñecida como a conquista de México. Hernández non viviu para ver a continuación da súa obra: morreu en 1517, o ano da súa expedición, como consecuencia das lesións e a sede extrema sufrida durante a viaxe, e decepcionado ao saber que Diego Velázquez dera prioridade a Grijalva como capitán da seguinte expedición ao Iucatán.

En 1523, Ángel de Villafañe navegou cara á cidade de México, pero naufragou no camiño ao longo da costa da illa Padre, Texas, en 1554. Cando a noticia do desastre chegou á Cidade de México, o vicerrei solicitou unha frota de rescate e enviou de inmediato a Villafañe marchar por terra ata atopar os barcos cargados de tesouros. Villafañe viaxou a Pánuco e contratou un barco para transportalo ao sitio, que xa fora visitado desde esa comunidade. Chegou a tempo para saudar a García de Escalante Alvarado (sobrino de Pedro de Alvarado), comandante da operación de salvamento, cando Alvarado chegou por mar o 22 de xullo de 1554. O equipo traballou ata o 12 de setembro para salvar o tesouro da illa Padre. Esta perda, en combinación con outros desastres de barcos en todo o golfo de México, deu lugar a un plan para establecer un asentamento na costa norte do golfo para protexer a navegación e facer máis rápido o rescate dos náufragos. Como resultado, foi enviada a expedición de Tristán de Luna y Arellano, que desembarcou na baía de Pensacola o 15 de agosto de 1559.

O 11 de decembro de 1526, Carlos V concedeu a Pánfilo de Narváez unha licenza para reclamar o que hoxe é a costa do golfo dos Estados Unidos, coñecida como a expedición de Narváez. O contrato dáballe un ano para reunir un exército, saír de España, ser o suficientemente grande para fundar polo menos dúas cidades de 100 persoas cada unha, e a guarnición de dúas fortalezas máis en calquera lugar ao longo da costa. O 7 de abril de 1528, viron terra ao norte do que hoxe é a baía de Tampa. Volveuse cara ao sur e viaxou durante dous días en busca dun gran porto que Miruelo, piloto mestre, coñecía. Nalgún momento durante eses dous días, unha das cinco naves restantes perdeuse na accidentada costa, pero nada máis se sabe dela.

Aínda que España mantivo o control desta rexión marítima ao longo dos séculos seguintes, tamén estableceron colonias nas illas orientais do Caribe outros países como Gran Bretaña, Francia, Holanda e Dinamarca. En 1697, Pierre Le Moyne d'Iberville navegou desde Francia e foi elixido polo Ministro de Mariña para dirixir unha expedición para descubrir a desembocadura do río Mississippi e colonizar a Luisiana que os ingleses cobizaban. a frota de Iberville partiu de Brest o 24 de outubro de 1698. O 25 de xaneiro de 1699, Iberville chegou á illa Santa Rosa fronte a Pensacola, fundada polos españois; navegou desde alí á baía de Mobile e explorou a illa Massacre, máis tarde rebautizada como illa Dauphin. Botou a áncora entre a illa Cat e a illa Ship, e o 13 de febreiro de 1699, trasladouse á parte continental, Biloxi, co seu irmán Jean-Baptiste Le Moyne de Bienville.[2] O 1 de maio de 1699 xa se completara un forte no lado nordés da baía de Biloxi, un pouco na parte traseira do que hoxe é Ocean Springs, Mississippi. Esta fortaleza foi coñecida como Fort Maurepas ou Biloxi Vella. Poucos días despois, o 4 de maio, Pierre Le Moyne embarcouse para Francia deixando ao seu irmán adolescente, Jean-Baptiste Le Moyne, como segundo ao mando do destacamento francés. Ata inicios do século XIX o golfo de México era coñecido polo nome de Seno Mexicano ou Seno Mejicano.

No século XIX, foron moitos os barcos mercantes dos Estados Unidos de América que navegaban polo Caribe, especialmente logo de 1848, cando moitos buscadores de ouro dirixíanse por mar cara a California.

Desde a segunda guerra mundial, moitas illas caribeñas albergan bases militares estadounidenses que foron creadas para protexer a Canle de Panamá. A base naval de Guantánamo, en Cuba (construída en 1899), é a máis antiga das instalacións militares dos Estados Unidos de América no Caribe.

Na porción do golfo de México correspondente ao litoral norte da península do Iucatán, cara á canle do Iucatán, caería fai 65 millóns de anos un meteorito formando un cráter de 180 km de diámetro, denominado Cráter de Chicxulub, e provocando a extinción dos dinosauros e outras especies.[3][4]

Notas editar

  1. «Limits of oceans and seas Arquivado 24 de xuño de 2009 en Wayback Machine.» (Límites de océanos e mares) (3ª edición de 1953). Sitio oficial da «International Hydrographic Organization»
  2. Kevin Knight (2009). "Pierre Le Moyne, Sieur d'Iberville". newadvent.org. Consultado o 8 de maio de 2009. 
  3. El Cráter de Chicxulub y la extinción de los dinosaurios. Arcadio Poveda Ricalde, Fernando Espejo Méndez, Mérida, 2007. ISBN 968-5011-78-8
  4. Buckley, A. (1997). "Dinosaur Extinction Page". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2008. Consultado o 28 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar