O golfo de Adén ou Aden[1] atópase no océano Índico, entre o Iemen (na costa sur da Península Arábiga) e Somalia (no leste de África). Polo noroeste está conectado co Mar Vermello a través do estreito de Bab-el-Mandeb.

Golfo de Adén
Localización administrativa
Estado Iemen
Somalia Somalia
Djibuti Djibuti
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia e África
Xeografía
Mares contiguosMar Vermello e mar Arábigo
Illas interioresSocotra
Cidades ribeiregasAdén (IEM) e Bardhere (SOM)
Accidentes
EstreitosBab el-Mandeb (mar Vermello)
Características
Lonxitude máxima1000 km
Anchura máxima150-440 km
Mapa

Localización do golfo de Adén.

Mapa da rexión do golfo de Adén.
Golfo de Adén

A súa lonxitude é de 1000 km e a súa anchura varía entre 150 e 440 km. O golfo é unha vía moi importante para o transporte da produción do petróleo do Golfo Pérsico, o cal dálle unha notable importancia a nivel mundial. Ademais, encóntranse nel numerosas cantidades de peixes e corais, posto que as súas augas non foron contaminadas dun xeito apreciable. Os dous portos máis importantes están en Adén, no Iemen e en Bardhere e Bosaso, en Somalia.

Non é unha zona considerada segura, dada a inestabilidade de Somalia e a que o Iemen posúe forzas de seguranza insuficientes para a zona, existindo casos de piratería e de ataques terroristas.

Véxase tamén editar

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Aden (Iemen)