Goiabeira

especie de planta
Goiabeira

Goiabeira (Psidium guajava)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Myrteae
Xénero: Psidium
Especie: P. guajava
Nome binomial
'Psidium guajava'
L.

A goiabeira[1] (Psidium guajava L.) é unha pequena árbore froiteira tropical, nativa de toda a América, agás Canadá[2]. O froito é coñecido como goiaba[1] ou guaiaba.[3]

No Brasil é coñecida polo nome de araçá.

Presenta tres variedades:

  • Psidium guajava var. cujavillum (Burman) Krug & Urb. 1894
  • Psidium guajava var. guajava
  • Psidium guajava var. minor Mattos 1976

Distribución e hábitat editar

É un arbusto ou arboriña natural da América tropical. Moi cultivada para a produción de froitos, en pomares domésticos ou comerciais, medra espontaneamente en todo o Brasil. Hoxe atópase brava noutras zonas tropicais do planeta, coma en África do Sur. É considerada planta invasora nos EUA.

Descrición editar

Pequena árbore semidecidua de até 6 m de altura.

 
Tronco

Tronco tortuoso, pólas novas cuadrangulares e pubescentes. A madeira é dura, a casca, lisa, con taninos e de cor cinsenta, escama con frecuencia e presenta manchas.

Follas ovais, opostas, sinxelas, cartáceas, de até 12 cm de longo e cor verde clara.

 
Flor

Flores pequenas, brancas, solitarias ou en pequenos acios, formadas na primavera[4].

Os froitos son bagas verdes ou amarelas de pela rugosa, con polpa suculenta doce acidulada aromática, branca, rósea, avermellada ou arroxada, con moitos "carozos" (sementes). Madurecen no verán.

 
Goiaba

Os catro sépalos da flor persisten na extremidade da goiaba.

Na natureza, a goiaba é case sempre atacada polo bicho da goiaba, larva da mosca do xénero Anastrepha.

Usos editar

As goiabas consómense principalmente frescas ou en forma de doces (goiabada), compotas, xeleas, zumes e sorbetes. Úsanse moito na industria.

Son ricas en vitamina C, con de 180 a 300 miligramos de vitamina por 100 gramos de froita (mais cá laranxa ou o limón). Ten cantidades razoábeis de vitaminas A e do complexo B, alén de sales minerais, como calcio, fósforo e ferro.

Uso medicinal editar

En etnofarmacoloxía a raíz é usada para diarreas na infancia. A infusión, en gargarexos ou gargarismos, é usado para inflamacións da boca e da gorxa ou en lavaduras de úlceras e na leucorrea[5][6].

As follas teñen un aceite volátil rico en sesquiterpenos, entre eles o bisaboleno, alén do dietoximetano e dietoxetano que dan o aroma dos froitos. O principal compoñente do aceite das sementes é o ácido linoleico[7][8].

O extracto acuoso do "ollo" (gromo) da goiabeira ten unha intensa actividade contra Salmonela, a Serratia e Staphylococcus, grandes responsábeis das diarreas de orixe microbiana. A actividade é máis forte na variedade de polpa vermella, e máis fraca nas follas adultas e na casca[5]. A polpa é usada para tratar parasitos intestinais coma Giardia lamblia e lombrigas (Enterobius vermicularis).

Sinonimia editar

  • Myrtus guajava (L.) Kunze 1898
  • Psidium cujavus L. 1754
  • Psidium pomiferum L. 1762
  • Psidium pyriferum L. 1762
  • Psidium cujavillus Burm.f. 1768
  • Psidium angustifolium Lam. 1789
  • Psidium pumilum Vahl 1791
  • Psidium vulgare Rich. 1792
  • Psidium sapidissimum Jacq. 1798
  • Psidium pumilum var. guadalupense DC. 1828
  • Psidium aromaticum Blanco 1837, nom. illeg.
  • Psidium pyriferum var. glabrum Benth. 1840
  • Psidium fragrans Macfad. 1850
  • Psidium intermedium Zipp. ex Blume 1850
  • Psidium prostratum O.Berg 1856
  • Guajava pumila (Vahl) Kuntze 1891
  • Guajava pyrifera (L.) Kuntze 1891
  • Syzygium ellipticum K.Schum. & Lauterb. 1900
  • Psidium igatemyense Barb.Rodr. 1903.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.
  2. Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. 13 Sep 2009
  3. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 127. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  4. Lorenzi, Harri: Árvores brasileiras: manual de identificação e cultivo de plantas arbóreas do Brasil, vol. 1. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002, 4a. edição. ISBN 85-86174-16-X
  5. 5,0 5,1 Matos, F.J.A. 2002. Farmácias Vivas - sistema de utilização de plantas medicinais projetado para pequenas comunidades, 4a. edição. Edições UFC, Fortaleza. (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  6. Carriconde, C. 2000. Introdução ao uso de fitoterápicos nas patologias de APS. CNMP, Olinda (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  7. Craveiro, A.A., G.F. Fernandes, C.H.S. Andrade et al., 1981. Óleos essenciais de plantas do Nordeste. Edições UFC, Fortaleza (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  8. Robineau, L.G. (ed.) 1995. Hacia una farmacopea caribeña/TRAMIL. Enda-Caribe UAG & Universidad de Antioquia. Santo Domingo (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  9. Sinónimos en Kew

Véxase tamén editar