Gloria Vanderbilt

Gloria Laura Vanderbilt, nada en Nova York o 20 de febreiro de 1924 e finada na mesma cidade o 17 de xuño de 2019, foi unha artista, escritora, actriz, deseñadora de moda, herdeira e dama de sociedade estadounidense, pertencente á dinastía da familia Vanderbilt. Fíxose famosa por deseñar os primeiros blue jeans.

Infotaula de personaGloria Vanderbilt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gloria Laura Vanderbilt Editar o valor em Wikidata
20 de febreiro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 2019 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaVanderbilt Family Cemetery and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Neighborhood Playhouse School of the Theatre
Miss Porter's School (en) Traducir
Wheeler School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e Deseño de moda Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , socialité , actriz de televisión , deseñador de moda , deseñadora , empresaria , autobiógrafa , pintora , novelista , escritora , autora de diarios Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Vanderbilt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeWyatt Emory Cooper (pt) Traducir (1963–1978), morte do cónxuxe
Sidney Lumet (1956–1963), divorcio
Leopold Stokowski (pt) Traducir (1945–1955), divorcio
Pat DiCicco (en) Traducir (1941–1945), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosLeopold Stanislaus Stokowski (en) Traducir
 () Leopold Stokowski (pt) Traducir
Christopher Stokowski (en) Traducir
 () Leopold Stokowski (pt) Traducir
Carter Vanderbilt Cooper (en) Traducir
 () Wyatt Emory Cooper (pt) Traducir
Anderson Cooper
 () Wyatt Emory Cooper (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisReginald Claypoole Vanderbilt Editar o valor em Wikidata  e Gloria Morgan-Vanderbilt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGertrude Vanderbilt Whitney (pt) Traducir (tia parterna (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0888742 IBDB: 478212
WikiTree: Vanderbilt-134 Find a Grave: 189824824 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Vanderbilt e a súa nai
 
Vanderbilt en 1958. Foto de Carl Van Vechten

Única filla e herdeira do millonario Reginald Claypoole Vanderbilt[1] e da súa segunda esposa, Gloria Morgan,[2] foi bautizada na igrexa episcopal como Gloria Laura Vanderbilt e, despois da morte do seu pai, foi confirmada na igrexa católica, á que pertencía a súa nai. Tiña unha irmá, Cathleen Vanderbilt, do primeiro matrimonio do seu pai con Cathleen Neilson.

Converteuse en herdeira dunha media parte nun fondo fiduciario de cinco millóns de dólares á morte do seu pai por cirrose cando tiña dezaoito meses de idade. Os dereitos para o control dese fondo, mentres Gloria foi menor de idade, pertencían á súa nai, que viaxou durante anos a París, levando a súa filla con ela. Estiveron acompañadas por unha coidadora, a quen Gloria chamara "Dodo", que tivo un papel tumultuoso na vida da nena, e pola irmá xemelga da súa nai, Thelma, que era a amante do príncipe de Gales durante ese tempo.

Como resultado do gasto frecuente, o uso das finanzas da súa nai foi examinado pola tía paterna de Gloria, Gertrude Vanderbilt Whitney. Escultora e filántropa, Whitney quería a custodia da súa sobriña, o que deu lugar a un xuízo pola custodia. O xuízo foi tan escandaloso que en ocasións o xuíz mandou a todo o mundo que saíse da sala coa fin de escoitar o que a nova Vanderbilt tiña que dicir, sen que ninguén influíse nela. Algunhas persoas escoitaron choros e lamentos dentro da sala do tribunal. Oíronse testemuños que presentaban a nai como non apta e finalmente perdeu a batalla e Gloria quedou baixo a tutela da súa tía Gertrude.

Os acontecementos que desatou a herdanza e o célebre xuízo nos tribunais foron levados á pantalla na miniserie Little Gloria... Happy at Last.[3][4]

Carreira profesional editar

Entre 1954 e 1963, Vanderbilt tratou de converterse en actriz. Estudou interpretación no Neighborhood Playhouse con Sanford Meisner e debutou en 1954 en The Swan, no Pocono Playhouse de Mountainhome, Pensilvania. En 1955 actuou en Broadway como Elsie en The Time of Your Life, de William Saroyan.[5] Vanderbilt tamén apareceu en dramas televisivos en directo e gravados, como Playhouse 90, Studio One in Hollywood e The Dick Powell Show. Tamén actuou nun episodio en dúas partes de The Love Boat en 1981.[6]

Vanderbilt comezou a súa carreira como modelo con quince anos, aparecendo en Harper's Bazaar.[7] Durante a década de 1970, entrou no negocio da moda, primeiro con Glentex, cedendo o seu nome e unha colección das súas pinturas para unha liña de bufandas.[8]

Vanderbilt estudou arte no Art Students League de Nova York.[5] Fíxose famosa pola súa obra con exposicións dos seus óleos, acuarelas e pasteis. Estas obras foron adaptadas aos téxtiles, e Vanderbilt comezou a deseñar especificamente para teas, cerámicas e cristalerías.[9] Ademais, escribiu dous libros sobre arte e decoración, catro volumes de memorias e tres novelas, e foi unha contribuidora habitual en The New York Times, Vanity Fair e Elle.[10]

Falecemento editar

Faleceu o 17 de xuño de 2019 aos noventa e cinco anos de idade, segundo o comunicado emitido polo seu fillo Anderson Cooper; pouco tempo antes detectáraselle un cancro de estómago.[11][12][13] Foi enterrada preto do seu fillo Carter e o seu último marido Wyatt no panteón da familia Vanderbilt no cemiterio moravo de Staten Island.

Matrimonios e fillos editar

En 1941, con dezasete anos, casou con Pasquale («Pat») DiCicco, do que se divorciou en 1945. Ese ano casou con Leopold Stokowski, co que tivo dous fillos, Leopold Stanislaus «Stan» Stokowski (1950) e Christopher Stokowski (1952). Divorciáronse en 1955. o 28 de agosto de 1956 casou co director de cinema Sidney Lumet, do que se divorciou en 1963.

En 1963 casou con Wyatt Emory Cooper de quen tivo a Carter Vanderbilt Cooper (1965-1988) e Anderson Hays Cooper (1967). Wyatt Cooper faleceu en 1978 durante unha operación a corazón aberto e Carter Cooper suicidouse aos vinte e tres anos saltando do décimo cuarto piso do apartamento da familia.

Mantivo unha relación con Gordon Parks ata a morte do fotógrafo en 2006.[14]

Notas editar

  1. "Vanderbilt Dead After Hemorrhage Last Night". The Evening Independent. 4 de setembro de 1925. Consultado o 15 de marzo de 2011. 
  2. "Reginald C. Vanderbilt and Gloria Morgan To Wed Tomorrow". Providence News. 5 de marzo de 1923. Consultado o 15 de marzo de 2011. 
  3. "Mrs. Vanderbilt's Paris Life Exposed". Lewiston Daily Sun. 2 de outubro de 1934. Consultado o 13 de agosto de 2010. 
  4. "To Gloria Vanderbilt at the Ritz". Life. 17 de xaneiro de 1938. p. 17. Consultado o 24 de novembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Koseluk, Chris (17 de xuño de 2019). "Gloria Vanderbilt, Heiress With a Knack for Reinvention, Dies at 95". The Hollywood Reporter. 
  6. Szabo, Julia (25 de febreiro de 2001). "Inside Epiphany; All Hams On Deck". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  7. Bekiempis, Victoria; agencies (17 de xuño de 2019). "Gloria Vanderbilt, New York artist, model, heiress and socialite, dies at 95". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-06-19. 
  8. Harper, Marques (17 de xuño de 2019). "How Gloria Vanderbilt used her authenticity and ‘great taste’ to build her denim line". Los Angeles Times (Os Ánxeles: Los Angeles Times Communications LLC (Nant Capital)). Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  9. "PHOTOS: The Reinventions Of Gloria Vanderbilt". HuffPost (en inglés). 9 de novembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  10. "Gloria Vanderbilt (Author of It Seemed Important at the Time)". Goodreads.com. 3 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2013. 
  11. El País: Muere Gloria Vanderbilt, la versión femenina del Hombre del Renacimiento. (en castelán)
  12. CNN: Gloria Vanderbilt muere a los 95 años. (en castelán)
  13. BBC: Muere Gloria Vanderbilt, la rica heredera e ícono de la moda cuya vida quedó marcada por el suicidio de su hijo. (en castelán)
  14. VanMeter, Jonathan (16 de xullo de 2000). "Gloria Vanderbilt + Gordon Parks". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2011. Consultado o 2 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar