Globo de papel seda

Os globos de papel seda (chamados tamén globos de papel de seda, globos de papel, globos luminosos e globos de papel de China) son aeronaves non tripuladas (aeróstatos sen tripulación) que forman parte da identidade cultural de países como a Arxentina, o Brasil, Colombia, o Perú, México e moitos de Asia. O seu obxectivo primixenio era o de ser un simple pasatempo, pero acabaron converténdose unha verdadeira arte: realízanse obras de luz e cor e, conceptualmente, "píntase con papel".

A pesar disto, en países como Brasil están totalmente prohibidos, e esta práctica está considerada como delito polas autoridades competentes.[1] O conto O Globo Fantasma de Rubem Fonseca narra de forma maxistral este conflito.

A razón débese a que o globo utiliza o principio de Arquimedes para ser menos denso que o aire e poderse elevar. En consecuencia, é necesario de empregar un dispositivo que produza calor no interior do globo, para facer que o aire do seu interior sexa menos denso que o do ambiente. Este elemento, que se constitúe como o "motor" do globo, consiste nun queimador de papel absorbente e parafina, que van acesos, aínda que a combustión é lenta, total e sen brasa.

O feito de levar lume representa un risco, polo que os globos deben ceibarse só en condicións favorábeis de vento, en lugares permitidos, libres de obstáculos e con certos criterios de seguridade.

Este tema é tan polémico que en Colombia as grandes empresas uníronse e crearon a campaña "dile no a los globos"; porén, na cidade de Medellín o asunto dos globos ten moita forza non só como tradición, senón tamén como tributo cultural.

En Galicia, o famoso globo de Betanzos é un fenómeno relacionado.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Artigo 42 da Lei de Crimes Ambientais (Lei nº 9.605/98): Fabricar, vender, transportar ou soltar balões que possam provocar incêndios nas florestas e demais formas de vegetação, em áreas urbanas ou qualquer tipo de assentamento humano, pode levar a pessoa a ser condenada à pena de detenção, de um a três anos, ou multa, ou ambas cumulativamente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar