Alton Glenn Miller (1 de marzo de 1904 - 15 de decembro de 1944) foi un músico de jazz americano da época do Swing. Unha das súas cancións máis coñecidas, e probablemente a máis coñecida do xénero, foi In the Mood, traducida normalmente como En forma ou De bo humor.

Infotaula de personaGlenn Miller

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alton Glenn Miller Editar o valor em Wikidata
1 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Clarinda, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Desapariciónc. P746 , Canal da Mancha Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Canal da Mancha Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado en Boulder Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico de jazz , director de orquestra , aviador , arranxador , líder de banda , compositor , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor em Wikidata - 1944 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJazz, Swing, Big Band e Blues Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrombón Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBluebird
RCA Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHelen Dorothy Burger Miller (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLewis Elmer Miller (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mattie Lou Cavender (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webglennmiller.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001895 Allocine: 36388 Allmovie: p102860 TV.com: people/glenn-miller IBDB: 412035
Facebook: GlennMiller Spotify: 2aAHdB5HweT3mFcRzm0swc iTunes: 75190508 Last fm: Glenn+Miller Musicbrainz: 7b353d3c-2bd9-40e3-a21d-b7da3f941339 Discogs: 77991 Allmusic: mn0000661172 WikiTree: Miller-30319 Find a Grave: 2575 Deezer: 1831 Genius: Glenn-miller Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

 
Busto de Glenn Miller en Bedford.

Nado da relación entre Elmer Miller e Mattie Lou Cavender, iniciouse na música cando o seu pai lle regalou unha mandolina, que logo cambiou por unha corneta, primeiro instrumento de vento que tocou. Nesa época a familia Miller vivía en Tryon, Nebraska. Pasou a súa infancia en Nebraska e Oklahoma ata que a familia se instalou definitivamente en Colorado, onde aos doce anos abandonou a corneta para comezar a estudar a técnica do trombón e a tocalo na banda do seu colexio. Sendo estudante universitario, Miller realizou audicións e tocaba sempre que se lle presentaba a oportunidade. Ao descoidar os seus estudos e suspender en tres dos seus seis cursos decidiu abandonar a universidade, dedicándose por completo á música.[1] Converteuse en trombón profesional e uniuse á banda do célebre batería Ben Pollack, nunha xira por California. Nesa banda o clarinete era o que sería "rei do swing" Benny Goodman.

En 1927 a orquestra chegou a Nova York e Miller decidiu deixala para tocar pola súa conta en clubs, programas de radio e espectáculos musicais, ata o ano 1932. En 1935, Ray Noble, director de orquestra británico, encargoulle organizar unha banda de swing e durante dous anos alternou a dirección da orquestra coas actuacións en pequenos locais. En 1938, tras varios intentos frustrados decidiu formar a súa propia "Big Band", sendo o seu primeiro grande éxito foi "Moonlight Serenade". Esta canción é unha das máis reproducidas de toda a historia dos Estados Unidos e está considerada como a máis representativa de Miller e como unha das máis importantes da historia musical dese país. Un contrato no casino de Glen Island en New Rochelle, en Nova York, abriulle as portas a unha carreira triunfal que se mantivo ata o final da súa vida. Ao mesmo tempo que a orquestra triunfaba nas salas de baile, a banda adquiriu unha enorme popularidade nos Estados Unidos debido á emisión das súas actuacións nun programa de radio que era transmitido de costa a costa no país, e que estaba patrocinado pola marca de cigarros "Chesterfield".

Éxito editar

En 1937 Miller formou unha segunda banda, que conseguiu rapidamente o éxito de público, que enchía os seus concertos, e que deu lugar a unha serie de gravacións para as multinacionais discográficas RCA Victor e His Master's Voice. Dende xuño de 1938 Miller ocupou os primeiros postos de varias listaxes de música popular, e mantívose así máis dun ano. A principios de 1940 a canción "In the Mood" estivo no número un quince semanas consecutivas, e seguiuna "Tuxedo Junction", que mantivo a Miller no número un ata o verán. O 11 de febreiro de 1941, Miller obtivo o primeiro disco de ouro por "Chattanooga Choo Choo".

En 1942, durante a segunda guerra mundial, alistouse nas Forzas Aéreas, onde recibiu o rango de capitán e onde se encargou de tocar para as tropas estadounidenses desprazadas a Europa.

Falecemento editar

Trala liberación de París a Miller encargóuselle realizar unha xira de seis semanas alí e noutras cidades europeas en poder dos aliados. Miller, que acababa de ser ascendido a maior, pasou a noite discutindo cun amigo os seus plans de formar unha banda na posguerra e logo retirarse a un terreo que comprara en California.[2]

O día seguinte, 15 de decembro de 1944, partiu nun avión monomotor dende o aeródromo de Twinwood, a 50 millas ao norte de Londres, en dirección a París. O piloto da nave tamén se dirixía á cidade, na que estaba a punto de ser sometido a unha corte marcial por acusacións de traficar no mercado negro. Os informes indican que había un terceiro pasaxeiro no voo.[3]

O avión desapareceu, mais como nunca se atoparon os cadáveres de Miller nin dos seus acompañantes, creáronse lendas que o supuñan vivo. En 1985 o investigador Clive Ward descubriu un Noorduyn Norseman, similar ao avión en que viaxou Miller preto da costa norte de Francia mais non puido verificarse a existencia de restos humanos no seu interior.

A pesar da desaparición do músico, a banda continuou as súas actividades baixo a dirección de Jerry Gray ata o 13 de novembro de 1945, cando fixo a súa última presentación ante o presidente Harry Truman, en Washington. O maior Glenn Miller foi o único membro da banda que non sobreviviu á guerra.

Discografía editar

En 1991 a discográfica RCA puxo á venda unha colección de 13 CD con todos os temas gravados para esa firma. A compilación contaba cun total de 286 títulos.

Cinema editar

En 1953 Anthony Mann rodou o filme biográfico "The Glenn Miller Story", en que James Stewart interpretaba a Glenn Miller.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar