A glándula pineal ou epífise está situada no teito do mesencéfalo, entre os tubérculos bixéminos craniais, na denominada fosa pineal. Ten o tamaño aproximado dun chícharo e pesa uns 130 mg. Esta glándula actívase e produce melatonina cando non hai luz.

Glándula pineal
Sistema endócrino
Glándulas pituitaria e pineal no cerebro humano
Gray's pág.1277
Arteria Arteria cerebelar superior
Precursor Ectoderma neural, Teito do diencéfalo
MeSH Pineal+gland
Para o extremo dos ósos longos ver epífise.

A melatonina é producida polos pinealocitos a partir da serotonina. A epífise está relacionada coa regulación dos ciclos de vixilia e sono. Comprobouse que esta hormona serve para contrarrestar os efectos da síndrome de diferenza de zonas horarias. É tamén un poderoso antioxidante e tense comprobado que participa na apoptose de células cancerosas no timo, pero tamén está comprobado que altas doses desta hormona teñen un efecto canceríxeno. É tamén un feito que controla o comezo da puberdade e que podería influír nos ritmos circadianos. A produción desta hormona diminúe coa idade.