Giorgio Demetrio Gallaro, nado o 16 de xaneiro de 1948 en Pozzallo (Italia), é un eclesiástico greco-católico italiano, bispo de Piana degli Albanesi dende o 31 de marzo de 2015.

Infotaula de personaGiorgio Gallaro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Pozzallo, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Administrador apostólico
25 de febreiro de 2020 –
Arcebispo titular
25 de febreiro de 2020 –
Diocese: Trecalae (en) Traducir
Eparch of Piana degli Albanesi (en) Traducir
31 de marzo de 2015 – 25 de febreiro de 2020
← Sotìr Ferrara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPiana degli Albanesi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo arbëreshë Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica, Igreja Católica Ítalo-Albanesa (pt) Traducir, Igrexa católica greco-melquita e Igrexa católica latina Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade de San Tomé de Aquino
Pontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2015–), sacerdote católico (1972–), diácono (1971–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónDonato Oliverio Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Pozzallo (Sicilia) o 16 de xaneiro de 1948.[1] Rematou os estudos de Filosofía no seminario diocesano de Noto en 1968, e os de Teoloxía no seminario de San Xoán en Camarillo (California).[1] Foi ordenado diácono en 1971, e o 27 de maio de 1972 foi ordenado sacerdote da arquidiocese dos Ánxeles, onde serviu como vigairo parroquial e catequista.[1]

En 1980 licenciouse en Teoloxía litúrxica polo Pontificio Instituto Litúrxico, e en 1981 doutorouse en Dereito canónico oriental polo Pontificio Instituto Oriental.[1]

En setembro de 1987 incardinouse na eparquía greco-melquita de Newton, logo de exercer o seu ministerio na mesma dende 1982, traballando no tribunal matrimonial, como profesor do seminario, como secretario do arcebispo e como vigairo xudicial.[1] Entre 1983 e 1990 foi tamén sacerdote visitante na comunidade grecocatólica ucraína de Manchester.[1]

En 1994 licenciouse en Teoloxía ecuménica pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e posteriormente foi profesor no Seminario Católico Bizantino dos Santos Cirilo e Metodio en Pittsburgh. Compaxinou isto co seu ministerio na arquieparquía de Pittsburgh como vigairo xudicial. Foi tamén consultor da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]

O 31 de marzo de 2015 o papa Francisco nomeouno bispo de Piana degli Albanesi.[1] Recibiu a consagración episcopal o 28 de xuño na Divina Liturxia celebrada na catedral de San Demetrio Megalomártir, de mans do bispo de Lungro Donato Oliverio, e tendo como co-consagradores ao bispo de Newton Nicholas Samra e ao exarca de Grecia Dimitrios Salachas.[1]

Obra editar

Giorgio Gallaro ten escrito varios libros e numerosos artigos relacionados coas igrexas católicas orientais. Foi tamén autor de moitos artigos en SOPHIA, a publicación da eparquía de Newton, baixo diferentes pseudónimos.[1] Ademais de inglés e italiano, fala francés, castelán, latín e grego, e ten coñecementos de albanés, portugués e árabe.[1]

Artigos editar

  • Gallaro, George; Salachas, Dimitri (2010). "The Ritus Sacer and the Sacrament of Marriage in the Byzantine Churches". The Jurist: Studies in Church Law and Ministry (en inglés) (Catholic University of America) (70). ISSN 0022-6858. 
  • Giorgio D., Gallaro (2010). "Revisiting the saintly founder of Grottaferrata: Nilus the Calabrian". Nicolaus. Rivista di teologia ecumenico-patristica 37 (2): 293–300. 
  • Giorgio D., Gallaro (2011). "A Calabrian in the footsteps of the Desert Fathers: Saint Francis of Paola". Nicolaus. Rivista di teologia ecumenico-patristica 38: 219–223. 
  • Gallaro, George Dmitry; Vasiľ, Cyril (2013). "Remarriage in the Orthodox Church Challenges Catholic Church". Studia Canonica (en inglés) 47 (1): 119–143. ISSN 0039-310X. doi:10.2143/STC.47.1.2990738. 
  • Gallaro, George Dmitry (2014). "Christian oikonomìa Revisited". Studia Canonica (en inglés) 48 (1): 151–169. ISSN 0039-310X. doi:10.2143/STC.48.1.3047115. 
  • Gallaro, George; Lorusso, Lorenzo (2016). "Divorced and Remarried in the Eastern Orthodox Churches". Studia Canonica (en inglés) 50 (2): 485–502. ISSN 0039-310X. doi:10.2143/STC.50.2.3183450. 

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Fr George Gallaro Becomes Bishop of Piana degli Albanesi in Sicily" (PDF). Sophia, The Journal of the Eparchy of Newton (en inglés) (Eparchy of Newton). Vol. 45 (3): 12. 2015. ISSN 0194-7958. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2017. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Sotìr Ferrara
 Bispo de Piana degli Albanese 
2015 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)