Gilberto Yearwood

futbolista hondureño

Gilberto Jerónimo Yearwood, nado o 15 de marzo de 1956 en San Pedro Sula, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol hondureño. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección hondureña.

Gilberto Yearwood
Información persoal
Nome Gilberto Gerónimo Yearwood
Nacemento 15 de marzo de 1956
Lugar de nacemento La Lima
Altura 1,73 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Deportivo Xinabajul (adestrador)
Carreira xuvenil
1976 Los Alacranes
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1975–1977 Real España
1977–1980 Elche 107 (4)
1980–1983 Valladolid 64 (7)
1983–1984 Tenerife 31 (7)
1984–1985 Celta de Vigo 30 (5)
1985–1986 Elche 29 (0)
1986–1987 Olimpia
1988–1989 Motagua
1991–1992 Olimpia
Selección nacional
1977 Honduras sub-20 3 (1)
1977–1993 Honduras 24 (0)
Adestrador
1996–1997 Real Maya
1997–1998 Olimpia
1998–1999 Real España
1999–2000 Broncos
2000–2001 Motagua
2001–2002 Honduras
2003–2005 Guatemala (asistente)
2005–2006 Marathón
2006–2007 Atlético Olanchano
2007–2008 Real España
2008–2008 Honduras sub-23
2008– Deportivo Xinabajul
Na rede
FIFA: 60142 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando no equipo Alacranes do seu barrio natal, despois foi bolseiro polo Colexio La Salle da mesma cidade de San Pedro Sua. De onde pasaría ao Real Club Deportivo España, converténdose nun dos xogadores máis novos en debutar na Liga Nacional.

No ano 1974 o Real Club Deportivo España logra o seu primeiro título de Liga Nacional, formando Gilberto parte dese equipo con só 17 anos de idade, este sería o primeiro dos tres títulos que gañaría co equipo.

Dous anos máis tarde foi convocado por Rodolfo 'Popo' Godoy para a selección xuvenil de Honduras que participou na face previa do Mundial disputada en Porto Rico. Nese torneo clasificatorio a Honduras de Gilberto consegue a súa primeira clasificación para unha competición mundial, o Mundial de Tunez 1977. A selección suramericana fixo moi bo papel rematando a fase de grupos en segunda posición.

Esta destacada participación internacional levouno a fichar polo Elche CF da Liga española. Tras un moi bo ano fichou polo Real Valladolid recibindo ofertas de Real Zaragoza ou Real Madrid.

Tras Valladolid pasou polo Tenerife para rematar a súa experiencia na península no Celta de Vigo, no cal disputaría, no único ano que estivo en Vigo, tódolos encontros de Liga marcando 5 goles e acadando o ascenso a Primeira División.

En 1987 regresou a Honduras para xogar no Real Club Deportivo España primeiro e no Club Deportivo Motagua por petición expresa do adestrador do club, Carlos Jurado.

No ano 1990 recibiu importantes ofertas de clubs do continente como El Herediano de Costa Rica ou o Águila do Salvador, pero decidiuse polo Club Deportivo Olimpia de Tegucigalpa. Xogou catro anos na capital hondureña, gañando o campionato no ano 1992.

Coa selección nacional do seu país a participación máis importante foi a do Mundial de Fútbol España 1982

Unha vez retirado do fútbol en activo desenvolveu unha longa carreira como adestrador en Honduras, dirixindo a equipo como o Real Club Deportivo España, Real Club Deportivo Olimpia ou Club Deportivo Motagua.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar