Geza Vermes, nado en Mako (Hungría) o 22 de xuño de 1924 e finado en Oxford o 8 de maio de 2013, foi un dos primeiros estudosos dos Manuscritos do Mar Morto e un especialista de primeiro nivel a escala mundial en materia de xudaísmo histórico e na figura do Xesús de Nazaret histórico.

Infotaula de personaGeza Vermes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1924 Editar o valor em Wikidata
Makó (Reino de Hungría) Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Hungría
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Lovaina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, xudaísmo, Cristianismo primitivo (pt) Traducir e historia das relixións Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , profesor universitario , sacerdote católico , historiador , Judaic scholar (en) Traducir , tradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNewcastle University (en) Traducir
Universidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua húngara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargaret Unarska (en) Traducir
[Noreen] Pamela Hobson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

A súa nai e o seu pai, xornalista, morreron no holocausto. Graduouse en Historia Oriental e Filoloxía pola Universidade Católica de Lovaina e obtivo o doutoramento en Teoloxía. Foi colaborador do Centro Nacional de Investigacións científicas en París e profesor de estudos bíblicos na Universidade de Newcastle. En 1965 foi designado profesor de estudos xudeus na Universidade de Oxford.

A súa familia, aínda que de orixe xudía, profesaba o catolicismo, relixión que el abandonou para recuperar plenamente a súa condición de xudeu.

É membro da Academia Británica e da Academia Europea das Artes, das Ciencias e das Humanidades. Ostenta doutoramentos honoris causa polas Universidades de Edimburgo, Durham e Sheffield e a Universidade Europea Central de Budapest.

Como froito das súas prolongadas investigacións, refutou as posicións que puñan en dúbida a historicidade de Xesús de Nazaret, así como aquelas posicións que entendían que Xesús se afastou da relixión xudía. Pretendeu achegarse desde criterios puramente históricos ao suposto fundador do cristianismo para chegar á conclusión que este non pretendeu fundar unha relixión esgallada do xudaísmo.

Obras editar

  • Jesus the Jew: A Historian´s Reading of the Gospes. Minneapolis, 1973.
  • The Dead Sea Scrolls: Qumran in Perpective, Minneapolis, 1977
  • Jesus and the World of Judaism, Minneapolis 1983
  • The Religion of Jesus the Jew, Minneapolis, 1993