Gertrude Blanch

matemática estadounidense

Gittel Kaimowitz, nada en Kolno (Imperio Ruso, actualmente en Polonia) o 2 de febreiro de 1897 e finada en San Diego o 1 de xaneiro de 1996, foi unha matemática estadounidense coñecida como Gertrude Blanch, pioneira da análise numérica e a computación. Foi líder do Mathematical Tables Project de Nova York dende os seus comezos. Traballou posteriormente como directora axudante e líder de análise numérica na división de computación de UCLA e foi a xefa de investigación matemática para o Laboratorio de Investigación Aerospacial da base da forza aérea Wright-Patterson en Dayton, Ohio.

Infotaula de personaGertrude Blanch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Gittel Kaimowitz Editar o valor em Wikidata
2 de febreiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Kolno (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1921–) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell (1932–1935)
Universidade de Nova York (1927–1932)
Eastern District High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaProperties of the Veneroni Transformation in S_4 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1936 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseVirgil Snyder (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática , informática teórica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWright-Patterson Air Force Base (pt) Traducir (1954–1967)
ElectroData Corporation (en) Traducir (1952–1953)
National Institute of Standards and Technology (pt) Traducir (1948–1952)
Mathematical Tables Project (pt) Traducir (1938–1948)
Hunter College (en) Traducir (1936–1937) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Premios

WikiTree: Kaimowitz-2

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Blanch naceu en Kolno, filla de Wolfe Kaimowitz e Dora Blanc. Kolno era historicamente parte de Polonia, mais nese tempo pertencía ao Imperio Ruso. Blanch era a máis nova de sete fillos. Wolfe Kaimowitz emigrou aos Estados Unidos, e en 1907, Dora Blanc, Gertrude e outra filla máis uníronse a el en Nova York.[1][2]

Blanch asistiu a escolas públicas neoiorquinas. En 1914 graduouse do Eastern District High School de Brooklyn. Máis tarde ese ano, Kaimowitz faleceu, así que Blanch decidiu procurar un emprego para axudar a súa familia. Traballou durante catorce anos en postos de oficinas, aforrando cartos para a escola. Converteuse en cidadá estadounidense en 1921. Despois de que morrese a súa nai en 1927, Blanch comezou a tomar clases nocturnas no Washington Square College, parte da Universidade de Nova York. En 1932, Blanch recibiu o seu grao de Bachelor of Science en matemáticas cun minor en física pola Universidade de Nova York. Ese mesmo anos, cambiou o seu nome de Kaimowitz a Blanch, versión americanizada do nome da súa nai. Recibiu o seu Ph.D. pola Universidade Cornell en xeometría alxébrica en 1935.[1]

Carreira editar

Durante un ano, traballou como titora en lugar dun colega cunha licenza en Hunter College; entón, traballou como bibliotecaria.[1] En 1938, comezou a traballar no Mathematical Tables Project da WPA, para a que era "Directora de Matemáticas" e "Directora de Computation". Isto implicaba deseñar algoritmos que eran executados por grupos de computadoras humanas baixo a súa dirección. Moitas desas "computadoras" posuían só habilidades matemáticas rudimentarias, mais os algoritmos e os erros que comprobaban no proxecto estaban suficientemente ben deseñados para que a súa saída definise o estándar para a solución dunha función transcendental durante décadas. O proxecto despois pasou a formar parte do laboratorio de computación do National Bureau of Standards.

O Mathematical Tables Project converteuse nunha organización independente tralo remate da WPA a finais de 1942. Durante a segunda guerra mundial, opero como oficina de computación principal para o goberno dos Estados Unidos e fixo cálculos para a Oficina de Investigación e Desenvolvemento Científicos, o exército, a mariña o proxecto Manhattan e outras institucións. Blanch liderou o grupo durante a guerra.

Trala guerra, a carreira de Blanch foi obstruída polas sospeitas do FBI de que era unha comunista en segredo. As pistas sobre iso parecen escasas, e incluían, por exemplo, a observación de que nunca casara nin tivera filla, ademais do feito de que a súa irmá estaba afiliada ao Partido Comunista.[1] No que debeu ser un momento decisivo, a diminuta matemática de cincuenta anos pediu, e gañou, unha audiencia para limpar o seu nome.

Posteriormente, traballou para o Instituto de Análise Numérica de UCLA e o Laboratorio de Investigación Aerospacial da base da forza aérea Wright-Patterson en Dayton, Ohio. Foi unha dos primeiros membros da ACM.

Últimos anos editar

Blanch retirouse en 1967 aos 69 anos, mais continuou a traballar cun contrato como consultora para a forza aérea outro ano máis. Posteriormente mudouse a San Diego e continuou a traballar en solucións numéricas das funcións de Mathieu ata a súa morte en 1996, concentrándose no uso de fraccións continuas para acadar reslutados altamente precisos nun número pequeno de pasos computacionais. O traballo non foi publicado.

Os Gertrude Blanch Papers (1932–1996)[3] están dispoñibles no Charles Babbage Institute da Universidade de Minnesota, Minneapolis.

Publicacións editar

Blanch publicou máis de trinta artigos sobre aproximación funcional, análise numérica e funcións de Mathieu.

Honras e premios editar

  • Federal Woman's Award (1964)[3]
  • Membro da American Association for the Advancement of Science (1962)[3]
  • Incluída na galería de retratos da National Institution of Standards and Technology (2017)[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Blanch biography". www-history.mcs.st-and.ac.uk. Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  2. Green, Judy; LaDuke, Jeanne (xaneiro de 2009). Pioneering Women in American Mathematics: The Pre-1940 PhD's. American Mathematical Society. pp. 144–145. ISBN 978-0-8218-4376-5.  Biografía nas páx. 83–89 de Supplementary Material en AMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Gertrude Blanch" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  4. NIST

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grier, David Alan, "Gertrude Blanch of the Mathematical Tables Project", Annals of the History of Computing, 19.4 (1997), 18–27.
  • Grier, David Alan, "The Math Tables Project of the Work Projects Administration: the reluctant start of the computing era", Annals of the History of Computing, 20 (1998), 33–50.
  • Grier, David Alan, "When Computers Were Human", 2005.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar