Gerard Coll Planas

sociólogo español


Gerard Coll Planas, nado en Cardedeu, Barcelona, en 1980, é un sociólogo, investigador, escritor e profesor español, especializado en xénero, socioloxía da sexualidade e estudos LGBTI.

Infotaula de personaGerard Coll Planas
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Cardedeu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vic Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webgcollplanas.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 2182075

Traxectoria editar

Coll Planas é doutor en socioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, profesor da Universidade de Vic e director do Centro de Estudos Interdisciplinarios de Xénero.[1][2]

Foi coordinador de diversos proxectos, como o titulado Contra a homofobia, ferramentas para as administracións locais dependente da Comisión Europea que levou á publicación do libro branco europeo contra a homofobia.[3]

Obra editar

O traballo de Coll Planas explora diversas facetas da realidade LGBTI, desde o acoso escolar e a violencia estrutural sufrida polos seus membros, até aspectos relativos á construción social da identidade de xénero e sexual, así como a capacidade de axencia das persoas non-heterosexuais para definir a súa propia identidade.[4][5][6]

Desta maneira, apoiándose tanto na teoría cuir como en casos reais, reflexiona sobre que é o que define a transexualidade ou que diferenza existe entre un cambio de sexo e unha simple intervención de cirurxía estética.[7] Tamén delibera sobre si existe un continuo entre a orientación sexual e a identidade de xénero, si é posible delimitar a fronteira entre, por exemplo, os gais efeminados e as mulleres trans, e cal é o papel que xogan a sociedade, a política, a economía ou a vontade individual nestas cuestións.[8]

Por outra banda, a súa obra explora igualmente a relación que teñen co seu corpo as mulleres que foron diagnosticadas con cancro de mama.[9]

Libros editar

  • Dibujando el género (2013).[10]
  • La carne y la metáfora (2012).[7]
  • La voluntad y el deseo (2010).[8]
  • El género desordenado (2010).[11]

Notas editar

  1. Coll Planas, Gerard. Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya.
  2. Gerard Coll-Planas, nou director del Centre d’Estudis Interdisciplinaris de Gènere: “Hauríem de repensar la política en termes de gènere”. Centre d’Estudis Interdisciplinaris de Gènere. 17 de noviembre de 2014. (en catalán)
  3. Contra la homofobia. Políticas locales de igualdad por razón de orientación sexual y de identidad de género. Políticas locales de igualdad por razón de orientación sexual y de identidad de género. Libro Blanco Europeo Arquivado 27 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. 2011.
  4. Gerard Coll-Planas: “En la cultura gay en muchos casos se están reproduciendo claramente valores patriarcales”. idemTV. 4 de octubre de 2013.
  5. Entrevista a Gerard Coll-Planas. Instituto Vasco de la Mujer.
  6. Víctimas, cómplices y verdugos del 'bullying'. El Periódico. 12 de enero de 2017.
  7. 7,0 7,1 Coll-Planas. La carne y la metáfora. Una reflexión sobre el cuerpo en la teoría queer. Egales. ISBN 978-84-15574-90-3. 
  8. 8,0 8,1 Coll-Planas. La voluntad y el deseo. La construcción social del género y la sexualidad: el caso de lesbianas, gays y trans. Egales. ISBN 978-84-92813-18-6. 
  9. Cicatrices (in)visibles. Perspectivas feministas sobre el cáncer de mama. Bellaterra. ISBN 978-84-7290-849-9. 
  10. Coll-Planas. Dibujando el género. Egales. ISBN 978-84-15574-97-2. 
  11. Coll Planas; Missé. El género desordenado: Críticas en torno a la patologización de la transexualidad. Egales. ISBN 978-84-92813-20-9.