Georgie Dann

cantante francés

George Mayer Dahan, coñecido como Georgie Dann, nado en París (Francia) o 14 de xaneiro de 1940[1] e finado en Majadahonda (Comunidade de Madrid) o 3 de novembro de 2021[2], foi un cantante francés mais residente en España.

Infotaula de personaGeorgie Dann
Biografía
Nacemento(fr) Georges Mayer Dahan Editar o valor em Wikidata
14 de xaneiro de 1940 (84 anos)
París, Francia
Morte3 de novembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Majadahonda, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Complicacións dunha cirurxía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesGeorgie Dann Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Francesa
EducaciónConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCantante
Período de actividadedécada de 1960 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmy (1974-presente)
FillosPatricia, Paúl e ???

IMDB: nm1877687 Musicbrainz: ad9a97da-84fc-4fc0-9869-0b0762f8dbaf Songkick: 221289 Discogs: 517871 Allmusic: mn0001211820 Genius: Georgie-dann Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Georgie Dann naceu no seo dunha familia de músicos e artistas, tendo formación musical na súa infancia. Estudou 9 anos no conservatorio de París[1], converténdose nun experto clarinetista, ademais de tocar o saxofón e o acordeón. Tamén se sacou o título de mestre de escola.[3]

Desenvolveu a súa traxectoria artística inicialmente en Francia, onde formou parte de grupos de pop. Chegou en 1965 a España[1] para representar ao seu país no Festival do Mediterráneo coa canción 'Tout ce que a tu sais'. Estableceuse en España, especializándose na canción do verán, sendo o seu primeiro grande éxito "El casastchok".[3] Fíxose moi popular, cultivando un grande éxito nas décadas de 1970 e 1980[1] con cancións de retrousos pegadizos e bailables e con letras ás veces picantes como "El Bimbó", "Macumba", "Carnaval, Carnaval", "El Africano", "El Chiringuito", "La Barbacoa", "El Koumbo", "La paloma Blanca", "Cuando suena el Acordeón", "Cóctel Tropical", "El Dinosaurio", "El Negro no Puede", "Mi Cafetal", "La Cerveza" etc.[1]

Os primeiros videoclips musicais que se emitiron en RTVE corresponderon a temas de Georgie Dann.[4]

Residente en Madrid, en 1974 contraeu matrimonio coa española Emy, con quen tivo tres fillos, nados en Madrid. Inicialmente, a súa esposa bailaba nos seus espectáculos.[4] Dous dos seus fillos, Patricia e Paúl, forman o dúo Calle París. Foi socio da SGAE dende 2016. Finou no Hospital Puerta de Hierro, en Majadahonda (Madrid) o 3 de novembro de 2021, mentres se sometía a unha operación da coxa.[5]

Discografía editar

  • La contraprotesta (1967)
  • Casatschok (1969)
  • El dinosaurio (1972)
  • El bimbó (1975)
  • Campesino (1976)
  • Mi cafetal (1977)
  • A todo ritmo (1983)
  • Arrasando (1984)
  • El africano (1985)
  • Macumba (1986)
  • El negro no puede... (1987)
  • El chiringuito (1988)
  • Enrollate (1990)
  • El veraneo (1993)
  • Cachete, pechito y ombligo (1996)
  • La duchita (1998)
  • Vamos a la pista (2003)
  • Dale, dale (2004)
  • El rey del verano (2007)
  • Los huevos (2010)
  • La batidora (2012)
  • La Cerveza (2013)

Cancións do verán de Georgie Dann editar

Outras cancións de Georgie dann editar

  • 1985 Tahiti
  • 1985 Es Karneval
  • 1985 Llevame Ala costa del Sol
  • ??? La Orca
  • ??? Simangue
  • 1985 Levanta la Moral

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Oró, Àlex (2001). La Legión Extranjera: Foráneos en la España Musical de Los Sesenta (en castelán). Editorial Milenio. p. 147. ISBN 849743014X. 
  2. Sport (2021-11-03). "Muere el cantante Georgie Dann a los 81 años". sport (en castelán). Consultado o 2021-11-03. 
  3. 3,0 3,1 Roberto Miranda Zaragoza (26 de xuño de 2005). "Georgie Dann COMPOSITOR Y CANTANTE : "Era maestro y empecé a componer para los niños"". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Biografía". Sitio web oficial. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  5. EPE (2021-11-03). "Muere Georgie Dann a los 81 años". elperiodicodeespana (en castelán). Consultado o 2021-11-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar